Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2014

I Certame Fotográfico "Victoria Fernández Paredes. Ollada de Muller". Bases.

  I C ertame Fotográfico “Victoria Fernández Paredes. Ollada de Muller” , organizado pola Área da Muller da Asociación Cultural Fuco Buxán.  Victoria Fernández Paredes, cofundadora e directiva de Fuco Buxán, quen mantivo sempre un fondo compromiso coas causas sociais e da que o 8 de novembro cúmplese un ano do seu falecemento. As BASES DO CERTAME e a composición do Xurado, integrado polos profesionais da fotografía: Xosé Abad, Susana Pedreira e Jorge Capotillo, e pola Área da Muller: Susana Alaníz González, Mercedes Losada Suárez e Mª Teresa Martínez Vilariño. Animádevos a participar!

O Recuncho nº 208, mércores 26 ás 19 hs no 93.9 FM, RadioFilispiM.

Mércores, 26 de novembro de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada. “O Recuncho” nº 208, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitado: Enrique Barrera : “Xustiza Arxentina e Memoria Histórica”. O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Vivan las caenas!” Na “Sección Poética” : José Angel Valente. Os libros comentados, espazo de Víctor G. Novás : “Proceso de Nüremberg” Novas e comunicados, por Lucía Vizoso . Música: Riot Propaganda (Los Chicos del Maíz e Habeas Corpus) Na equipa técnica: Miguel Castro Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

29 N Ocupemos o Obradoiro. Autobuses desde Ferrol

O sábado 29 de Novembro, as Marchas da Dignidade co lema “Ocupemos o Obradoiro”, mobilizaránse desde distintos puntos de Galicia, formando cinco columnas que entrarán en Santiago de Compostela. E no resto dos territorios e nacións do Estado, entre o 24 e o 29N cinco millóns de persoas estarán na rúa contra o réxime corrupto, polo PAN, TRABALLO e TEITO. Somos moitos e moitas as que imos marchar para defender: o dereito ao traballo ; os dereitos sociais e a renda básica ; o dereito a unha vivenda digna ; os servizos públicos como a sanidade e a educación ; a loita contra a corrupción ; contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga ; contra a estafa e o roubo bancario ; contra a Lei mordaza que quere criminalizar a protesta, polo dereito das mulleres a decidir sobre o seu propio corpo, ... Temos determinación para conseguir un cambio e ímolo demostrar marchando sobre Compostela o 29N. A Ferrolterra toca-lle formar parte da Columna Norte, xunto con outras comarcas do noroeste gale...

BRUTALIDAD E INJUSTICIA: LA NOCHE DEL MARISCADOR

  Por Rafael Pillado, en Diario de Ferrol, 23.11.2014 Octubre, ocho y media p.m., noche cerrada; una hora más tarde, bajamar. Antonio y sus compañeros se aproximan a la ribera, tras asegurarse de que no hay “moros” en la costa. Antonio, enfundado en su traje de neopreno y provisto de los instrumentos propios del mariscador “a pie”, se sentía nervioso, tenso. El día anterior habían sido acosados y perseguidos, con una saña que ya quisiera para los grandes corruptos que arruinan el país impunemente. Cada día era una aventura, un riesgo cierto de acabar detenidos y tratados como peligrosos delincuentes. “¿Qué pasará hoy?”, se preguntaba. Pese a todo, con los otros mariscadores sin carné –pero con familias a su cargo–, decidió introducirse en el mar, pendiente de pisar suelo firme, alejado de las trampas de lodo que acechaban como minas sembradas en un campo plagado. Cualquier pisada en falso podría suponer quedarse clavado en ese fango pestilente y opresivo y regresar a casa co...

ACTOS 25N DA MMM DE FERROLTERRA

  A Asociación Cultural Fuco Buxán súmase á convocatora - Martes 25, ás 20 hs, en Perlío - da Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, con motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista  A Coordinadora Comarcal de Ferrolterrra da  MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES QUEREMOS CONVÍDAVOS COMO CADA ANO A PARTICIPAR NOS ACTOS QUE TERÁN LUGAR NA PRAZA DA ESCOLA DE FENE (ONDE O FEIRÓN)  ÁS 20H. O MARTES 25 DE NOVEMBRO PARA CONMEMORAR O DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. "IMPLICATE. LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. RACHA COA INDIFERENZA" Neste 25 de novembro, queremos unir as nosas enerxías ás de miles de mulleres que, arredor do mundo estarán a denunciar e a amosar o máis profundo rexeitamento ás violencias que continuamos vivindo nos nosos corpos de mulleres. Esperamos coma sempre a vosa asistencia para seguir denunciando a violencia machista. MARCHAMOS POLO DEREITO DAS MULLERES A UN MUNDO SEN VIOLENCIA Mulleres en marcha ata que todas sexamos...

Convocatoria de afiliados CCOO

  Afiliadas e afiliados de CCOO de Ferrolterra convocan unha concentración este mércores 5 de novembro, por un sindicato ético, loitador, transparente e democrático e para que se repoña canto antes a estrutura da Asesoría Xurídica. ASEMBLEA DE CC.OO DE FERROL O pasado venres días 24 de outubro, levouse a cabo unha Asemblea de afiliados e afiliadas de CC.OO, cunha maior afluencia que a anterior, participando na mesma 245 afiliados e afiliadas, que abarrotaron a sé do Sindicato. Na citada Asemblea, convocada polo conflito na Asesoría Xurídica, na que se demanda a reincorporación de Cartelle e unha solución definitiva ao conflito que o propio Sindicato Nacional xerou na mesma, acordouse por unanimidade non só o rexeitamento ás medidas adoptadas pola dirección do Sindicato, senón tamén o apoio firme e decidido ás propostas de mobilización que se suscitaron na mesma. Tamén se mostrou o rexeitamento profundo á actuación levada a cabo polo Secretario Xeral do Sindicato Nacional, José...

Hoxe, de 19 a 20 h, no 93.9 FM "O Recuncho nº 205"

  Mércores, 5 de novembro de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada. “O Recuncho” nº , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitados: Alberto Espiñeira e Maximino Pardo, da Plataforma Cidadá contra o TTIP (Tratado Trasatlántico de Libre Comercio). I Certame Fotográfico “Victoria Fernández Paredes. Ollada de Muller”. O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “A xustiza arxentina e o franquismo”. Na “Sección Poética” : Poetas arxentinos contemporáneos. Os libros comentados, espazo de Víctor G. Novás : El periódico “La Marea” Novas e comunicados, por Lucía Vizoso. Música: Los Chalchaleros. Na equipa técnica: Miguel Castro. Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com Email: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

I Certame Fotográfico "Victoria Fernández Paredes. Ollada de Muller"

A Asociación Cultural Fuco Buxán - Área da Muller - convoca unha Roda de Prensa, o xoves 6 de novembro, ás 12,30 hs, no Ateneo Ferrolán, para realizar a presentación pública do I Certame Fotográfico "Victoria Fernández Paredes. Ollada de Muller". Vitoria, cofundadora e directiva da A.C. Fuco Buxán, persoa de importante compromiso político e social, que falecra o 8 de novembro do 2013.