O vindeiro mércores día 11 de setembro ás 20 horas no Salón de Actos do ATENEO FERROLÁN (rúa Magdalena 202 – Ferrol), haberá unha PROXECCIÓN DOCUMENTAL sobre 40º Aniversario do 11-S en Chile. Continuará cunha mesa redonda en próximas datas. No marco dos actos cos que queremos conmemorar o 40º aniversario dos acontecementos do 11-S en Chile, a A. C. FUCO BUXÁN comprácese en convidalo á proxección do documental que leva por título EL DIARIO DE AGUSTÍN. Nesta producción o seu director Ignacio Agüero, coa colaboración dun grupo de estudantes e investigadores da Universidade de Chile, fai un xuizo á colaboración da prensa co terrorismo financeiro ó desvelar cómo dende as páxinas do MERCURIO – diario decano Chileno- e coa tenebrosa complicidade dos outros medios, traballaron polo derrocamento do sistema democrático en setembro de 1.973 e a súa sustitución por un réxime neoliberal apoiado na forza das armas dos golpistas. O documental inclúe experiencias e testemuñas dos protagonistas...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."