Publicamos a seguinte invitación que nos envían dende a Marcha Mundial das Mulleres: A Coordinadora Comarcal de Ferrolterrra da MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES QUEREMOS CONVIDARVOS, A PARTICIPAR NOS ACTOS PARA CONMEMORAR O DIA DO ORGULLO LGTBI QUE TERÁN LUGAR O MARTES 28 DE XUÑO CANTÓN DE MOLINS EN FERROL ÁS 20:00H. Neste 28 de xuño , queremos reivindicar unha sexualidade libre de condicionamentos sociais e culturais, rachar co patriarcado e o heterosexismo que domina todos os ámbitos das nosas vidas. Esperamos, como sempre, a vosa asistencia para seguir denunciando a discriminación, exclusión, violencia, invisibilidade, acoso e rexeitamento por unha parte da sociedade e institucións afíns ao heteropatriarcado, por amar dunha maneira diferente aos canones establecidos. Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres!! "As mulleres decidimos" Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres mmmferrolter...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."