Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Campus Esteiro

I Xornadas de Saúde no Adulto Maior. “Por unha vida máis saudable”

Estimado Sr./Sra. En calidade de responsable do Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña, a Universidade Sénior, poñome en contacto con Vde., con motivo da celebración das I Xornadas de Saúde no Adulto Maior. “Por unha vida máis saudable”, que estamos a organizar para os vindeiros 20 e 27 de abril, 4,11 e 25 de mayo de 2017, no campus de Esteiro en Ferrol. Entendendo que, o envellecemento activo, segundo a OMS (Organización Mundial da Saúde) é o proceso no que se optimizan as oportunidades de saúde, participación e seguridade a fin de mellorar a calidade de vida personas maiores. Somos conscientes, de que o envellecemento acelerado da poboación e o aumento da esperanza de vida son un reto da nosa sociedade. Para conquerir un envellecemento activo e saudable é preciso potenciar o desenvolvemento de hábitos de vida saudable, físicos e mentais. Dende a Universidade Sénior , o programa para maiores da UDC, entendemos que, dende o eido da formación qu...

OCV UDC - Curso "Didáctica e práctica na acción voluntaria con menores en contexto intercultural" o 4 de febreiro

Compartimos a convocatoria da Oficina de Cooperacion e Voluntariado da Universidade da Coruña para realizar un curso o vindeiro 4 de febreiro. O prazo de preinscripción remata o día 1 de febreiro: DIDÁCTICA E PRÁCTICA NA ACCIÓN VOLUNTARIA CON MENORES EN CONTEXTO INTERCULTURAL Campus : Ferrol Lugar : Edificio de apoio ao estudo (aula -1.2) do campus de Esteiro Data : 4 de febreiro Horario : De 10.00-14.30 h e de 16.00-20.30 h Curso teórico-práctico, principalmente dirixido ao voluntariado que participa en proxectos de apoio escolar a menores de orixe inmigrante, minorías étnicas ou en especial situación de vulnerabilidade. O curso é gratuito para o voluntariado en activo da OCV ou doutras entidades cando así o acrediten (carné, acordo de compromiso, certificado). Ten un custo de 15 € para o resto. Docente : Teresa Delgado López. Educadora Social. Mediadora Intercultural. Mediadora Penal, Civil e Mercantil. O prazo de preinscrición remata o día 1 de febreiro. Prazas limitadas...

OCV - Actividades do mes de decembro

Dende a Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV), infórmannos sobre as seguintes actividades abertas a toda a comunidade universitaria, que se desenvolverán no campus de Esteiro durante o mes de decembro: OBRADOIRO DE MACETAS E PRODUTOS DE LIMPEZA ECOLÓXICOS (13 de decembro) O voluntariado do proxecto de Educación ao Desenvolvemento e Sensibilización da OCV, levará a cabo un obradoiro práctico de macetas (recibiredes información de como coidar as vosas prantas sen produtos químicos!) e tamén de produtos de limpeza ecolóxicos, o martes 13 de decembro ás 11.30 h no hall do Centro Cultural Universitario do Campus de Esteiro . EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS COLECTIVA "VIDAS REFLEXADAS" (decembro 2016-xaneiro 2017) A partir do mércores 14 de decembro , poderá visitarse no primeiro andar do Centrol Cultural Universitario a exposición colectiva VIDAS REFLEXADAS, sobre as viaxes de voluntariado en cooperación a paises do sur de dous PDI e un estudante da UDC. A exposi...

Campus Esteiro - Xoves 20 outubro, 18h : presentación do libro "La beneficencia, la filantropía y la caridad", de Concepción Arenal

O vindeiro xoves 20 de outubro ás 18:00 h . terá lugar no Salón de Actos do Campus Universitario (Esteiro) a presentación do libro: "La beneficencia, la filantropía y la caridad" ,  de Concepción Arenal 

Universidade Sénior do Campus de Ferrol; prazas libres e ampliación do prazo de matrícula

Divulgamos o seguinte comunicado que nos chega dende a Universidade Sénior do Campus de Ferrol: Coincidiendo con el proceso de matrícula para el curso académico 2016-2017, la Universidad Sénior con su sede en el campus de Ferrol informa que, por no haberse cubierto la totalidad de las plazas ofertadas, se amplía el plazo de matrícula para los alumnos que quieran comenzar su programa de estudios universitarios. Consiste en estudios destinados a mayores de 50 años que ha concluido su vida laboral y demanda un nuevo tipo de formación actualizada y adecuada a sus inquietudes formativas e intereses culturales. No se exige ningún requisito académico, pueden acceder tanto personas con estudios primarios como con estudios universitarios. El programa de estudios universitarios, consta de un plan docente distribuido en cuatro cursos académicos, con tres materias (dos obligatorias y una optativa) por curso pertenecientes a todas las ramas del saber. Cada una de las materias ocupa una hora le...

OCV: Charla-coloquio sobre Economía e Decrecemento en Esteiro - 23/05/2016

Dende a Oficina de Cooperación e Voluntariado , convídannos a asistir o vindeiro luns 23 de maio ás 12.00h no salón de actos do campus de Esteiro á charla-coloquio a cargo do profesor de econonomía da Universidade CEU Cardenal Herrera de Valencia, Enrique LLuch Frechina ( https://enriquelluchfrechina.wordpress.com/ ): "MÁIS ALÁ DO CRECEMENTO E DO DECREMENTO: CARA ONDE ORIENTAR A ECONOMÍA?" A charla-coloquio estará aberta a toda a comunidade universitaria e ao público interesado en coñecer outras alternativas ao modelo económico actual, e propostas prácticas para mudar os nosos hábitos de consumo.

"Mulleres que escriben, mulleres de cine" na Casa do Patín

A Biblioteca Casa do Patín convídanos aos "3º Encontros na Terceira Planta – Patín de Cine e Lectura" que nesta ocasión levan por título: "Mulleres que escriben, mulleres de cine" . Fixeron unha selección de películas máis ou menos biográficas relacionadas con estas mulleres escritoras que no seu tempo foron rompedoras co tempo que lles tocou vivir. O Martes 26, ás 18:00 h , falarán da vida e obras das seguintes autoras e das películas inspiradas nas súas vidas: Jane Austen (película "La joven Jane Austen") Virginia Woolf (película "Las horas") Concepción Arenal (película "La visitadora de cárceles) O Mércores 27, ás 18:00 h , será o turno de : Beatrix Potter (película "Miss Potter") Karen Blixen ou Isak Dinesen (película "Memorias de África") Clara Campoamor (película "Clara Campoamor, la mujer olvidada") A actividade terá lugar na sala de estudo da terceira planta da Casa do Patín. A asiste...

Curso Básico de Voluntariado [Campus de Esteiro]

Informamos que está aberto o prazo de inscrición para o Curso Básico de Voluntariado (16 h), que terá lugar Campus de Esteiro  os días 18 e 19 de marzo . O curso é gratuíto,  tanto para o voluntariado da OCV como para o doutras entidades se así o acreditan (ten un custo de 15 euros para o resto) O curso está organizado en 8 módulos que tratan das cuestións esenciais que debe coñecer toda persoa que se inicia no voluntariado, ou en calquera outra iniciativa de participación social. Tamén é interesante e útil para as relacións interpersoais, en xeral, pois entre os seus contidos están o traballo en grupo, as habilidades sociais, a asertividad, etc. Toda a información e acceso ao formulario de inscrición está na seguinte ligazón: http://www.udc.es/ocv/actualidade/2016/Curso_basico_Ferrol_2016.html?language=é

Proxección do documental "FÍOS FÓRA"

Informarvos que o vindeiro luns 22 de febreiro ás 12.00 h , realizarase a proxección do documental FÍOS FÓRA no salón de actos do campus de Esteiro , organizada en conxunto coas súas autoras Illa Bufarda e da ONG Amarante Setem. O documental trata sobre as mulleres traballadoras do sector téxtil, aquí e alá, que foron a man de obra perfecta para erixir unha industria xigante, na actualidade deslocalizada. Non volo perdades!. Entrada libre.   Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema. Un documental con historias de obreiras entre costuras e patróns. Realizado por Illa Bufarda para Amarante Setem.     ...