Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2016

1º de maio de 2016 en Ferrol

Como tódolos anos, a Asociación Cultural Fuco Buxán convídavos a participar nas distintas manifestacións e actos que terán lugar para conmemorar esta data. En Ferrol, temos constancia das seguintes: 12:00h Manifestación conovada pola  CIG  baixo o lema  "Reformas laborais e lei Mordaza, anulación xa!" , con saída dende a súa sede en Esteiro (Rúa Eduardo Pondal, 41/43 entrechán) Manifestación convocada por CCOO-UGT baixo o lema  "Contra a pobreza laboral e social, traballo e con dereitos" , con saída dende a Praza do Inferniño 18:00h Manifestación convocada pola CNT baixo o lema "Orgullo e dignidade obreira" , con saída dende o monumento do 10 de Marzo

Declaración final do IV Encontro de Feministas Autónomas da Galiza

Difundimos este comunicado que nos achegan dende o movemento de feministas autónomas da Galiza: No pasado 20 de Febreiro de 2016 tiveron lugar o IV Encontro de Feministas Autónomas en Vigo co tema "Contra as violências machistas, iniciativas feministas" . Este é o cuarto dunha serie de encontros que se levan a celebrar nos últimos anos e que pretenden ser espazos de coñecemento, reflexión, construcción de estratexias e alternativas políticas feministas para vivir mellor no día a día tanto no ámbito privado como no público. Nesta convocatoria realizou-se unha dinámica de participación social chamada "Café Diálogo" no que as 50 persoas, maioritariamente mulleres, que participamos nela concluímos o seguinte: A maior violencia machista que sofremos na actualidade é a negación sistemática (por parte do Estado, medios de comunicación, movementos sociais e sociedade en xeral) da existencia dunha estrutura patriarcal que asigna roles de xénero imutables e represor...

Rolda de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia sobre a nova sentenza do Tribunal Supremo

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca aos Medios de Comunicación a unha ROLDA DE PRENSA Lúns, 2 de maio , ás 11,30 hs ., no Concello de Ferrol. Coa participación da asesora xurídica do CCE, dona Patricia Gabeiras,  na que se fará un análise da Sentenza 889/2016 do Tribunal Supremo   que anula a Autorización de Construcción da Planta de Gas de Reganosa,  e se presentarán as próximas iniciativas a tomar polo Comité. Para máis información: www.comitecidadan.org Tamén en Twitter: @ComitCEmerxenc Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol: comitecidadan@gmail.com Para axudas económicas: C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros Desde España: 00493315772894017995 Desde o Extranxeiro: ES 71 00493315772894017995

Conferencia de Xosé Manuel Beiras: “Un Réxime en Crise Terminal”

A A. C. Fuco Buxán convida a toda a cidadanía á vindeira Conferencia de Xosé Manuel Beiras Torrado (Santiago de Compostela) político, escritor, catedrático de estrutura económica na universidade de santiago de compostela . Conferencia “Un Réxime en Crise Terminal” o xoves 28 de abril ás 20:00 horas no centro cultural Carvalho Calero, Ferrol , dentro do Ciclo [Democracia e Compromiso]. Asi mesmo, queremos informar dos vindeiros actos dentro do Ciclo [Democracia e Compromiso] : Antón Losada Trabada , (Xove), xornalista, escritor e político galego, profesor de ciencia política na USC, analista da cadena ser, articulista na prensa escrita e comentarista na tv. Presentación do seu libro “Los ricos vamos ganando” e posterior Conferencia para o xoves 05 de maio ás 19:30 horas no Ateneo Ferrolán . Carlos Manuel Callón Torres (Riveira) escritor e político, licenciado en filoloxías galega e portuguesa pola USC, exerce como profesor de lingua e literatura galega e lingua portu...

Outra Sentenza do Supremo contra REGANOSA

Unha vez máis o Tribunal Supremo ven a dar a razón ao Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, na súa defensa da legalidade, da Ría e da Vida. Outra nova Sentenza, a 889/2016 do 25 ppdo. declara a NULIDADE da Autorización de Instalación da Planta de Gas de REGANOSA en Mugardos. TEXTO COMPLETO DA SENTENCIA En breve o CCE fara público o seu analise desta resolución. Hai 15 anos, agora e sempre: PLANTA DE GAS, PECHE XÁ !

Manifestación anticapitalista 1º Maio en Santiago

Chéganos un aviso dunha autoconvocatoria de manifestación anticapitalista para este domingo 1 de maio en Santiago de Compostela. A continuación, o manifesto desta autoconvocatoria: 1º DE MAIO MANIFESTACIÓN ANTICAPITALISTA 19:00 horas PORTA DO CAMIÑO “ CONTRA A EUROPA CRIMINAL DO RACISMO E A DESIGUALDADE” Este 1º de Maio é o intre da xenerosidade. U nha manifestación unitaria, anticapitalista e sen siglas na convocatoria, coa firme convicción de que é tempo da unidade de todas as loitas para defender as nosas vidas. Sen protagonismos. Unha mobilización na que as únicas protagonistas sexa a unión de todas as voces nunha gran manifestación contra a batería de agresións que estamos a recibir por parte da Unión Europea, esa organización criminal, do racismo e da desigualdade, que comandan a troika e o Capital. Vivimos unha situación de urxencia, nun estado de alerta que nos require e nos convoca. Ou eles ou nós, non queda outra saída . Por iso este 1º de ...

Mesa redonda - Mulleres hoxe: novas e vellas cuestións

Compartimos con vos o anuncio que nos envía a Asociación Socio-Cultural Muíño do Vento sobre unha mesa redonda que organiza este venres 29 de abril baixo o título  "Mulleres hoxe: novas e vellas cuestións" , e que terá lugar ás 20:00h no local da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol, situado en Canido.

Convidamos a adherirvos á denuncia colectiva do acordo UE-Turquía ante as administracións europeas

Dende a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas , plataforma á que estamos adscritos, infórmannos que CEAR están a promover unha denuncia colectiva do acordo entre a UE e Turquía ante a Comisión Europea, o Comisario Europeo de DDHH do Consello de Europa e o Defensor do Pobo Europeo. O texto da denuncia está baseada na vulneración dos dereitos das persoas refuxiadas e a normativa europea e internacional. O proceso de adhesións para os colectivos e organizacións que queiran sumarse estará aberto ata este xoves, 28 de abril (incluído) a través deste formulario on line: https://docs.google.com/forms/d/1zpzNHOW3tIm_rbzVJzpWIisMqY-rh7qf_kZdYeWu92I/edit?usp=drive_web#responses A adhesión a título individual pode facerse neste outro enlace: https://www.change.org/p/comisi%C3%B3n-europea-detener-las-expulsiones-de-refugiados-a-turqu%C3%ADa

[Alerta] Voo de deportación a Colombia e República Dominicana - 27/04/2016

Dende a Campaña Estatal por el Cierre de los CIE , a xente de Stop Deportación puideron confirmar que o próximo mércores 27 de abril sairá un voo de deportación con destino a Colombia e República Dominicana , ainda que as redadas se farán a todo o longo e ancho do Estado. Lanzan esta alerta* sabedoras de que nos próximos días se producirán redadas policiais para capturar persoas desta nacionalidade, que soen ser identificadas nos días previos en función do número de prazas que queden por encher nestes vergoñentos avións de Air Europa. A compañía cobra máis de 12 millóns de euros ao ano por este suxo negocio  ( + información ) Esta alerta non ten por obxectivo atemorizar á poboación, senón todo o contrario, aportar información a tódalas veciñas e veciños  para que poidan actuar e organizarse colectivamente, por exemplo, denunciando intensamente as redadas policiais das que sexan testemuña (pois soen producirse en espazos públicos e nos medios de transporte), intens...

2016 - Ano Quessada: rolda de prensa coa Fundación Quesada en Ourense

O pasado día 16 de abril, unha delegación da nosa asociación viaxou a Ourense, acompañados do edil de Cultura de Ferrol -Suso Basterrechea-, para comparecer nunha rolda de prensa xunto coa Fundación Xaime Quessada coa fin de anunciar que Ferrol adicará o ano 2016 a homenaxear a este artista. As seguintes ligazóns de prensa dan testemuño deste acto: La Voz de Galicia -  Ferrol organiza un año de actos de homenaje a Jaime Quessada Tempo de Lecer Ourense -  Ferrol dedica o ano 2016 a Xaime Quessada Faro de Vigo -  Ferrol dedica el 2016 a Quessada, mientras Ourense deja caer el proyecto del Museo

Convocatoria: 5 minutos de silencio en repulsa polo asasinato da nosa veciña Marta

AVV Caranza, Agavida, Max Teatro, Galicia De Caranza, Asfedro, Almat, Colegio Sta Juana De Lestonnac, IES Carballo Calero, Colegio La Salle, CIPF Rodolfo Ucha, Fuco Buxan, AC Bohemios, Club Ferrolvento, Conservatorio Xan Viaño, Club Nautico Barrio De Caranza, Colexio Manuel Masdias, AC A Revolta, Club Ciclista Ferrol, Centro De Formacion Ocupacional, Club Alterofilia, Adega, AC Armonia, PP, BNG, Ciudadanos, Ferrol En Comun, PSOE, Asociación Operadores Del Mercado De Caranza, Club Natacion Ferrol ,ACR Ferrandiz CONVOCAN O martes día  26 DE ABRIL , ás  12 H : A tódolos veciños e veciñas a unha concentración na  ALAMEDA DE TEJERAS  para gardar cinco minutos de silencio en repulsa polo asasinato da nosa veciña Marta cometido este luns en Tejeras. Rogamos a todos los vecinos que se sumen a la iniciativa de condena concentrándose con los representantes de entidades, centros educativos y corporación municipal para pedir justicia ante un hecho tan cruel, en apoyo a ...

Nova Concentración ante entrada Nº 209 de Gaseiro na Ría

Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL nº 209 o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca: CONCENTRACIÓN Lúns, 25 de abril 2016,  ás 20 hs (oito da tarde) diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza amada García – Ferrol) PLANTA DE GAS: PECHE XÁ! Para máis información: www.comitecidadan.org  Tamén en Twitter: @ComitCEmerxenc   Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol: comitecidadan@gmail.com   Para axudas económicas:  C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros  Desde España: 00493315772894017995  Desde o Extranxeiro: ES 71 00493315772894017995

Luns 25 de abril, nova asemblea das Marchas da Dignidade Ferrolterra

Este luns, 25 de abril, ás 19:15h, no Ateneo Ferrolán, terá lugar unha nova asemblea das Marchas da Dignidade Ferrolterra. Nesta ocasión, debatirase sobre as propostas para reivindicar o 1º de Maio, a organización para participar na manifestación que organizan as Marchas da Dignidade a nivel galego o vindeiro 28 de maio en Lugo, a posibilidade de sumarse ás mobilizacións convocadas a nivel europeo para o 14 e 15 de maio, e darase información sobre o resultado dos grupos de traballo sobre o naval, e o plan de choque contra o paro, polo emprego e renda básica. Se queres máis información, poderás atopala na seguinte ligazón do seu blog:  http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/2016/04/participa-na-asemblea-das-marchas-da_24.html

25/04/2016 - Proxección do documentario "As armas e o povo" no Ateneo Ferrolán

Coincidindo con un novo aniversario da Revolução dos Cravos, o Ateneo Ferrolán proxectará o filme en versión orixinal "As armas e o povo"  o vindeiro luns 25 de abril, ás 19:00h, no seu Salón de Actos. Podedes atopar máis información sobre este evento na seguinte ligazón:  http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/2016/04/proxeccion-documentario-as-armas-e-o.html

"Mulleres que escriben, mulleres de cine" na Casa do Patín

A Biblioteca Casa do Patín convídanos aos "3º Encontros na Terceira Planta – Patín de Cine e Lectura" que nesta ocasión levan por título: "Mulleres que escriben, mulleres de cine" . Fixeron unha selección de películas máis ou menos biográficas relacionadas con estas mulleres escritoras que no seu tempo foron rompedoras co tempo que lles tocou vivir. O Martes 26, ás 18:00 h , falarán da vida e obras das seguintes autoras e das películas inspiradas nas súas vidas: Jane Austen (película "La joven Jane Austen") Virginia Woolf (película "Las horas") Concepción Arenal (película "La visitadora de cárceles) O Mércores 27, ás 18:00 h , será o turno de : Beatrix Potter (película "Miss Potter") Karen Blixen ou Isak Dinesen (película "Memorias de África") Clara Campoamor (película "Clara Campoamor, la mujer olvidada") A actividade terá lugar na sala de estudo da terceira planta da Casa do Patín. A asiste...

Actividades da Sociedade Galega de Historia Natural en Ferrol

Mediante esta publicación, aproveitamos para difundir información sobre próximas actividades que desenvolverá a SGHN en Ferrol: Desde a Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol e por medio do Convenio "A biblioteca sae ao medio" asinado entre o Concello de Ferrol e esta entidade, informamos da seguinte actividade a realizar na vindeira Feira do Libro de Ferrol 2016 dentro da programación da "Festa da Lectura, do Libro e da Palabra" , que se levará a cabo no Cantón de Molíns entre os días 20 e 24 deste mes de abril. Xa que a esta actividade está subvencionada polo Concello de Ferrol, será de balde para tódalas persoas que desexen participar . Non é necesaria inscrición previa. Os roteiros partirán do Cantón ás 11:30h e 12:30h da mañá do sábado día 23, tal como aparece sinalado no cartel adxunto editado polo Concello de Ferrol. Desde a SGHN cren que é unha boa oportunidade tanto para a comunidade educativa, como para o público en xeral, de coñecer ...

Exposición "Naufraxio" de Neira Brochs no Ateneo Ferrolán

"Na madrugada do 2 o 3 de Novembro de 1810, as penas e rochas da enseada da praia de Covas, en Viveiro, foron testemuñas dunha das traxedias humanas máis abraiantes que poden atoparse na contorna marítima da península Ibérica. A dimensión da mesma parece quedar agochada na amnesia popular, sen saber moi ben o motivo, como non fose o tremendo “shock” producido por ter diante dos ollos máis cadáveres que seres vivos polos areais de Covas e Sacido, según citan as fontes." Con estas liñas comeza a descrición da exposición "Naufraxio" que ofrece o Ateneo Ferrolán dende o vindeiro xoves 21 de abril, ata o 28 de maio deste mesmo ano, do pintor viveirense Neira Brochs, un bo amigo da nosa asociación. Se queres coñecer máis información sobre esta exposición, podes facelo visitando a seguinte ligazón: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2016/04/exposicion-naufraxio-de-neira-brochs-do.html

Vídeos das IV Xornadas de AGAMME sobre o maltrato á infancia e á adolescencia

Para todas aquelas persoas que non puideron asistir ás IV Xornadas de AGAMME sobre o maltrato á infancia e á adolescencia , que tiveron lugar o pasado venres 15 de abril no Ateneo Ferrolán , esta asociación acaba de publicar na súa web os vídeos das intervencións dos conferenciantes na seguinte ligazón: http://www.agamme.org/?p=1121

23/04/2016 - Manifestación: Non ás guerras - Rachemos coas fronteiras

Co citado título, o vindeiro sábado 23 de abril, a recentemente constituída Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas convoca unha mobilización en Santiago de Compostela, que sairá ás 13:00h da Praza Roxa. Este mércores 20 de abril, ás 10:30h tivo lugar unha rolda de prensa na que se presentou o manifesto que serve de base a esta mobilización, e entre cuxos asinantes está a Asociación Cultural Fuco Buxán, tamén adherida a esta Rede. Nela compareceron o coordinador do Foro Galego de Inmigración e a Coordinadora Galega de ONGDs, Miguel Fernández; o secretario de Comunicación de Médicos del Mundo en Galicia, Brais Barcia; e a responsable de Comunicación de Ecos do Sur, Natalia Monje. Na mesma fíxose lectura do manifesto e das demandas dos distintos colectivos para que se respeten os acordos internacionais en materia de dereitos humáns, e o fin das guerras como única vía para poñer fin á crise migratoria do Mediterraneo. As seguintes noticias dan conta pormenorizada dela: Rede...

Vindeira programación da Fundaçom Artábria

O venres, 22 de abril , haberá contacontos para nenos da man de Helga Méndez e a súa "Palabra de sombreiro". A entrada é de balde e o inicio está marcado para as 19.00horas. O día 23 de abril , chega a xa tradicional cea comemorativa do "25 de abril" organizada un ano máis Fundaçom Artábria xunto a Asociación Cultural O Beco da Lingua. A ementa constará de entradas varias, arroz caldoso, viño minhoto e sobremesa. Terá un custo de 15 euros, 12 euros para sóci@s da Fundaçom Artábria e do Beco da Lingua. Tras a cea, aproximadamente ás 23.30h, e con entrada libre, Eugenia Sanmartim e Sergio Galego levarán músicas do Brasil e outras terras para fechar esta xornada lusófona . 29 de abril , venres, decorrerá a apresentación da nova edición galega da obra de V.I. Lenine "O Imperialismo, fase superior do capitalismo" publicada polo Diario Liberdade coincidindo co 1º Centenario da súa elaboración. A presentación será a cargo do historiador Carlos Velasco e d...

Actos sobre a figura de Ricardo Carvalho Calero

A plataforma Letras Galegas 2017 Para O Profesor Carvalho Calero (1910-1990)   promove esta semana dous actos en Ferrol: 19 Abril, martes 19:30h: "Ricardo Carvalho Calero, o noso pai" . Victoria Carballo-Calero Ramos. Galeria Sargadelos, Ferrol. 22 abril, venres 19:30h: Documental "Carvalho Calero, Vieiros de esperanza" . Co seu director Antón Rodríguez. Centro cultural Torrente Ballester, Ferrol. Estes forman parte dunha serie de seis actos enmarcados na actividade desta plataforma que pretende que por fin se lle adique o Día das Letras Galegas a este ilustre Ferrolán. Os restantes, podédelos consultar no seguinte cartaz: Podedes atopar máis información ao respecto nas seguintes ligazóns de prensa: Ferrol360 - http://www.ferrol360.es/seis-citas-para-achegarnos-a-figura-de-carvalho-calero-desde-todos-os-prismas/ Diario de Ferrol -  http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/comision-na-defensa-carvalho-calero-2017-divulga-figura-do-au...

Conferencia da A.C. Muíño de Vento sobre a Revolução dos Cravos

A Asociación Cultural Muíño do Vento informa que o venres día 23 de abril teñen dúas actividades: Por un lado, Manuel López vai impartir unha conferencia sobre a Revolução dos Cravos titulada "Caraveis vermellos. Unha viaxe na memoria ao 25 de Abril" . Vai ter lugar na sede da Sociedade Galega de Historia Natural ás 19,30 horas. A segunda actividade será unha cea-convivio que comezará ás 21,30 horas na SDR Canido. O prezo é de 20 euros e poden participar socios e simpatizantes de Muíño do Vento. O prazo para anotarse finaliza o mércores día 21, e o teléfono habilitado para facelo é o 618383092.

Asembleas de Barrio en Ferrol

Esta fin de semana a AVV O Rosario do Inferniño remitiunos a seguinte mensaxe Esta Asociación veciñal O Rosario-Inferniño CONVIDA e fai un chamamento aos soci@s e veciñanza para participar na ASEMBLEA de BARRIO deste LUNS-18 ás 19 horas no salón de actos do Centro Cultural Municipal CARVAHO CALERO. Esta Asemblea de Barrio está convocada pola Concellaría de Participación Cidadá deste Concello de Ferrol en aplicación ó Regulamento de Participación Cidadá que esta asociación participou tan activamente ate a súa aprobación unánime polo pleno deste concello. Animamos a veciñanza a participar no desenvolvemento deste barrio sobre as infraestuturas, programas sociais ou debates de carácter social. Saúdos - Directiva .- Así, aproveitamos para informar que, efectivamente, as asembleas de barrio -órganos recoñecidos dentro do Regulamento de Participación Cidadá de Ferrol - empezarán a reunirse este luns 18. O calendario completo de datas está accesible nesta ligazón:  http:...

Imaxes dos actos de conmemoración do 85 aniversario da proclamación da II República

Os compañeiros da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática tiveron a ben compartir con nos un album con fotografías dos seguintes actos realizados pola conmemoración do 85 aniversario da proclamación da II República: Ofrenda Floral nos Cemiterios de O Val e San Mateo, en Narón. Acto da Plataforma pola República, no Ateneo Ferrolán: Radioteatro “Crónicas Republicanas” Charla de Carlos Etchevarría, do Ateneo Republicán de A Coruña Podedes acceder a elas na seguinte ligazón: https://goo.gl/photos/b2YxVUw16FMd1EJa9 Para todas aquelas persoas que non puideran asistir á proxección de "Crónicas Republicanas", velaquí o vídeo: Ademáis, compartimos tamén material que nos envían os compañeiros da Asemblea Republicana de Vigo a tenor das celebracións conmemorando esta data: Fotos manifestación 14 de abril 2016 en Vigo: http://asemblearepublicana. org/fotos/index.php?album=2016 Vídeo da manifestación: Tamén compartimos con vos este cartaz co...

Festival Solidario co Ateneo Ferrolán, este sábado 16 de Abril, ás 6 da tarde, no Centro Cultural Carvalho Calero

Festival Solidario co Ateneo sábado día 16 de abril ás 18 h. no C.C. Carvalho Calero Entrada de balde 40 anos da refundación do Ateneo na cidade Haberá música, teatro, poesía, sorteos, ... Ven a celebralo con nós! Presentado por Silvia Casal e Leandro Lamas Participan : Maquinarias Teatro Poesía Salvaxe Real Coro Toxos e Froles A Escola da Vaca Manolo Bacalhau Un lugar de encontro para a cultura. Ateneo Ferrolán, fundado en 1879. E-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza) Síguenos: TWITTER: @ateneoferrolan BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/ FACEBOOK: https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/ Faite soci@ on line! Colabora con nos! http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html Para axudas e aportacións económicas: CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán. ES72-3058-6402-9...

CONCENTRACIÓN REPULSA ASASINATO MACHISTA

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA: CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE Tatiana Vázquez Abuin en Lugo. Unha vez máis sairemos á rúa para amosar a nosa indignación polo asasinato dunha muller por violencia machista. Tatiana foi asasinada polo seu  ex-compañeiro sentimental pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas. Sairemos novamente para rexeitar este cruel asasinato e denunciar unha vez máis a violencia machista instalada na nosa sociedade. É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista. Non consentiremos que a violencia machista continue asasinándonos!!!! O XOVES 14 DE ABRIL ÁS 20:00H NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

Fotos e audio Rolda de Prensa do CCE [Comite Cidadan de Emerxencia] sobre a Sentenza do TS sobre Reganosa

O Comité Cidadán de Emerxencia fixo hoxe 13 de abril, no Salón de actos do Ateneo Ferrolán, ante os Medios de Comunicación e a cidadanía, unha extensa valoración da Sentenza do Tribunal Supremo que declara de xeito irrevocable a nulidade da Autorización Previa de Instalación da Planta de Gas de REGANOSA. Participaron: O Alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, a Asesora Xurídica do CCE Patricia Gabeiras, o Coordinador Manuel Rodríguez Carballeira, a Presidenta da A. VV. “O Cruceiro” de Mehá, e os membros do CCE Francisca Portela e Carlos Álvarez, que reafirmaron a ilegalidade desta Planta, perigosa, innecesaria e antieconómica. Álbum fotográfico Audio da Roda de Prensa: Audio do Coloquio:

IX SEMANA DA POESÍA SALVAXE / a CARLOS OROZA, in memoriam (Ferrol)

CARTAZ OBRA DO PINTOR E AMIGO JUAN MANUEL ALVAREZ ROMERO PROGRAMA DA NOVENA POESÍA SALVAXE 2016 MÉRCORES, 13- As 18,30h                               No PALCO Do CANTÓN:  Proclama POÉTICO-POLÍTICA                               (Guillermo Ferrandez, Victor M. Diez, Karlotti e Felipe Zapico)                               E posterior intervención dos poetas presentes que desexen                             ...

Mércores 13, Rolda de Prensa do Comité Cidadán de Emerxencia aberta á cidadanía

Compartimos con vos a invitación que fai o Comité Cidadán de Emerxencia a unha rolda de prensa aberta á cidadanía. Consideramos fundamental a asistencia da maior cantidade de xente posible para que quede patente o rexeitamento da cidadanía á instalación de Reganosa O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Convoca aos Medios de Comunicación e á cidadana a unha RODA DE PRENSA Mércores 13 de abril, ás 18 hs, no ateneo Ferrolán Na que, coa participación de Dona Patricia Gabeiras, Avogada do CCE, farase un análise da recente Sentencia do Tribunal Supremo que confirma a nulidade da Autorización Administrativa Previa da Planta de Gas de REGANOSA. Segunda sentencia en firme do Supremo contra Reganosa e un paso importante na defensa da legalidade, a Ría e a vida das persoas da súa contorna. A valoración inicial do CCE e a Sentencia completa, pódense consultar na nosa web:  www.comitecidadan.org Agradécese difus...

Homenaxe Floral aos fusilados en San Mateo e O Val [Mércores 13]

A Asociación Memoria Histórica Democrática convida a toda a cidadanía á Homenaxe Floral ás tripulacións do “Mar Cantábrico” e “Acorazado España” e demáis asasinados pola súa defensa da liberdade, do progreso social e da legalidade Republicana. Mércores, 13 de abril de 2016 en Narón. Ás 17 horas no monolito de homenaxe no Cemiterio de O Val. Ás 17,30 horas, na fosa común do Cemiterio de San Mateo de Trasancos. Organizan estes actos: Asoc. Memoria Histórica Democrática, Terra Galega e Esquerda Unida de Narón. Colabora: Concello de Narón. Podes atopar máis información sobre esta asociación en www.memoriahistoricademocratica.org http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com En facebook: Memoria Historica Democratica En twitter: Memoria Ferrol @memoriaferrol