Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Galería Sargadelos

Plataforma Salvar Sargadelos - Acto homenaxe a Isaac Díaz Pardo: luns 23, 19h

Compartimos a convocatoria que fai a Plataforma "Salvar Sargadelos" para convidar á cidadanía a un acto homenaxe a Isaac Díaz Pardo na Galería Sargadelos de Ferrol o vindeiro luns 23 de xaneiro , ás 19:00h : A “Plataforma Salvar Sargadelos” CONVOCA e CONVIDA a cidadanía e entidades sociais a un acto público na Galería SARGADELOS-FERROL, este vindeiro luns-23 ás 7h da tarde co fin de proxectar unha película sobre o intelectual galeguista ISAAC DÍAZ PARDO , súa obra artística e relación con SARGADELOS. Estarán presentes neste acto os fillos de Isaac, Camilo Díaz e Xosé Díaz para acompañarnos e amosar a historia e o significado cultural de Sargadelos. Remataremos este acto dando conta das seguintes actuacións e cun debate aberto a cidadanía. Ferrol, a 19 de xaneiro de 2017 .- Saúdos Plataforma Salvar Sargadelos .-

Plataforma "Salvar Sargadelos" - Información e nova convocatoria de concentración para o luns 16 de xaneiro

Esta semana, a Plataforma "Salvar Sargadelos" informaba sobre as xuntanzas que ía manter cos distintos grupos políticos do Concello de Ferrol para estudar qué accións estarían na súa man para garantir a continuidade da actividade deste espazo: A "Plataforma Salvar Sargadelos" informamos que estamos mantendo encontros cos Grupos municipais coa fin de debater e intercambiar informacións e acordos ante o anuncio do peche da Galería Sargadelos. Axuntamos un Documento a presentar aos grupos coas principais reivindicacións das entidades que conformamos esta Plataforma. - Este xoves teremos encontros co Partido de Ciudadanos - C,s- a partir das 9,30 horas. - Grupo Municipal do BNG ás 11 horas deste xoves no concello. - Grupo Municipal do PSdeG-PSOE ás 11,30 horas deste xoves no concello. - O venres teremos unha xuntanza co Grupo Non Adscritas ( Rosa Méndez- Mª Lemos)  ás 10,30 horas . - Saúdos - Plataforma Salvar Sargadelos .- ...

Salvar Sargadelos Ferrol - Nova convocatoria de concentración para o luns 9 de xaneiro

A pesares de non ter podido anunciar a convocatoria do luns pasado, compartimos con vós a nova convocatoria de concentración da plataforma cidadá "Salvar Sargadelos Ferrol", que terá lugar o vindeiro luns 9 de xaneiro , ás 19:30h , no entorno da Galería. Velaquí o chamamento: CONVOCATORIA DA PLATAFORMA SALVEMOS SARGADELOS FERROL NOVA CONCENTRACIÓN LUNS, DÍA 9 DE XANEIRO, ÁS 19:30, DIANTE DA GALERÍA SARGADELOS- A Plataforma “ Salvar Sargadelos Ferrol” Convoca a cidadanía, Grupos políticos, Asociacións, Sindicatos... a asistir a unha nova concentración o vindeiro luns, día 9 de xaneiro, ás 7:30 da tarde, diante da Galería Sargadelos, para dar conta e informar da situación e dos pasos que se están dando en defensa da permanencia nesta cidade da Galería Sargadelos, tanto polo que representa como manifestación da nosa propia cultura, como por ser un espazo emblemático para o tecido asociativo e cultural. Reiteramos que a nosa reivindicación será sempre a D...

Información sobre a Plataforma "Salvar Sargadelos" - Próxima xuntanza luns 26 de decembro, 19:30h

O pasado luns 19 de decembro a AVV do Rosario - Inferniño convocaba en réxime de autoconvocatoria unha concentración-xuntanza fronte as dependencias da Galería Sargadelos de Ferrol por mor do anuncio feito na prensa días antes sobre o seu peche. Froito dese encontro, recolleuse a seguinte acta de reunión: ACORDOS da Xuntanza realizada este Luns-19 ás 19,30 horas nos arredores da Galería SARGADELOS por unha AUTOCONVOCATORIA publicitada pola Asociación veciñal O Rosario-Inferniño, dirixida a cidadanía, entidades sociais, políticas e culturais. Ante o anuncio de peche da Galería Sargadelos- Ferrol, as entidades e maioría social expresamos o noso rexeitamento polo signivficado que representa o legado de ISAAC DÍAZ PARDO, benquerido intelectual de nosa cultura galega e fundador do Laboratorio de Formas, Cerámica Sargadelos, Edicións do Castro, Seminario de Estudos Galegos..etc. Estendemos que dende esta Plataforma non debemos permitir que a súa obra cultural caia no esquecement...

Presentación de "Tres Balas", de Manuel López - Xoves 15 de decembro, 20h

Convidámosvos a asistir á presentación do libro "Tres Balas" , escrito por Manuel López , un bo amigo e colaborador de Fuco Buxán. A presentación terá lugar o xoves 15 de decembro , ás 20:00h na Galería Sargadelos de Ferrol . O propio autor describe no blog "Da escuma e mais do vento" así a súa obra: "O presente atrevimento narrativo tivo unha xestación pouco menos azarosa que as desventuras das súas personaxes. Iste texto data de hai xa algúns anos, e foi iniciado coa idea de contribuir con un relato aínda menos extenso que o presente nun proxecto editorial compartido que non se chegaría a materializar, de xeito que o texto inacabado ficou esquencido ata que o azar fixo que pasada unha boa tempada aparecese, xusto cando un andaba a procurar outra cousa nun deses minúsculos aparellos onde se gardan arquivos dixitais. Estaba, como dicía, inconcluso e foi cousa de lle engadir o derradeiro capítulo dos tres cos que conta, para lle poñer o debido punto ...

18 novembro, 19:30h, Sargadelos - Mesa redonda "Desmontando a LOMCE"

Temos o pracer de anunciar que a Área de Xuventude de Fuco Buxán organiza o vindeiro venres 18 de novembro , ás 19:30h , na Galería Sargadelos , unha mesa redonda baixo o título "Desmontando a LOMCE - proposta de un modelo educativo baseado na selección, segregación e desigualdade" , na que participarán Javier Sánchez -presidente da Federación Galega de ANPAs-, Jurjo Torres -Catedrático de Universidad de Didáctica y Organización Escolar na Faculdade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña-, e Francisco Fernandez -portavoz del Sindicato de Estudiantes de Ferrol-. *Imaxe do cartaz por cortesía de Antía DC -Fotografía- Non é unha nova lei o que a sociedade española demanda, senón políticas que melloren a educación, políticas que se pacten coa comunidade escolar, coas distintas forzas sociais e cos partidos políticos. Esta lei: Entende a educación como unha carreira de obstáculos salpicada de probas externas e reválidas que pecharán o paso a persoas...

Comunicado da "Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Municipalización" de Ferrol. Rolda de prensa mércores 8 de xuño, 12:00h en Sargadelos

Compartimos este comunicado que nos achegan dende a Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Municipalización de Ferrol Mediante este escrito queremos lembrarche a convocatoria da Rolda de Prensa deste Mércores 8 de Xuño , ás 12:00h do mediodía, na Galería Sargadelos de Ferrol , sobre o chamado Contrato Eléctrico no Concello de Ferrol . Na Rolda de Prensa fixaremos a posición sobre o mencionado "Contrato Eléctrico", presentaremos a Plataforma, o porque da súa constitución, os seus obxectivos e a folla de ruta que nos marcamos.  Dicir que en Ferrol, veciñas e veciños organizados no tecido asociativo da cidade, e mesmo en representación de entidades e colectivos da mesma, ante o cariz que está tomando o desenvolvemento da actividade política municipal, e as dubidas -ou mesmo renuncias- para levar adiante un programa minimamente transformador, e enfrontar-se ao poder político e económico que pretende impoñer un programa neoliberal que o pobo de Ferrol derro...

Martes 31 de maio, 19:30h, Sargadelos - Presentación da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas

Este martes 31 de maio , ás 19:30h , terá lugar na Galería Sargadelos de Ferrol un acto aberto de presentación da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas Constituída na actualidade por máis de 45 colectivos -entre eles, Fuco Buxán-  ten por obxectivo mobilizar á cidadanía galega na defensa dos dereitos das persoas refuxiadas, informar sobre a súa realidade e denunciar a política migratoria da UE. No acto, participará Alberto Ameneiros , veciño da nosa comarca, que relatará a súa experiencia nos campos de refuxiados dos que acaba de regresar. Pregamos máxima difusión deste acto, e a vosa participación. Máis información sobre a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas: Web:  http://www.rederefuxiadas.org/ Twitter:   @GalRefuxiadas

Campaña contra os voos de deportación do Foro Galego de Inmigración

Recibimos unha comunicación por parte do Foro Galego de Inmigración informando de que o vindeiro mércores 11 de maio , ás 19:00h , na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela terá lugar unha xornada informativa sobre a Campaña contra os voos de deportación que se está a iniciar a nivel estatal. Nos seguintes documentos apórtase máis información sobre esta campaña e os seus obxectivos: Explicación e obxectivos da campaña contra os voos de deportación Carta de invitación á xuntanza informativa do 11 de maio Dende aquí, pregamos máxima difusión desta información

Fermosa presentación do libro "O último día de Terranova"

 Na Galería Sargadelos de Ferrol enfeitizámonos coa literatura e co saber de Manuel Rivas na presentación do seu libro O último día de Terranova dentro do [Ciclo Democracia e Compromiso].

Presentación libro Manuel Rivas "O Último Día de Terranova" [Ciclo Democracia e Compromiso]

Prezado/a Amigo/a: Dende a xunta directiva da A.C. Fuco Buxán queremos convídalo/a a asistir ao vindeiro acto que a nosa asociación organiza dentro do Ciclo Democracia e Compromiso :  O Mércores día 24 de febreiro ás 20:00 horas na Galería Sargadelos presentación do novo libro de Manuel Rivas: "O Último Día de Terranova" A Asociación Cultural Fuco Buxán vén de celebrar varios actos dentro do ciclo Democracia e Compromiso que permitiron achegar diferentes informacións en ámbitos moi diversos e necesarios de poñer en coñecemento da sociedade ferrolá: Ciclo Democracia e Compromiso: Asociación Cultural Fuco Buxán iniciou o Ciclo que baixo o título xenérico DEMOCRACIA E COMPROMISO, pretende indagar nas claves e contribuír ao debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidamos e convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas.

Conferencia - Coloquio de Manolo Lago "Balance da Lexislatura. Milagre Económico?" [Ciclo Democracia e Compromiso]

A  Asociación Cultural FUCO BUXÁN convídate á Conferencia- Coloquio que leva por título BALANCE DA LEXISLATURA. MILAGRE ECONÓMICO? que será impartida por Manuel Lago (Vigo, 1956) , responsable do Gabinete Económico de CC.OO e Profesor da Universidade da Coruña. Do ano 2005 ó 2009 foi Director Financieiro da TVG. O gasto público (sanidade, educación, vivenda, servizos comunitarios...) tivo unha redución drástica en España ó tempo que se incrementaba a factura financieira. Este enorme tixeretazo -que afecta á capitalización e á competitividade do Estado- deprime a economía sen equilibrar as contas públicas nunha carreira sen fin cara ó deterioro imparable do noso feble “Estado del Bienestar”. Coa devandita Conferencia, a  A.C. Fuco Buxán continúa o Ciclo que baixo o título xenérico DEMOCRACIA E COMPROMISO , pretende contribuir ó debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión...

Conferencia "REFUXIADOS E INMIGRANTES" dentro do Ciclo [DEMOCRACIA E COMPROMISO]

A Asociación Cultural FUCO BUXÁN convídate á conferencia-coloquio que leva por título REFUXIADOS E INMIGRANTES e que será impartida por Nieves Santomé, Decana do Colexio de Avogados de Ferrol e Presidenta do Consello da Avogacía Galega . A Cumbre de LA VALETA dos Xefes de Estado europeos e africanos consumou a política de peche de fronteiras na Unión Europea, unha zona con medios e déficit poblacional nas mellores condicións para recibir inmigrantes que reclaman dereitos tan básicos como á vida ou ó asilo. Perdeuse unha nova oportunidade ó demostrar a nosa incapacidade para propoñer solucións á altura dun proxecto europeo que naceu iluminado polos principios democráticos i éticos ó servizo dun mundo caracterizado pola xustiza, a seguridade e a prosperidade para todos. No coloquio tentaremos indagar nas claves desta clara oportunidade que dende os mass media nos presentan como un grave problema. Coa devandita Conferencia, a A.C. Fuco Buxán continúa o ciclo que baix...

Publicación conmemorativa "20 anos de Razón Socialista"

A nosa A.C. Cultural Fuco Buxán presentará este venres 15 de maio, ás 19:30 horas o número conmemorativo dos 20 anos da súa publicación Razón Socialista , dentro da exposición que xa hai en curso e aberta ao público. A revista número 38 será presentada, polo tanto, na Galería Sargadelos de Ferrol. Participarán a nova presidenta da asociación: Mª Teresa Martínez, o novo director de Razón Socialista Manuel Cendán, así como o subdirector actual José Torregrosa e o seu editor Manuel F. López. Prégase asistencia e difusión da convocatoria.   A Xunta Directiva da A.C. Fuco Buxán.

"Razón Socialista, 20 anos"

Informamos que este martes 5 de maio, a Asociación Cultural Fuco Buxán , inaugurará ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos Ferrol, a exposición: “Razón Socialista, 20 anos” . Esta inauguración da exposición será o primeiro acto desta entidade tras a renovación e cambio de directiva, feito acontecido hai uns días atrás. A revista “Razón Socialista” editou o seu primeiro exemplar o 1 de maio de 1995, catro anos máis tarde nacía a Asociación Fuco Buxán. A exposición fai un percorrido polas portadas de diferentes números editados, así como doutros materiais aportados á propia exposición. A exposición vai desde o martes 5 ao martes 19 de maio. A exposición será inaugurada pola Presidenta Teresa Martínez, o director da revista Manuel Cendán, ambos os dous estarán acompañados, tamén, do directiva e artista local Víctor García Novás. A Asociación Cultural Fuco Buxán agradece á Galería Sargadelos a colaboración prestada. Agradecemos difusión da inauguración e asistencia. Prégase Di...

Presentación Nº37 de Razón Socialista

Este xoves 4 de Decembro, ás 20:00 horas na Galería Sargadelos de Ferrol, nova presentación do Nº37 da Revista RAZÓN SOCIALISTA, unha publicación semestral da A.C. Fuco Buxán. Intervirán: Fernando Ramos (Libreiro e colaborador na Revista). Manuel Cendán (Subdirector de Razón Socialista) José Torregrosa (director de Razón Socialista) Entrada de balde!

Presentación do libro " Camiños de Escuma e Vento" de Manuel López.

A nosa asociación prácese en anunciar a presentación do libro de Manuel López "Camiños de Escuma e Vento" , que terá lugar o xoves día 16 de xaneiro de 2014 na Galería Sargadelos de Ferrol ás 20:00 horas .  Intervirán:  José Torregrosa   (Directivo da A.C. Fuco Buxán) Manuel López   (Autor) Rafael Pillado  (Vicepresidente da A.C. Fuco Buxán) Estades todas/os convidadas/os!

Prensentación do Nº33 da nosa revista Razón Socialista

  A A. C. Fuco Buxán, prácese en anunciar, que xa está aquí, que xa chegou, xa se lle espera, e se convida a toda a cidadanía a asistir á presentación do número trinta e tres (33) da nosa revista de publicación semestral “Razón Socialista” , subtitulada: “ P ola rexeneración da esquerda” . O vindeiro luns 17 de Decembro 2012, ás 20:00 Horas na Galería Sargadelos de Ferrol Intervirán: Xosé Mª Gómez Fandiño,  Periodista José M. Torregrosa Rodríguez,  Director da Revista Rafael Pillado Lista,  Vicepresidente de Fuco Buxán