Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Folga de Fame

Folga de Fame por un sistema real e efectivo que protexa ás mulleres e nen@s da violencia machista.

Esta madrugada un grupo de mulleres comezará unha folga de fame para denunciar a falta de apoio e recursos, por parte das administracións, ás mulleres e nen@s vítimas de violencia machista. Estas mulleres, pertencentes á asociación Ve-la Luz , saben de primeira man, o impacto que están a ter na vida das mulleres os recortes que eliminaron o chamado "salario da liberdade", o peche dos CIM, a falta de recursos para seguir adiante con programas específicos de axuda ás vítimas de violencia machista ... Saben-no ben. E así nolo ensinaron estes días que compartimos con elas a loita contra o desafiuzamento en Cabanas, onde a violencia machista provocou a máxima indefensión de Sandra Menéndez a quen o seu presunto agresor pretende mesmo que perda a súa vivenda. Agora é o momento de mostrar a nosa solidariedade coa loita da Asociación Ve-la Luz. Coa loita e resistencia das mulleres contra a violencia machista, que reclaman ás administracións, recursos, protección, xustiza......