Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Feminismo

'Libertarias galegas' por Lola Ferreiro Díaz

Borráronas da historia e non obstante  setenta anos despois hai quen as ama. Sardiñas para elas e unha libra de cereixas vermellas como a súa primavera libertaria e para sempre ámote anarquista ou nada.      Claudio Rodríguez Fer O 20 de novembro pasado, avisada por unha amiga, tiven a oportunidade de ver en “La Sexta columna” un programa documental sobre os atentados contra Franco ao longo da ditadura. Baixo o título “Matar a Franco: El hombre que lo intentó tres veces” (aínda dispoñíbel na web), Octavio Alberola, o militante libertario que o tentou tres veces, describía polo miúdo cada un dos intentos e analizaba o contexto político e social daqueles 40 anos. Pareceume unha achega moi interesante ao tema (do que se fala máis ben pouco) e destaco un dos (moitos) datos que se transmitían en relación cos ditos atentados e no que concordaban as persoas convidadas: todos os intentos foron deseñados e preparados por militantes anar...

Exposición argumentada sobre novos elementos e áreas de actuación que se deberían considerar nas políticas de igualdade.

Contexto. As políticas de igualdade comezan a institucionalizarse a través da creación de organismos que actuaban concretamente en materia de igualdade mediante plans, leis, medidas, etc., sobre xénero, a raíz dun proceso de europeización e desde unha perspectiva socialdemócrata. Con todo, co auxe da crise e o desenvolvemento das políticas neoliberales prodúcese un progresivo desmantelamento das políticas sociais e de igualdade e o retroceso para os dereitos das mulleres que isto conleva, mostran unha falta de priorización en materia de políticas sociais cando estas entran en conflito con intereses de índole económica, tanto por parte de gobernos conservadores como socialdemócratas (Lombardo e León, 2014, p. 14). Neste sentido, estanse eliminando organismos e institucións dedicadas principalmente á igualdade, e os que nos son eliminados reciben un rango inferior. Deste xeito as políticas públicas pecan dun sesgo androcéntrico co que se configurou o modelo de cidadanía europea (Castr...

Economía feminista: Os coidados

A través dos seus artigos, Cristina Carrasco Bengoa nos propón unha alternativa á denominada economía ortodoxa para producir un cambio de paradigma. Dita proposta básease no discurso da economía feminista de poñer a vida no centro, desplazando o capital, mediante o concepto dos coidados e a súa repercusión no sistema económico actual. A economía feminista é un dos enfoques heterodoxos que denuncia as desigualdades que provoca sistema económico capitalista actual pero ampliando a mirada e adoptando nos seus postulados e análisis o traballo doméstico e de coidados para abarcar as desigualdades entre homes e mulleres, pois este sistema peca dun sesgo andocéntrico que invisibiliza os traballos realizados por as mujeres fora do mercado laboral e desvaloriza os que se realizan en dito mercado. Polo tanto, a economía feminista pretende un cambio da realidade socio-económica para fomentar unha sociedade máis equitativa e vivible. “La economía feminista cambia la perspectiva, flexibiliza...

Manifesto en apoio á folga estudantil do 14N | #14NHuelgaEstudiantil

A asociación cultural Fuco Buxán apoia a vindeira folga estudiantil do 14 de novembro con un marcado carácter feminista. O sistema educativo é un pilar fundamental para mudar os prexuízos e os estereotipos de xénero.  Se facemos un breve repaso histórico apreciaremos como a escola foi obxecto das institucións políticamente dominantes, é dicir, con poder, as cales servíronse dela para crear unhas tipoloxías de individuos según as necesidades do sistema. Nun primeiro momento, co nacemento dos Estados-nación buscouse formar individuos nacionalista cun alto sentimento patriótico. En segundo lugar, coa industrialización, a escola convírtese no mecanismo para adoctrinar obreiros individualistas e competitivos. En terceiro lugar, encontrámonos co franquismo e os seus ideais conservadores según os cales establécese unha educación segregada por sexos. En cuarto lugar, tras a transición democrática, a educación básease en formar cidadanos e cidadanas. E, en último lugar, o que nos corr...