Presentación do poemario “Atravesar o Fantasma” de Carlos Callón e posterior Mesa – Debate “Vivir en Galego” [Compromiso coa Lingua]
Dende a xunta directiva da A. C. Fuco Buxán informamos do vindeiro acto que a nosa asociación organiza dentro do Ciclo [Democracia e Compromiso]: Presentación do poemario “Atravesar o Fantasma” de Carlos Callón e posterior Mesa – Debate “Vivir en Galego” [Compromiso coa Lingua] coa presenza dos poñentes Carlos Callón , Xurxo Souto e Xosé M. Dobarro e coa participación do músico Roger de Flor , o mércores 18 de maio ás 19:30 horas no Centro Cultural Carvalho Calero na praza do Inferniño (Ferrol) . Carlos Manuel Callón Torres : Escritor e político, licenciado en filoloxías galega e portuguesa pola universidade de Santiago de Compostela. Exerce como profesor de lingua e literatura galega e lingua portuguesa. Xosé María Dobarro Paz: Catedrático de lingua e literatura galega, investigador da literatura galega. Xurxo Souto: Músico, escritor, licenciado en filoloxía clásica. Roger de Flor: Músico, cantautor ferrolán. Ciclo [Democracia e Compromiso]: “Chamame...