Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Cooperación

Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega

A Asociación Cultural Fuco Buxán , en réximen de autoconvocatoria, convoca a todo o tecido asociativo de Ferrolterra e a cidadáns a nivel particular a acudir a unha charla informativa , nunha reunión social, a prol de integrantes da " Sociedade Cooperativa Galega Nosa Enerxía " no noso local social de Caranza (Rúa Armada Española, nº 32, baixo), para o vindeiro venres día 23 de outubro ás 18:00 horas . Tratarase e informarase sobre as conveniencias do cooperativismo para lograr aforro económico e loitar contra o fascismo enerxético das grandes empresas que actúan e actuaron cos parabéns dos actuais e anteriores gobernantes.  Acudide! Prégase e agradécese difusión! Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega Nosa Enerxía nace como a primeira cooperativa galega que ten por obxecto a comercialización de enerxía eléctrica de orixe renovable certificada, apostando pola sustentabilidade enerxética e por unha xestión transparente. A longo prazo, a cooperativa...

Ferrolterra en Folga Xeral

A A.C. Fuco Buxán súmase á Folga Xeral comarcal convocada por todos os Sindicatos. Hai solucións! Polo Emprego Na Nosa Comarca. Haberá participación activa dos traballadores/ras nos piquetes informativos. Manifestación: Sairá ás 12:00 horas da praza de O Inferniño ata a Praza de Armas de Ferrol.  As organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT e USTG de Ferrol veñen de anunciar a convocatoria de Folga Xeral Comarcal para o mércores 12 de xuño, ante a situación de “emerxencia total” que sufre Ferrolterra. Con motivo do paro xeral, que as centrais sindicais agardan sexa un éxito en contra das "nefastas políticas do goberno estatal e da Xunta", está convocada tamén unha manifestación que partirá ás 12:00 horas dende o Inferniño e rematará na Praza do Concello. A convocatoria foi feita pública este luns en rolda de prensa polos responsábeis comarcais de cada unha das centrais sindicais, que avanzaron que o paro xeral se desenvolverá baixo o lema...

Festa na tenda Troco en Ferrol, o sábado 11 de Maio a partires das 12:00 Horas.

Co motivo do cambio de tempada na tenda queremos convidarvos a una festa este sábado 11 de Maio a partir das 12h así que ide alixerando os armarios chegou o tempo da manga curta e dos tirantes Ademais faremos "De Troco un pouco" isto quere decir que trocaremos roupa na tenda como vimos facendo ate agora e no espacio exterior poderemos trocar entre nós outros obxetos (libros, xoguetes, discos, material deportivo, ferramenta...) tamen propoñemos aproveitar esta ocasión para trocar sementes xa que estamos no tempo de plantar. Como noutras ocasions cada un pode levar algo para picar e sería estupendo que viñese acompañado da receta así tamen as trocamos,alí haberá bebidas a prezos moi económicos. Animádevos a pasar una boa xornada facendo "De Troco un pouco"!. Tamén informamos que o venres 10 de Maio a tenda non abrirá en horario de tarde (de 17h. a 20h.) porque o grupo de traballo estaremos facendo o cambio de roupa e preparando a festa se alguen se anima a...

Inaugurada a Tenda de Troco en Ferrol, Cooperativa Armeria.

  Inauguración Tenda de Troco Situada na traseira do Mercado de Caranza, é unha iniciativa de ARMERIA, Sde. Cooperativa, como servizo público e para que a xente a use e goce facendo trocos, que o vexa sinxelo e cómodo, mais, o principal obxectivo da tenda é crear conciencia, outra maneira de ver a economía.  Máis información sobre a tenda nesta ligazón: http://tendadetroco.blogspot.com.es/ Lembra que ali mesmo pódense entregar para o BANCO DE ALIMENTOS artigos de alimentación (non perecedoiros ) e de hixiene. Moitas persoas en situación difícil agardan a colaboración de todos e de todas. En vista da grave situación que estamos a padecer na bisbarra, a Rede de Apoio Mutuo-Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra, quere facer un chamamento de emerxencia. Actualmente estamos a tratar uns 15 casos de posibles desafiuzamentos, algunha destas familias ten fillos menores ao seu cargo, non teñen ningún ingreso, nin un anaco de pan que levarse á boca. Algú...

Xa podes difundir “Finanzas éticas” (Documentos TV, 30 de decembro de 2012)!

Existe un número crecente de persoas sensibilizadas coa idea de avanzar cara a unha sociedade diferente, máis xusta, solidaria e humana, que intentan facela realidade mediante o seu traballo en diferentes ámbitos, e que perciben que un dos medios con que contan para realizar esta transformación, que é o seu aforro, é utilizado precisamente para reforzar e consolidar valores dun modelo social, económico e cultural oposto a esta idea de transformación. Cando se analizan en profundidade os grandes fluxos económicos e as súas consecuencias vemos como sistematicamente potencian o modelo económico e social imperante a custa dos países ou persoas de menor poder económico, cunhas consecuencias negativas que están á vista . O sistema financeiro tradicional non dá resposta aos desexos e necesidades dun sector das e os aforradores . Para ninguén é unha novidade que o sistema financeiro é conservador e que, ao rexerse de modo case exclusivo por criterios de beneficios e tamaño,...

Firma solidaria con Laura Bugalho

 Firma solidaria con Laura Bugalho. Juzgado de Instruccion nº 1 de Compostela: Desestimacion y archivo de la causa nº DP 2123/09 Laura Bugalho.  Firmar: Aqu í A nossa Companheira e ativista Laura Bugalho, à que seguramente todas conhecedes . . . . militante, sindicalista, ativista transfeminista e lesbianista de Galiza foi chamada a declarar o 16 de Janeiro acusada de falsidade documental reiterada para a que se solicita pena de carcere, por ter trabalhado dia-a-dia pelos direitos das pessoas Trans e Imigrantes nos seus papéis. Non se poden permitir estes atropello s contra os dereitos e a dignidade das persoas.   

Concentracións Solidarias con GAZA

Nestes días estamos a vivir unha nova ofensiva criminal de Israel contra a poboación civil de Gaza. Os bombardeos son continuos e o número de vítimas mortais non deixa de aumentar. Desde esta páxina iremos publicando os distintos actos solidarios, achega a túa convocatoria. Actos convocados: - Compostela, venres 16, ás 20:00h, praza do Toural. - Ourense, sábado 17, ás 20:00h, praza Maior. - A Coruña, luns 19, ás 20:30h, o Obelisco. - Vigo, luns 19, ás 20:30, ás  Farol de Príncipe. - O Barco de Valdeorras, luns 19, ás 20:30, fronte ao Concello. - Ferrol, luns 19, ás 20:30, fronte ao edificio administrativo da Xunta. - Cangas, luns 19, ás 20:00, fronte ao Concello. Cartel de los crímenes de guerra de Gaza Impresiones Por InsidePalestine Ver los demas posters por medio de zazzle.es

Ferrol Na Folga Xeral, Exemplo de Dignidade

A A.C. Fuco Buxán celebra cos Sindicatos e a cidadanía o éxito de participación na xornada de Folga Xeral e nas manifestacións. Onte o pobo respondeu, hai que estar orgullosos de que entoemos moita xente unha mesma cántiga, a cántiga do benestar, do cambio, do xa está ben. Por iso, desde Fuco Buxán, animamos a que non decaia a digna loita contra a Inxustiza Social. Todos.as xuntos/as SI PODEMOS !! Álbum fotográfico Diario de Ferrol  

14 N : Nós Ímos!

De 14 N - Folga Xeral !   A A.C. Fuco Buxán súmase á Folga Xeral do 14-N convocada por todos os Sindicatos, porque sobran razóns: ¡Non ao saqueo do pobo! ¡Hai culpables! ¡Hai solucións!. Participemos activamente nos piquetes informativos : Concentración na Praza de Armas as 12 da noite, e as 5 da madrugada. Manifestación : 12 hs. Desde o Inferniño a Praza de Armas.

Alianza Social Galega apoiando a Folga Xeral 14-N

  Carteis Folga da 14 N - Folga Xeral !    Alianza Social Galega acorda de maneira unánime, sumarse á folga xeral do 14-N e facer público un manifiesto subscrito por as oganizacións e entidades que formamos parte da Alianza. MANIFIESTO: As organizacións e entidades que formamos parte da Alianza Social Galega subscribimos un manifesto fundacional no que rexeitamos as políticas de recortes sociais e de dereitos desenvolvidas polos Gobernos de Galicia e do Estado desde maio de 2010, que nos levan a un cambio de modelo social e, polo tanto, a unha sociedade máis inxusta e menos igualitaria. O empobrecemento masivo, a eliminación progresiva do dereito do traballo e o desmantelamento dos mecanismos e redes de protección social son políticas neoliberais que pretenden acabar co estado do benestar e esixen unha mobilización contundente. A Alianza Social Galega acorda de maneira unánime, na súa reunión do 31 de outubro de 2012, sumarse á folga xeral po...

MANIFESTO DA ALIANZA SOCIAL GALEGA

Diferentes organizacións e entidades que representamos a sociedade civil galega constituímos a ALIANZA SOCIAL GALEGA para darmos unha resposta colectiva ás nefastas políticas antisociais que, seguindo os ditados da Unión Europea, están desenvolvendo os Gobernos de Galicia e o Estado, con consecuencias moi graves para as condicións de traballo e de vida da maioría social. Referímonos ás políticas que se veñen aplicando, especialmente desde maio de 2010, que atenden só aos intereses dos mercados ou, o que é o mesmo, da banca e do capital financeiro internacional, que mediante o seu neoliberalismo depredador mingua e pretende reducir á mínima expresión, cando non finiquitar, o. Políticas que o PP está intensificando desde que chegou ao poder no Estado. Un PP que subiu o IRPF das clases traballadoras, mentiu dicindo que incrementaban as pensións cando o incremento era absorbido polo IRPF, conxelou o SMI e o IPREM —que serven de referencia para moitos salarios e prestacións sociais—,...

Convocatoria da XV Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra

  Unha proposta de obxectivos e orde do día para a XV Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de FerrolTerra e da Rede de Apoio Mutuo. Día: Martes 6 de Novembro. Lugar: Local Asociación Veciñal de Esteiro. de 19 a 21 horas. Obxectivo da reunión: • Recibir información da Asemblea da Cooperativa Arméria e dos próximos pasos a dar na constitución legal da entidade. • Deliberar e acordar sobre a Rede de Apoio Mutuo e os casos de desafiuzamento pendentes. • Deliberar e acordar sobre a Folga Xeral do vindeiro 14 de Novembro. • Debater e avaliar a situación da Comarca. • Avaliar os avances do Encontro. Coa seguinte orde do día: 1º Asemblea Xeral de Arméria do pasado 27 de Outubro (Aprobación de Estatutos, nomeamento do Consello Reitor e Interventor/a, trámites legais, ...). 2º Local de Arméria. 3º Informacións (se as houber): plataforma sanidade, plataforma malgasto, colectivo defensa dos espazos públicos, ... 4º Volveu funcionar a Rede de Apoio Mutuo, no c...

Conferencia de Rafael Pillado na Universidade de Valladolid

O Noso Vicepresidente Rafael Pillado participará, o martes 6 de novembro, como conferenciante nun Curso da Universidade de Valladolid, que leva por título: “La otra Historia de la Transición Española”, co tema: “Grandes procesos judiciales represivos: El Proceso 1001 y el Juicio de los 23 de Ferrol. La Ley de Amnistía” . Participan tamén outros sindicalistas históricos: Miguel Zamora, de CCOO de Aragón e Eduardo Saborido, de CCOO de Andalucía (ambos encausados no Proceso 1001). Estos actos forman parte da actividade universitaria “La Uva en Curso” e se están a celebrar en diferentes datas dos meses de outubro e novembro. Engádese programa. Rafael, en Valladolid, o pasado maio con motivo da presentación das súas Memorias Colectivas :

Pódese! Detido outro desafiuzamento en Ferrolterra.

U nha acción solidaria da cidadanía, convocada pola Rede de Apoio Mútuo de Ferrolterra, logrou deter un desafiuzamento no barrio de San Pablo de Catabois. Unha familia nunha dificil situación económica pode continuar no seu domicilio grazas as xestións da Rede e ao apoio cidadán. Se estás en perigo de desafiuzamento, non cales. Contacta coa Rede de Apoio Mútuo, porque o problema é de todos, e entre todos e todas tentaremos buscar solucións. A.C. Fuco Buxán ofrécese a axudar na loita ás familias co demanden, sempre estará alí onde a inxustiza se manifeste.   Contacto: fucobuxan@gmail.com escolmaderazons@gmail.com

Xornadas Voluntariado e Coperación UDC

A universidade da Coruña celebra este xoves vinte e cinco de outubro, unhas xornadas sobre voluntariado e cooperación. A perspectiva de xénero na participación social. Terán lugar no salón de actos do vicerreitorado de Ferrol no campus de Esteiro. A matrícula é de balde. Teñen actividades para todo o día. Dende Fuco recoméndase a asistencia pois como din no seu panfleto é un achegamento a realidade social do noso contorno máis próximo e dende unha perspectiva de xénero.