Saltar ao contido principal

Manifestación anticapitalista 1º Maio en Santiago

Chéganos un aviso dunha autoconvocatoria de manifestación anticapitalista para este domingo 1 de maio en Santiago de Compostela. A continuación, o manifesto desta autoconvocatoria:

1º DE MAIO
MANIFESTACIÓN ANTICAPITALISTA
19:00 horas PORTA DO CAMIÑO
CONTRA A EUROPA CRIMINAL DO RACISMO E A DESIGUALDADE”

Este 1º de Maio é o intre da xenerosidade. Unha manifestación unitaria, anticapitalista e sen siglas na convocatoria, coa firme convicción de que é tempo da unidade de todas as loitas para defender as nosas vidas. Sen protagonismos. Unha mobilización na que as únicas protagonistas sexa a unión de todas as voces nunha gran manifestación contra a batería de agresións que estamos a recibir por parte da Unión Europea, esa organización criminal, do racismo e da desigualdade, que comandan a troika e o Capital.



Vivimos unha situación de urxencia, nun estado de alerta que nos require e nos convoca. Ou eles ou nós, non queda outra saída. Por iso este 1º de maio mobilizarémonos na defensa dunha vida vivíbel para todas e todos. Por iso reivindicamos.
* Unha vida digna para todas as refuxiadas do mundo.
*Paremos as devolucións en masa das “refuxiadas de segunda”, malchamadas polo poder “inmigrantes ilegais”.
* Pola fin do internamento masivo de persoas nos CIEs.
* Abonda de utilizar a crise coma unha coartada para recortar dereitos e catapultarnos para atrás na historia.
* Pola fin das agresións ás mulleres en calquera ámbito de vida. Nós imos parar os privilexios heteropatriarcais.
* Pola visibilización dos coidados e do traballo de reprodución.
* Na defensa da sanidade pública.
* Na defensa do ensino público.
* Na defensa dos nosos servizos sociais.
* Para que ningunha persoa máis teña que emigrar perseguida pola explotación.
* Por un agro vivo e na defensa dos nosos sectores produtivos.
* Acabemos cos macroproxectos de destrución ambiental (ENCE, REGANOSA…).
* Porque a vivenda é un dereito, non unha mercadoría. Os ladróns de vivendas non teñen lugar!
* Contra a precariedade e o desemprego.
* Contra a represión das ideas e os corpos.
Tomemos as rúas con contundencia. Calquera caste de inmobilismo ou de pasividade é a forma máis cruenta de complicidade co que están a facer con nós. Manifestémonos contra este sistema criminal baseado no racismo, na xenofobia, no hetero-patriarcado e na desigualdade. Esta Europa non a queremos!



MANIFESTACIÓN 1º DE MAIO. 19 HORAS. PORTA DO CAMIÑO
POLO NOSO DEREITO A VIVIR UNHA VIDA DIGNA