Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Nota de Prensa

COMUNICADO DE PRENSA DA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA E XUNTAS DE PERSOAL

COMUNICADO DE PRENSA DA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA E XUNTAS DE PERSOAL Na Roda de Prensa á que asistiron representantes de organizacións sindicais, cidadás, de enfermos e parlamentarias informouse: 1.- Da grave situación do sistema sanitario público galego en estado crítico tralos recortes do 18% do orzamento sanitario,  eliminación de máis de 1.800 postos de traballo dos que 513 foron prazas de médicos, 200 de enfermeira ou de máis de 450 camas; a utilización da colaboración Público Privada para financiar e xestionar os novos centros sanitarios como o Novo Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo que sufriu un recorte do 30% de camas, quirófanos, servizos de urxencias, superficie ou calidade do equipamento; o desmantelamento da Atención Primaria co abandono de máis de 60 centros de saúde e de máis de 1.000 prazas de traballadores; a privatización de servizos esenciais como o Laboratorio Central de Galicia, a docencia ou a planificación das actividades do SERGAS e a Conse...