Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Manifestos

Novas da Plataforma Salvar Cultura Sargadelos - Encontro con En Marea e manifesto

A Plataforma Salvar Cultura Sargadelos fainos chegar a seguinte nota na que informan dun encontro mantido con En Marea: Encontro plataforma - En Marea. A Plataforma Salvar- Cultura Sargadelos mantivo un encontro co voceiro parlamentar de En Marea, Luis Villares e a Deputada Luca Chao xunto e alcalde de Ferrol para facerlle entrega de documentación referente as nosas demandas de constituir unha Fundación que preserve, protexa e difunda a Cultura Sargadelos e Isaac Díaz Pardo como unha parte transcendental, histórica e cultural de Galicia. - Os voceir@s de En Marea amosaron o seu interese positivo nestas reivindicacións e comprometéronse coa Plataforma en achegar estas demandas ao Parlamento de Galicia co fin de posibilitar unha acción UNÁNIME de todas as forzas políticas e a consecución dunha Fundación Cultural nesta empresa privada cunha intervención PÚBLICA. - Esta Plataforma vai continuar coas xestións para defender a cultura galega de Sargadelos e o seu refundador Isaac Díaz...

Manifestación contra a lei de Acuicultura

Convocadas todas as plataformas das rías para manter unha reunión co obxecto de posicionarse conxuntamente en contra do Anteproxecto de Lei de acuicultura de Galicia e apoiar a manifestación convocada polos sectores produtivos para o vindeiro sábado, 27 de febreiro en Compostela . Sería desexábel acordar uns argumentos comúns polos que rexeitamos o Anteproxecto e solicitamos a súa retirada. Algunhas ideas, como proposta mellorábel: É unha Lei de filosofía neo-liberal, pensada para privatizar o mar, sen nengún tipo de restricións. Está pensada para a industria acuícola -peixes- e posiblemente negociada con eles. Elaborouse de costas aos sectores produtivos, grupos ecoloxistas, científic@s, etcétera. O marco normativo pretende que compitan os sectores tradicionais coas multinacionais en base a criterios extrictamente económico-financieiros e tecnolóxicos, que son os criterios que explicita a Lei para outorgar unha concesión. Elimínase a necesidade dun informe previo de...

VIII ASEMBLEA GALEGA DE INMIGRACIÓN E EMIGRACIÓN DE RETORNO

Día: D omingo 2 de Junio de 2012 LUGAR: Casa da Xuventude de Ribeira. Programa: 9:45h-10:15: Acollida e Recepción das persoa participantes. 10:15h: Presentación da Asemblea. As anfitrionas ofrecerán un té con magdalena, que servirá tamén para distribuír os grupos de traballo. 10:30h: Dinámica inicial. Saúdos plurilingües. Presentación de todas as persoas participantes. 11:00h: Traballo por grupos: dereito á alimentación; dereito á saude; dereito a un traballo digno; dereito a vivir sin acoso policial. 13:30/13:45h: Xantar de confraternización. 15: 30h: Plenario, posta en común do traballo dos grupos. 17:00h: Preparación e Marcha polas rúas da cidade cara á Praza do Concello. 17:30h: Acto Público, con actividades, algunha actuación musical e lectura do Manifesto da Asemblea. 18:30h.: Fin do Acto Público e Regreso cara á Casa da Xuventude. 19:00h: Remate da Asemblea. Haberá servizo de gardería, se fora preciso. DESCARGA EL MANIFIESTO 2013 Asamb...

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, A Sanidade Pública non se vende: ¡ Se defende !

 A cidadanía mobilizouse hoxe, convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, contra os recortes, as privatizacións e o repago.  A Sanidade Pública non se vende  ¡ Se defende ! ÁLBUM FOTOGRÁFICO MANIFESTO  Mobilización Comarcal en Ferrol 03/03/2013. Bos días veciñas e veciños de Ferrolterra. Recibide un saúdo da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol. Hoxe defendendo á Sanidade Pública como tamén estivemos o pasado domingo defendendo aos estaleiros públicos. A sanidade pública é unha conquista da cidadanía, non foi un regalo de ninguén, e cos defectos que haxa que corrixir (un deles as excesivas listas de espera) é comparable a calquera sanidade pública do mundo. O dereito á protección á saúde se recolle nos artigos 41 e 43 da Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia, no seu artigo 33. Estes dereitos están ameazados pola falla de recursos co que o goberno da Xunta atenaza ao Servizo Galego de Saúde, c...

Stop Desafiuzamentos en Ferrolterra

 Información da Manifestación convocada por Stop Desafiuzamentos, da Rede de Apoio Mutuo Ferrolterra . Álbum fotográfico. Web de STOP Desafiuzamentos Diario de Ferrol Web Fuco   Comunicado leido ao final da manifestación : Ola, a todas e todos! Permitir-me darvos a benvida a esta manifestación de protesta, denuncia e reivindicación, no nome de S top-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra. Hoxe non só nos mobilizamos en Ferrol, tamén o están facendo noutras cidades da Galiza: en Vigo, na Coruña, en Compostela, en Ourense, en Lugo, ... e en máis de cincuenta cidades e vilas, do resto do Estado, e nalgunhas cidades do resto de Europa. Son varios centos de miles de persoas as que hoxe saen á rúa para apoiar a xusta e heroica loita das persoas que conforman as plataformas de afectadas e afectados pola hipoteca. Protestando con Stop-Desafiuzamentos, contra as execucións hipotecarias de persoas sen recursos, empobrecidas...

Mobilización da marea blanca en Narón o vindeiro domingo 17F

 A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, facéndonos eco da mobilización chamada " Marea Blanca " que se celebra o domingo día 17 de Febreiro en todo o Estado Español, e que en Galicia conta co apoio de SOS Sanidade Pública , en Defensa da Sanidade Pública , contra as privatizacións, os recortes e o repago. CHAMAMOS a toda a cidadanía a participar na concentración convocada polo Concello de Narón para o domingo día 17 de febreiro ás 12 h na Praza de Galicia . Pola Defensa dunha Sanidade Pública, Gratuíta e Universal, para todos por igual Pola construción dos Centros de Saúde comprometidos: Narón, Ares, A Capela e Cedeira, así como a ampliación do Fontenla Maristany e a reapertura do Consultorio da Graña. Derogación do decreto do transporte sanitario. Derogación do decreto que deixa sen asistencia sanitaria aos inmigrantes en situación irregular. Modificación orzamentaria precisa para dotar ao Hospital Naval das...

23 F, Marea Cidadá Contra o Golpe dos Mercados

A Asociación Cultural Fuco Buxán, quere informar da convocatoria da Marea Cidadá para o 23F, por considerar, que o seu manifesto reflicte na súa totalidade as necesidades vitais que demanda este país para un troco verdadeiro da situación política, económica, de crise e neoliberalismo, de intereses dos mercados, de débedas externas, de desafiuzamentos. Basta Xa! Hai que paralos ! Non ao golpe de estado dos mercados. A nosa asociación convídavos a ler o manifesto e a saír as rúas o día 23F, para dicir que xa está ben de corrupcións e de gobernos tiranos. A xente morre de fame, que da sen casas, sen roupa, sen negocios, NON PODE SER que haxa TANTA desigualdade. Enlace ao blogue da Marea Cidadá: http://mareaciudadana.blogspot.com.es/

Apoio a mobilizacion. Manifesto Plataforma en defensa da Sanidade.

  Estimados amigos e amigas envíovos o Manifesto aprobado pola práctica totalidade das organizacións sanitarias, cidadás, sindicais e políticas en Defensa do sistema sanitario público e contra o seu desmantelamento e privatización na Comunidade Autónoma de Madrid. Esta situación responde á aplicación nesa CCAA dunha estratexia global das forzas neoliberais para deixar á sanidade pública en mans privadas. No desenvolvemento desta estratexia están aliados fondos de investimento de capital-risco, bancos, construtoras, empresas sanitarias privadas, partidos políticos, administracións e gobernos, que comparten os mesmos obxectivos e metodoloxía e aplícana de xeito similar en todas as CCAA. Parece lóxico que para facer fronte a un grupo de presión tan poderoso e unido é necesario organizar unha gran alianza de todos os afectados polo desmantelamento da sanidade pública como son os cidadáns e os traballadores sanitarios e promover mobilizacións de rexeitamento...