Achegamos a nota de Prensa do CCE: Solicitude da “Cuestión Prexudicial” ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, relativa á Planta de Gas de Reganosa. A loita contra a ameaza, a ilegalidade e a corrupción no caso Reganosa continúa. O CCE a través da súa asesoría xurídica ven de formular o 28 do actual, a solicitude da Cuestión Prexudicial ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea., no recurso contencioso-administrativo contra a segunda modificación do PXOM de Mugardos que pretende legalizar a planta de gas de Reganosa, pendente de votación e fallo no Tribunal Supremo. Trátase a través deste procedemento de valorar si se cometeu un fraude de Lei, e por ende, unha desviación de poder, ao utilizar a escusa da adaptación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Mugardos á Directiva 2001/42/CE de Plans e Programas, para así legalizar un uso e unha instalación declarada ilegal (a Planta de gas de Reganosa acumula catro sentencias condenatorias), mediante unhas no...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."