A Consellería de Política Social, que dirixe José Manuel Rey Varela, continúa co seu acoso ás persoas máis empobrecidas, en concreto ás perceptoras da RISGA. Explicamos a situación que está a sufrir unha compañeira. A muller recibiu, a mediados de marzo, un requirimento da Xunta. Nel esíxenlle que acredite que vive nunha vivenda independente á dos seus pais, malia que hai uns meses entregou un padrón municipal onde aparecía numeración diferente para cada vivenda. Esta compañeira vive coa súa filla nunha “caseta de obra” situada na mesma finca onde o fan os seus pais nunha casa independente á dela. Así o di o concello, a través do padrón, onde teñen asignados números de portal distintos para cada vivenda -unha delas moi precaria- do terreo. Unha situación clara e sinxela de entender: dúas familias que viven en fogares independentes na mesma finca. Na Xunta incluso teñen informes da traballadora social do concello que certifican isto. Seica esta realidade non se acomoda ao...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."