Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta CNI

O CNI veta a Xaquín García Sinde por ‘anticapitalista e internacionalista’

O CNI veta a Xaquín García Sinde por ‘anticapitalista e internacionalista’ ¡En defensa dos dereitos democráticos! ACTO  PÚBLICO:   MÉRCORES 2 ás 19:00 horas  no ATENEO FERROLÁN Falarán: JAVIER  LOSADA - Membro da Comisión Executiva de CCOO de Navantia-Ferrol SARI  ALABAU - Dirixente do Partido Comunista, encarcerada a raíz do 10 de Marzo de 1972 e procesada no xuízo dos 23 MIGUEL  CASTRO - Coordinador local de Esquerda Unida de Ferrol LUCO  PORTO - Dirixente histórico de CCOO da Bazán XAQUÍN  GARCÍA  SINDE

MOCIÓNS SOBRE NAVANTIA NO CONCELLO DE FERROL

No pleno municipal celebrado onte en Ferrol debatéronse dúas mocións relacionadas con Navantia: a presentada polo noso comité de empresa e unha moción conxunta presentada por Ferrol en Común, PSOE e BNG sobre o veto do CNI contra o compañeiro Xaquín. A moción do comité foi aprobada cos votos a favor de tódolos grupos menos o PP, que votou en contra. Nada do que sorprenderse, dada a política deste goberno con Navantia. Respecto á moción sobre o CNI, os voceiros de FeC, PSOE e BNG amosaron un total rexeitamento a ese veto. Pola súa banda, o PP e Ciudadanos argumentaron que o tema debía dirimirse nos tribunais. A moción foi aprobada por maioría absoluta cos votos de FeC, PSOE e BNG e coa abstención do PP e Ciudadanos. O texto da moción é o seguinte: O día 13 do presente, Xaquín García Sinde, veciño da nosa cidade, recibiu unha resolución do Centro Nacional de Inteligencia na que se lle prohibe que desenvolva determinadas tarefas profesionais en Navantia. En dita resolu...