Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2015

Revista Razón Socialista Nº 39 [Revista da A.C. Fuco Buxán]

Ve a luz este número trinta e nove, a punto de celebrarse as Eleccións Xerais do 20 D, que non dubidamos en cualificar de históricas, onde a vixencia do Estado de Dereito, do Benestar e das Liberdades Democráticas, abertamente están en xogo. Unha prórroga ao goberno da Dereita suporía, nin máis nin menos, que un retroceso a estadios pre democráticos. O panorama político amósanos que, a pesar da corrupción sistemática, da situación socio- económica a que nos levou o PP, Rajoy e a súa tropa incompetente, ao servizo do Mercado, aínda seguen aparecendo como ameaza certa, con determinados xuíces ao seu carón, arquivando causas, deslexitimando probas, destituíndo a outros maxistrados que van no camiño correcto. A desconformidade que mostran moitos dos seus propios políticos e militantes empeza a resultar máis que evidente. Fuco Buxán, de novo sinala a necesidade de cambio profundo, e non meros retoques, apostando pola derrota das políticas neoliberais e da fórmula política do bipartid

Exposición "10 anos de historia filispiniana".

A prehistoria do Colectivo OPAÍÍ-Rádio FilispiM remóntase á desaparecida emisora universitaria Radio Kaos . Tras o verán de 2003, algunhas voces que xa participaran da mencionada experiencia sentían a necesidade de volver ás ondas e outras persoas interesáronse na idea. Após varias asembleas en locais de ocio, o 28 de novembro de 2003 fixeron un primeiro chamamento aberto á cidadanía para presentar esta iniciativa de crear unha nova emisora. Desta vez sería un medio libre, independente das institucións oficiais, e ao servizo da comunidade. A denominación debía ser claramente ferrolá, tanto para o colectivo como para a emisora. Tras esa data no Ateneo Ferrolán , o proxecto de Rádio FilispiM participou en decembro no Foro Negro nunha mesa de traballo xunto a Piratona, Kalimera e outros medios de contrainformación. Nun período de gran actividade contra-informativa en Galiza e o Estado, o colectivo realizaba unha asamblea tras outra. Debatía ideas, obxectivos e estatutos,

Manifestación en Defensa Do Naval

  O Comité de Empresa fai un chamamento a tod@s os traballador@s á PARTICIPACIÓN na MANIFESTACIÓN, convocada polos Comités de Empresa de Navantia e Delegad@s da Industria Auxiliar, o DOMINGO día13 en Defensa Do Naval. A saída será dende o Inferniño ás 12:00 h continuando pola Estrada de Castela, Praza de España, Rúa do Sol, Rúa Arce, Rúa Real rematando na Praza de Galicia, fronte o Teatro Jofre, onde se fará lectura dun manifesto. Ferrol, a 11 de decembro de 2015

Delegación do CCE no Parlamento Europeo

Unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia, integrado nun Colectivo convidado por Lidia Senra, Eurodeputada de AGE visitou o Parlamento Europeo en Bruxelas, para denunciar de novo ante a Comisión Europea os perigos e ilegalidades da Planta de Gas de Reganosa e o desleixo das Administracións nas rías e ríos de Galicia. Valorouse a posibilidade de levar adiante accións conxuntas a nivel nacional, e AGEe rexistrará preguntas ao respeito dos distintos casos. O Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol, -plataforma que agrupa a máis de medio centenar de entidades galegas e que naceu para denunciar a problemática derivada da localización da planta de gas de Reganosa en Punta Promontorio (Mugardos), no interior da ría de Ferrol-, leva anos organizando accións de protesta contra a entrada de gaseiros na ría e desde o inicio esixiu que Reganosa non se instalase na ría ferrolá debido aos riscos que supón para a zona e que afectan tanto á veciñanza como á actividade marisqueira, ad

O CNI veta a Xaquín García Sinde por ‘anticapitalista e internacionalista’

O CNI veta a Xaquín García Sinde por ‘anticapitalista e internacionalista’ ¡En defensa dos dereitos democráticos! ACTO  PÚBLICO:   MÉRCORES 2 ás 19:00 horas  no ATENEO FERROLÁN Falarán: JAVIER  LOSADA - Membro da Comisión Executiva de CCOO de Navantia-Ferrol SARI  ALABAU - Dirixente do Partido Comunista, encarcerada a raíz do 10 de Marzo de 1972 e procesada no xuízo dos 23 MIGUEL  CASTRO - Coordinador local de Esquerda Unida de Ferrol LUCO  PORTO - Dirixente histórico de CCOO da Bazán XAQUÍN  GARCÍA  SINDE

Sentimento polo falecemento de Xosé Chao Rego

A A.C. Fuco Buxán amosa o seu sentimento polo falecemento de Xosé Chao Rego , lembrando con gratitude o seu compromiso social e en defensa da liberdade, da democracia e da clase obreira. __________________________________________________________________________ A PEPE CHAO REGO, MESTRE DE VIDA E AMIGO, COMA NUNCA, GRACIÑAS     XAQUÍN CAMPO FREIRE. MANDIÁ-FERROL, 28-11-2015. Querido Pepe Chao: Hoxe van ser moitos os que falen e  escriban de ti. Cada un farao desde o seu universo referencial emotivo. E entre todos iremos poñendo as teselas para un mosaico da túa inesgotábel personalidade e inmensa creatividade. A miña ligazón agradecida contigo vén de moi lonxe. Setembro de 1955. Desde entón xa foi un continuum. Hoxe quero reafirmar esa fidelidade de mutua amizade “sen que a morte nos separe”. Quero retomar algo que escribín o mércores 27 de octubre de 2010 porque, máis aló da nosa amizade persoal, isto reflicte mellor a nosa relación comunitaria vista desde Ferrol, onde traball