LOLA FERREIRO DÍAZ 27/09/22 7:47 Case sempre que se emprega a palabra pecado fóra do seu significado relixioso, faise en referencia a unha acción incorrecta ou desacertada, pero con matices leves e non vinculados coa culpa. Isto deixaría fóra da ecuación a todas as persoas agnósticas e desde logo ateas, que non asumimos os preceptos da igrexa e, xa que logo, que a súa transgresión sexa un pecado. Probabelmente sería así se non fose porque a relixión católica, antes cristiá, antes hebrea e sempre monoteísta, configurou un sistema de valores que secularmente impuxo baixo promesas de gloria eterna, baixo ameazas de condenación eterna, ou mesmo pola forza bruta. Estes valores inzaron a cultura, que inflúe en todas e cada unha das persoas que pertencemos a ela. Concordando coas achegas do Carl Jung, hai un inconsciente colectivo cuxos contidos están organizados en arquetipos. Un arquetipo é un modelo (por exemplo, o arquetipo muller) que reúne todos os trazos que debemos ter as mulleres
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."