Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2015

IX Marcha a pé Ferrol Mugardos

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, como xa é tradicional, convoca para o vindeiro: Venres 17 de xullo 2015 IXMarcha a pé Ferrol Mugardos Co lema: Fóra da Ría! Saída ás 17 hs . desde o Parque Carmelo Teixeiro, en Caranza - Ferrol; percorrendo a ponte de As Pías, Perlío, Barallobre, Maniños, Franza, A Pedreira, Reganosa, Mehá e chegada ao Campo dos Carneiros en Mugardos, onde se celebrará un sinxelo acto de confraternidade, con música e merenda. ​ Prégase Difusión!

Festa de Cultura Popular en solidariedade co Ateneo Ferrolán - O Seixo. Sábado 27 de xuño

Festa de Cultura Popular en solidariedade co Ateneo Ferrolán – O Seixo sábado 27 de xuño de 2015 “Nunca choveu que non escampara” A Sociedade Amigos da Paisaxe Galega do Seixo e o Ateneo Ferrolán organizan unha festa de arte e cultura no Seixo o vindeiro sábado 27 de xuño. A actividade quere ser unha xornada de confraternización do mundo cultural da bisbarra, convocados en solidariedade co Ateneo Ferrolán. Aínda que o problema do patrimonio do Ateneo parece en vías de solución, a entidade padece aínda problemas económicos derivados das débedas contraídas nos últimos tempos por mor das obras de rehabilitación da súa sede e da falta de calquera axuda por parte do Concello de Ferrol nos últimos catro anos. É por iso que o beneficio económico dos actos destinarase ao Ateneo Ferrolán, para o reflotamento económico dunha entidade de vocación cultural aberta e plural que sempre traballou en estreita colaboración co tecido cultural da cidade. É por iso que o fest

O CCE presenta alegacións a ampliación de Concesión a Reganosa

Onte, o CCE presentou diante da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao un documento de Alegacións contra a ampliación da Concesión a Reganosa. Engádese o Documento e reseñamos a continuación a Nota de Prensa enviada aos Medios de Comunicación: NOTA DE PRENSA ALEGACIÓNS DO CCE CONTRA A AMPLIAZÓN DA CONCESIÓN A REGANOSA O CCE presenta alegacións a ampliación de Concesión a Reganosa: O CCE ven de presentar diante a Autoridade. Portuaria de Ferrol-San.Cibrao o documento de Alegacións contra a proposta de prorrogar por 15 anos mais a Concesión a Reganosa. Un documento onde se proba que as pretensións de Reganosa carecen de fundamento. Segundo os representantes de Reganosa dado que, a concesión outorgada en Maio de 1997 foi para usos de Forestal, consideran que as obras realizadas por Forestal nos anos 1999 e 2000 son as iniciais e que as inversóns realizadas a partires do 2004 na construción da planta de gas (ao non estar previstas na concesión orixinal) serían consideradas unhas inversi

Charla - Debate: O Acoso Esolar "Unha problemática que custa vidas"

A.C. Fuco Buxán informa da celebración da Charla - Debate: O Acoso Esolar "Unha problemática que custa vidas" que terá lugar o xoves día 11 de xuño ás 19:30 horas no Ateneo Ferrolán . Participan: Estrela Gómez Viñas - Coordinadora de AGAMME, Javier Sánchez - Presidente de FEANPA e José Díaz Dopico - Psicólogo. Prégase Difusión! ​