Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2013

Hoxe de 19:00 a 20:00 horas no 93.9 FM da Ràdio FilispiM: "O Recuncho nº 161"

  Mércores, 30 de outubro de 2013, de 19,00 a 20,00 horas no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet:   http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 horas e Xoves de 2 a 3 madrugada. “O Recuncho” nº 161, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitados:   Enrique Barrera Beitia   Manuel A. Rodríguez Carballeira, (Directivos de Fuco Buxán) Falarán da Recuperación da Memoria Histórica. Na “Sección Poética”  de Lorena Calaza:  Ramiro Fonte Os libros de Víctor G. Novás Novas e comunicados ,  por Fernando Ocampo. Música. Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com Email: fucobuxan@gmail.com – teléfonoº directo: 981371040

Folga contra a LOMCE.

A Asociación Cultural Fuco Buxán e a súa Área de Ensino, súmanse a Semana de Loita en defensa dun Ensino Público, universal e de calidade, fronte aos recortes, os taxazos, e as reformas do Goberno do Partido Popular. Apoiamos a Folga Xeral e convidamos a toda a cidadanía a participar nas Manifestacións convocadas: Mércores, 23 de Outubro. Manifestacións estudiantís. Ás 12 horas. Fronte ao Edificio da Xunta. Praza de España. Xoves, 24 de Outubro. Manifestación de estudantes, profesores, pais e nais. Ás 11,30 horas. Partindo da Praza de España. Todos/as ás Manifestacións ! A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama a secundar a folga contra a LOMCE e as mobilizacións previstas para mañá 24 de outubro ás 11:30 horas Representantes da Plataforma Galega en Defensa de Ensino Público fixeron este mércores 23 de outubro un chamamento a que o profesorado, o alumando e o e as familias secunden de xeito masivo a folga contra a LOMCE convocada para mañ

Semana de Loita contra as Fronteiras do Foro Galego de Inmigración.

O Foro Galego da Inmigración organizou xunto a colectivos sociais unha Semana de Loita contra as Fronteiras do 21 ao 25 de outubro, en distintas cidades de Galicia. Pasado un ano da entrada en vigor do Real Decreto 16/2012, que retira o dereito á asistencia sanitaria ás persoas migrantes en situación irregular, quere denunciar a trama de fronteiras que a política de estranxeiría española impón ás persoas migrantes. Entre as actividades que compoñen esta semana de loita, están as presentacións do libro en Vigo, Ourense e Coruña, coloquios en Compostela e Ferrol baixo o título "Fronteiras. Diferentes dispositivos, mesma función. Políticas migratorias e exclusión de dereitos", nos que participará Eduardo Romero e activistas polo dereito á saúde universal. Eduardo Romero é integrante do colectivo asturiano Cambalache, autor de diferentes textos sobre políticas migratorias e co-autor do libro "¿Qué hacemos con las fronteras?". A semana completarase cunha

Hoxe, "O Recuncho nº 160" no 93.9 FM de RàdioFilispiM

Mércores, 23 de outubro de 2013, de 19,00 a 20,00 Horas no 93.9 FM de Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet:  http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 horas e Xoves de 2 a 3 madrugada. “O Recuncho” nº 160 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitado:   Chelo Carballal, psicóloga e,  compañeira directiva da A.C. Fuco Buxán.  Para falar de “Viaxe a África”. O “Espertar da Razón”   de José Torregrosa:  ”Consejos de Guerra  contra el Clero Vasco.” A “Sección Poética”    de Lorena Calaza: Os libros ,  espazo de Víctor G. Novás Novas e comunicados ,  por Fernando Ocampo. Música:   Soledad Bravo. Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com E-mail: fucobuxan@gmail.com – Teléfono directo: 981371040

Hoxe venres a Rádio FilispiM vai ao Ateneo Ferrolán! Ao Vivo!

Dende o Ateneo Ferrolan montarán un "pequeno ambigú" onde poderemos mollar as gorxas mentres escoitamos e vivimos en directo esta fascinante experiencia, xunto a Rubén Artabe e @s compañeir@s filispinian@s ... así que, non deixedes de vir a esta "Sesión de tarde de venres" no Ateneo. Nota de prensa do Colectivo Opaíí!! – Rádio FilispiM, 93.9 FM. Este venres é moi probábel que chova en Ferrol, subirán as temperaturas mínimas e baixarán as máximas e o vento soprará do sul moderado, mais é unha previsión. O que si é seguro é que “Rádio FilispiM vai … ao Ateneo Ferrolán”. O Colectivo Opaíí! mobilizará este venres 18 de outubro as súas hostes para oferecer a partir das 20:00 h. dende o salón de actos do Ateneo un programa especial de dúas horas que abre un novo ciclo, o “FilispiM vai…”. Neste programa especial terán voz os protagonistas da senlleira entidade ferrolá. Falarese do pasado, presente e futuro do Ateneo, dos cursos e actividades que se están a le

Prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 156 "Iberica Knutsen"

Prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 156 "Iberica Knutsen" o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca CONCENTRACIÓN Sábado 19 de Outubro, ás 19:00 horas na Praza Amada Garcia – Ferrol. Características do buque: Nome.- Iberica Knutsen. Bandeira.-Noruega, Eslora.- 277 m. Manga.- 43.44 m, Calado.- 12.10 m. Capacidade.- 138.000 m³ de GNL. PLANTA DE GAS: PECHE XA !

Obstáculos do Grupo Popular ao informe do Parlamento Europeo.

Hoxe, (Documento anexo), a eurodiputada do Grupo Os Verdes, Tatjana Zdanoca, que, o pasado febreiro, formou parte da Delegación de Parlamentarios que visitaron a nosa Ria, manifesta que o caso de Reganosa é un caso de corrupción, e que en torno a súa ubicación puido haber irregularidades. Hai que saber que o Grupo Popular está obstaculizando que no informe final do Parlamento Europeo se recolla a realidade do que acontece na Ria de Ferrol e en particular a ameaza de Reganosa e os efectos perniciosos sobre a Ría: https://docs.google.com/file/d/0B5Gwc-gBZgsuajhHSGFIeXJKQnM/edit?usp=sharing Engádese tamén COMUNICADO do CCE dando resposta a unhas declaracións do Presidente de Reganosa: Resposta do CCE ao Pte. Reganosa 1º A Planta de Reganosa dende a entrada en funcionamento no 2007, nunca superou o 40% da súa capacidade de produción, a pesares diso os promotores de Reganosa e a Xunta do Sr, Feijoo viñeron reclamando nestes últimos anos a necesidade de case triplicar a c

I Xornadas en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol. (Correción)

CONVITE Desde a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol queremos CONVIDARLLE a asistir ás I Xornadas en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol que se celebrarán o venres 18 e sábado 19 de Outubro, no Salón de Actos de Fundación NovaCaixaGalicia na Praza da Constitución de Ferrol. Durante esas xornadas expertos sanitarios e representantes dos catro Grupos Parlamentarios de Galicia debaterán, en catro mesas coloquio, sobre a situación actual na que se atopa a Sanidade Pública Galega. Estariamos moi honrados coa súa presenza.( Prégase confirmar asistencia) Asdo/ Xosé Miguel López Pérez, coordinador das Xornadas. Convite ás I Xornadas en Defensa da Sanidade Pública ( Corrección )  

Mesa redonda: "A muller ante a nova situación legal".

Acto organizado pola Área da Muller da A.C. Fuco Buxán no Ateneo Ferrolán, o xoves 17 ás 20:00 Horas , cuxo lema do acto é “A Muller ante a nova situación Legal” . Infómase tamén do II Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas Xa está aberto o prazo a este II Premio que organiza a Asociación coa colaboración da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. Podes consultar as bases .

Folga de Fame por un sistema real e efectivo que protexa ás mulleres e nen@s da violencia machista.

Esta madrugada un grupo de mulleres comezará unha folga de fame para denunciar a falta de apoio e recursos, por parte das administracións, ás mulleres e nen@s vítimas de violencia machista. Estas mulleres, pertencentes á asociación Ve-la Luz , saben de primeira man, o impacto que están a ter na vida das mulleres os recortes que eliminaron o chamado "salario da liberdade", o peche dos CIM, a falta de recursos para seguir adiante con programas específicos de axuda ás vítimas de violencia machista ... Saben-no ben. E así nolo ensinaron estes días que compartimos con elas a loita contra o desafiuzamento en Cabanas, onde a violencia machista provocou a máxima indefensión de Sandra Menéndez a quen o seu presunto agresor pretende mesmo que perda a súa vivenda. Agora é o momento de mostrar a nosa solidariedade coa loita da Asociación Ve-la Luz. Coa loita e resistencia das mulleres contra a violencia machista, que reclaman ás administracións, recursos, protección, xustiza...

I Xornadas en Defensa da Sanidade Pública. Ferrol, días 18 e 19 de outubro.

Venres día 18 Ás 17:30 horas. Mesa Debate: A Contrarreforma Sanitaria . Recortes/Repagos/ Privatizacións o RD Lei 16/2012 e a Lei de Garantías Sanitarias. Ponentes:Dr. Pablo Vaamonde García e Dr.Manuel Martín García. Ás 19 horas. Mesa Debate: A Atención Primaria: a prioridade necesaria e o Gasto Farmacéutico . Ponentes: Dr.Jesús Sueiro Justel e  Dr.Bernardino Pardo Teijeiro. Sábado 19 Ás 11 horas Mesa Debate: A Relación Público/Privada ( Incompatibilidades, Concertos, Listas de Espera, Xestión ). Ponentes:Dra. Mª Luísa Lores Aguín e Dr. Carlos Piñeiro Díaz. Ás 12:30 H Mesa Redonda: Pacto político pola Sanidade Pública, Universal e Gratuíta . Ponentes: Grupos parlametarios de PP, PSOE, AGE e BNG. Descarga aquí o díptico das xornadas Pablo Vaamonde García:  Médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente d

Rolda de Prensa en Ferrol da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública.

A Asociación Cultural Fuco Buxán , integrada na Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrolterra , convida aos seus socios/as amigas e amigos a participar nesta Rolda de Prensa acompañando aos portavoces da Plataforma. Difundimos o comunicado da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrolterra : Estimad@s compañeir@s.- A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol , integrada en SOS Sanidade Pública, CONVOCAMOS unha Rolda de Prensa que se celebrará na Galería Sargadelos de Ferrol o vindeiro Martes día 15 de outubro ás 12:30 para presentar as I Xornadas en Defensa da Sanidade Pública que se celebrarán o 18 e 19 de outubro na Fundación NovaCaixaGalicia de Ferrol. Pedimos a vosa asistencia a esta Rolda de Prensa co fin de dar cobertura e informar aos medios da importancia destas Xornadas da Sanidade Pública e analizar as verdadeiras intencións dos gobernos do Partido Popular de privatizar a Sanidade Pública. Saúdos Comisión Permane

Semana de Loita contra as Fronteiras

O Foro Galego da Inmigración organiza xunto a colectivos sociais unha Semana de Loita contra as Fronteiras do 21 ao 25 de outubro. Pasado un ano da entrada en vigor do Real Decreto 16/2012, que retira o dereito á asistencia sanitaria ás persoas inmigrantes en situación irregular, o Foro Galego da Inmigración quere denunciar a trama de fronteiras que a política de estranxeiría española impón ás persoas inmigrantes. Entendemos as fronteiras de forma ampla, abarcando desde os pasos fronteirizos exteriores até toda unha profusión de prácticas institucionais e policiais que, moitas veces de forma menos perceptible, instauran barreiras entre as persoas que habitamos un territorio en función da procedencia, trazos étnicos ou outros signos identitarios. Desde os colectivos organizadores, sostemos que o acceso diferencial ao sistema de dereitos, como é o caso do fundamental dereito á saúde, representa un elemento máis do armazón de fronteiras interiores arquitectado polo poder est

Falecemento de Paco Balón

A Asociación Cultural Fuco Buxán lamenta o falecemento do compañeiro Francisco González Vidal “Paco Balón”, co-fundador do PCG e das Comisións Obreiras que xogou un papel importante na loita clandestina contra a ditadura e polos dereitos democráticos, e que nos deixa un valioso exemplo de compromiso e de dignidade para seguir traballando en prol da consecución desa sociedade socialista á que aspiramos na que se consolide a democracia, a liberdade e os dereitos básicos de toda a cidadanía. Para a súa familia, compañeiras e compañeiros, a nosa solidariedade. Paco Balón: A loita continúa ! Nova no Diario de Ferrol

Mércores 9, de 19:00 a 20:00 horas no 93.9 FM de RàdioFilispiM, "O Recuncho nº 158"

A partires desta semana O Recuncho varía o seu horario e a súa data de emisión pasa a ser: todos os Mércores de 19:00 a 20:00 horas. Desculpade e, moitas grazas pola vosa atención. Este mércores, 9 de outubro de 2013, de 19,00 a 20,00 horas, no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet:  http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 horas e Xoves de 2 a 3 madrugada. “O Recuncho” nº158 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitadas:   Unha representación da Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra , que falarán sobre as Xornadas “Feminismo en obras” celebradas a pasada semana. O “Espertar da Razón”   de José Torregrosa:  ”El jinete polaco ” Na “Sección Poética”  de Lorena Calaza: Álvaro Mutis. Os libros recomendados ,  espazo de Víctor G. Novás. Novas e comunicados ,  por Fernando Ocampo. Música:    Mulleres que cantan en portugués. Todos os programas

Xornada Temática sobre Inmigración en Ferrol

A área de Inmigración da A.C. Fuco Buxán e o Ateneo Ferrolán teñen o pracer de convidar á cidadanía a unha Xornada Temática sobre Inmigración que se celebrará o vindeiro día 25 de outubro, ás 20:00 horas, no Ateneo Ferrolán da rúa Magdalena Nº 202 en Ferrol.  Coa presenza de Eduardo Romero (Asturias), Carlos Piñeiro (Médico Ferrol) e, Mª Teresa Bustamante (Avogada) . O Acto será presentado por Susana Alaniz (Responsable da área de Inmigración e directiva da A.C. Fuco Buxán) . Proxectarase un documental titulado: "Un Viaje al Edén" Acudide! Prégase difusión. 

A sentenza contra a Planta de Xixón e o caso Reganosa

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid ditou sentenza considerando ilegal a regasificadora do Musel (Xixón), aceptando un recurso presentado en 2008 por EQUO-Os Verdes de Asturias, contra a resolución do Ministerio de Industria que autorizaba a súa construción. A decisión xudicial baséase no feito de que a instalación non respecta a legalidade ao estar construída a menos de dous quilómetros de núcleos habitados, incumprindo o estipulado no Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas (RAMINP). A Planta regasificadora, xa finalizada, non foi conectada á rede por decisión do Goberno central, que o considerou innecesario, dado que non ten demanda de subministración e que as máis próximas, Bilbao e Reganosa están a funcionar moi por baixo da súa capacidade, non obstante Enagás, "está a cobrar" a amortización por "retorno do investimento" que se carga á factura dos usuarios" da rede de distribución de gas. O Comité Cidadán de Em

Semana de Acción Global contra a Débeda en España

Do 8 ao 15 de outubro celébrase a Semana de Acción Global contra a Débeda e as Institucións Financeiras Internacionais que reivindica a xustiza económica e social ante a ditadura da débeda e a austeridade. Activistas de todo o Estado español avanzan no proceso de Auditoría Ciudadana da Débeda e mostran o seu rexeitamento a deudocracia e o austericidio. A Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda -PACD- únese á mobilización internacional da Semana de Acción Global contra a Débeda e as Institucións Financeiras Internacionais, do 8 ao 15 de Outubro, para denunciar a ilexitimidade da débeda e as medidas de austeridade. Presentásense ademais os primeiros froitos do proceso de Auditoría Ciudadana a través de diversas publicacións e actos públicos. Levaranse a cabo numerosas actividades en varios puntos do territorio español para denunciar a ilexitimidade da débeda e os recortes. A semana ten como obxectivo denunciar a ilexitimidade da débeda e as medidas de austeridade. Presentásen

"POR UNHA GALIZA SEN LUMES, POR UN RURAL CON FUTURO"

"POR UNHA GALIZA SEN LUMES, POR UN RURAL CON FUTURO" MANIFESTACIÓN NACIONAL DOMINGO, 6 DE OUTUBRO ÁS 12 DO MEDIODÍA DESDE A ALAMEDA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA A sociedade galega alza a voz novamente contra a barbarie dos incendios e contra a política rural e medio ambiental que leva ao progresivo desmantelamento do noso medio tradicional e ao consecuente abandono da terra que cada ano acaba pasto dos lumes e da especulación. BASTA XA de deixar o monte galego ao abandono, pasto do lume, ao desleixo e á especulación, pois o rural pode e ten que ter futuro, un futuro que se a Xunta non está disposta a liderar, e prefire seguir sen investir un só euro e sen adoptar unha soa medida concreta para recuperar o monte e atallar o problema de escorrentías que se aveciña, debe apartarse definitivamente do camiño e deixar que sexa a comunidade local coa axuda de voluntariado a que tome a iniciativa. Dende ADEGA apoiamos esta iniciativa e convocamos a socias/os e si

EMERXENCIA: LANZAMENTO DUNHA VIVENDA EN CABANAS

Concentración e apoio a Sandra, o Luns, 7 de Outubro, ás 10 da mañá fronte ao Areal da Praia de Cabanas, urbanización Los Llanos, nº3. Compañeiras e Compañeiros: Onte pasaron-nos unha notificación de que se ía producir un lanzamento de vivenda en Cabanas, Urbanización Los Llanos nº3 (Na zona da Praia das Cabazas). Nós xa coñeciamos algo sobre este asunto, no que tivera que intervir o Valedor do Pobo, para que a esta muller a quixeran empadroar no Concello de Cabanas, pois o Secretario negaba-se. Mais o asunto non volveu saltar á luz até onte, onde a exposición da situación durou sobre seis horas, coa presencia da nosa avogada, un concelleiro de Cabanas e nós. O asunto non é só o lanzamento da vivenda. Este desafiuzamento é consecuencia dunha situación de VIOLENCIA MACHISTA, a cal confirmamos a través da asociación Ve-la Luz. Sandra, que é así como se chama a persoa que van desafiuzar da súa casa, ten unha sentenza de divorcio logo de máis dun ano de espera, onde ten a

Conferencia do Sindicato Comarcal de Pensionistas e Xubilados sobre o Sistema de Pensións

Organizado polo Sindicato Comarcal de Pensionistas e Xubilados de CCOO Ferrol e aberto a toda a cidadanía no C.C. Carvalho Calero do Inferniño en Ferrol, o vindeiro martes 8 de outubro, ás 17,30 horas, Conferencia-Coloquio sobre o Sistema Público de Pensións .   CCOO y UGT denuncian en el Congreso los recortes de las pensiones "Vamos a seguir peleando por los derechos de los pensionistas y jubilados y por el bienestar social, contra los recortes de las pensiones" CCOO y UGT denuncian en el Congreso los recortes de las pensiones El secretario general de la Federación de Pensionistas y Jubilados de CCOO, Julián Gutiérrez, ha denunciado que los jubilados perderán de un 15% al 25 % de poder adquisitivo con la nueva fórmula para revalorizar las pensiones. Igualmente ha declarado que en España se dedican 3 puntos menos del PIB a pensiones que la media de la Unión Europea después de que delegaciones