Como xa viñamos anunciando dende hai semanas, este venres 13 de maio terá lugar unha mesa redonda na que se lembrará a personalidade artística e cultural, a súa ligazón sociopolítica e os vínculos literarios de Xaime Quessada . Sen embargo, é preciso aclarar que, tal e como se indicaba na rolda de prensa deste martes 10 de maio no Concello de Ferrol , o plantexamento desta xornada presenta varias modificacións: Ás 18:30h terá lugar no Auditorio de Ferrol unha visita guiada ós dous murais de Quessada expostos neste edificio. Posteriormente, ás 20:00h , no Centro Torrente Ballester terá lugar o acto titulado "Lembrando a Quessada" , no que intervirán Vicente Álvarez Areces , expresidente do Principado de Asturias, quen lembrará o compromiso político e social de Quessada no contexto da cidade; Darío Villanueva , director da Real Academia Española, e José Gómez Alén , experto na figura do artista plástico Agardamos poder contar coa vosa presenza neste acto.
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."