Marchas da Dignidade - Concentración en solidariedade con Emilio Cao: sábado 3 de decembro, 12h, O Carballiño (Ourense)
As Marchas da Dignidade chaman a participar a unha concentración pacífica o vindeiro sábado 3 de decembro , ás 12:00h , no Carballiño (Ourense) , en solidariedade con Emilio Cao e contra as leis mordaza . As Marchas da Dignidade de Ferrolterra asistirán a esta mobilización en vehículos particulares. Partirán cara aló este sábado 3 de Decembro, ás 9 da mañá, do Monumento 10 de Marzo, en Recimil. Compartimos o comunicado da convocatoria: Supera xa o cento de persoas encausadas polas mobilizacións das Marchas da Dignidade. Os diferentes procesos xa iniciados atópanse en diferentes fases procesais máis o que de máis preto nos toca e o que lle afecta a Emilio Cao, un rapaz do Carballiño que formou parte da Columna Galega na movilización do 22M na que centos de galegas e galegos a título particular, outros embarcados na decena de autocares que se fletaron ou no emblemático “Tren da Dignidade”, levamos e paseamos a Dignidade Galega polas rúas de Madrid demandando PAN, TRA...