Saltar ao contido principal

Convidamos a adherirvos á denuncia colectiva do acordo UE-Turquía ante as administracións europeas

Dende a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, plataforma á que estamos adscritos, infórmannos que CEAR están a promover unha denuncia colectiva do acordo entre a UE e Turquía ante a Comisión Europea, o Comisario Europeo de DDHH do Consello de Europa e o Defensor do Pobo Europeo. O texto da denuncia está baseada na vulneración dos dereitos das persoas refuxiadas e a normativa europea e internacional.



O proceso de adhesións para os colectivos e organizacións que queiran sumarse estará aberto ata este xoves, 28 de abril (incluído) a través deste formulario on line:
https://docs.google.com/forms/d/1zpzNHOW3tIm_rbzVJzpWIisMqY-rh7qf_kZdYeWu92I/edit?usp=drive_web#responses

A adhesión a título individual pode facerse neste outro enlace: https://www.change.org/p/comisi%C3%B3n-europea-detener-las-expulsiones-de-refugiados-a-turqu%C3%ADa