Dende o Ateneo Ferrolan montarán un "pequeno ambigú" onde poderemos mollar as gorxas mentres escoitamos e vivimos en directo esta fascinante experiencia, xunto a Rubén Artabe e @s compañeir@s filispinian@s ... así que, non deixedes de vir a esta "Sesión de tarde de venres" no Ateneo. Nota de prensa do Colectivo Opaíí!! – Rádio FilispiM, 93.9 FM. Este venres é moi probábel que chova en Ferrol, subirán as temperaturas mínimas e baixarán as máximas e o vento soprará do sul moderado, mais é unha previsión. O que si é seguro é que “Rádio FilispiM vai … ao Ateneo Ferrolán”. O Colectivo Opaíí! mobilizará este venres 18 de outubro as súas hostes para oferecer a partir das 20:00 h. dende o salón de actos do Ateneo un programa especial de dúas horas que abre un novo ciclo, o “FilispiM vai…”. Neste programa especial terán voz os protagonistas da senlleira entidade ferrolá. Falarese do pasado, presente e futuro do Ateneo, dos cursos e actividades que se están a le...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."