Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2017

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública - Nota de prensa sobre recortes en convocatorias de prazas da sanidade pública

Compartimos esta nota de prensa da AGDSP respecto aos recortes nas convocatorias de prazas á sanidade pública: Ante a información de que a Xunta de Galicia decidíu reducir a metade, a oferta de prazas sanitarias previstas para este ano, alegando problemas na aprobación dos orzamentos do Estado, desde a AGDSP queremos comunicar que: 1.- Esta decisión supón perpetuar a situación de urxencia do sistema sanitario público e o déficit de recursos sanitarios que soporte a nosa Comunidade Autónoma, trala perda de 1.795 prazas, das que 1.154 foron en AP e 641 en hospitais: 513 de médicos (392 en AP e 121 en hospitais), e 184 de enfermaría. Estes recortes explican as insoportables listas de agarda hospitalaria, demora nos Centros de Saúde ou os colapsos nas urxencias hospitalarias. 2.- A suspensión da oferta de prazas, perpetuará a decadencia e o deterioro do SERGAS, e abren as portas ás empresas multinacionais que están comprando centros na nosa Comunidade como Quirón ou HM Hospitais....

Plataforma Remunicipalización Ferrol - Concentración polo Saneamento: contra a Taxa, por unha Emafesa 100% Pública, Depuración XA!!!: Mércores 1 de marzo, ás 12 do mediodía, na Praza da Ilustración

Compartimos o chamamento que fan dende a Plataforma Remunicipalizar Ferrol para convocar unha concentración o vindeiro mércores 1 de marzo polo saneamento da ría e contra as taxas inxustificadas: Despois dos Plenos Extraordinarios, do 13 e 22 de febreiro, para abordar o asunto do Saneamento e a Taxa; e das reunións co Alcalde, unha antes de cada pleno, mais sen suceso ningún, coa postura do goberno municipal tomada e sen querer escoitar, vemo-nos na obriga de comezar a expresar as nosas opinións e reivindicacións, xa non só en roldas de prensa, comunicados e intervencións nos plenos, senon coa Mobilización Social.  Hai un problema de fondo que non damos superado, hai certo tapar orellas ás propostas razoadas e ben argumentadas do movemento social que representamos, ao que antes mesmo pertencía e participaba activamente, o actual alcalde Jorge Suárez. Fai-nos pensar que este Alcalde que se esquece que está na alcaldía polos votos propios, e polos dos outros dous partidos que ...

Mostra "Cinema e Sociedade 2017" sobre o cancro - mércores 1 de marzo, 20h, Ateneo Ferrolán

Compartimos a invitación que nos fan chegar dende a Asociación Cultural Conxeito para un novo evento dentro da Mostra "Cinema e Sociedade 2017" e que tratará sobre o cancro para este mércores 1 de marzo ás 20h no Ateneo Ferrolán :

Proxección 'Investigación Médica: Houston, tenemos un problema' en A Coruña

Este mércores 1 de marzo , ás 20h , no Centro Cívico "Cidade Vella" da Coruña (Rúa da Veeduría, 2), Salud Por Derecho , Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C e a Coordinadora AntiPrivatizacion Da Sanidade Pública organizan a proxección do documental "Investigación Médica: Houston, tenemos un problema"   Para poder asistir, será preciso rexistrarse na seguinte ligazón, de xeito totalmente gratuíto: https://www.eventbrite.es/e/entradas-proyeccion-investigacion-medica-houston-tenemos-un-problema-en-a-coruna-32087600878 Nesa mesma ligazón poderedes atopar máis información sobre o documental.

AVV O Rosario - Inferniño sobre o peche da biblioteca do CC Municipal do Inferniño

Difundimos o comunicado que nos chega dende a AVV O Rosario - Inferniño sobre a situación da biblioteca do Centro Cultural Municipal do Inferniño: C.Cultural MUNICIPAL CARVALHO CALERO BIBLIOTECA INFERNIÑO A Xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño , continuamos a denunciar, unha vez máis, o PECHE da BIBLIOTECA do Centro Cultural Municipal do INFERNIÑO dende hai máis de 1 ano sen cubrir a plaza da antiga traballadora. Expresamos a nosa queixa e decepción ante a falta de dilixencia e resposta municipal cara a un bo funcionamento de apertura diaria e sábados na BIBLIOTECA do INFERNIÑO no Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, sabendo que se trata dun tema sensible de máxima prioridade cultural e lugar de estudo e consulta para estudantes. Esta Xunta directiva da A. Veciñal O Rosario –Inferniño , insta ao goberno local a APERTURA desta BIBLIOTECA MUNICIPAL do INFERNIÑO con horarios de fin de semana e poder facilitar este servizo aos estudantes, lec...

Marchas da Dignidade - Manifestación galega en defensa das pensións na Coruña: sábado 25 de febreiro, 12h

Este sábado 25 de febreiro , ás 12:00h partirá na cidade da Coruña unha mobilización partida en dúas columnas que confluirán nos Xardíns de Mendez Núñez ás 13:00h en defensa das pensións públicas organizada polas Marchas da Dignidade . Neste caso, e por falta de medios humáns, dende a Coordinadora das Marchas da Dignidade de Ferrolterra descartouse a posibilidade de organizar autobuses para viaxar á Coruña para esta mobilización. Polo tanto, o transporte farase en vehículos particulares, existindo a opción de empregar o autobus. Tras consultar os horarios de autobus para ese día dende Ferrol , o máis convinte para aquelas persoas que se plantexen ir directas á mobilización parece ser o que parte ás 10:30h da estación de autobuses e que ten prevista chegada ás 11:20h. Segundo indica a organización no seu blog na publicación titulada "Percorrido definitivo das columnas o 25F na Coruña" , á comarca de Ferrol lle corresponde a columna 2, que partirá do Campo da Leñ...

Grupo de Consumo "Fonte da Uz" - Palestra da Cooperativa Enerxética "Nosa Enerxía": sábado 25, 17:30h

Compartimos a invitación que nos chega dende o Grupo de Consumo "Fonte da Uz" , que organiza na tarde do sábado 25 de febreiro , ás 17:30h , no seu local ( Rúa Fontaíña, 55 - baixo ) unha palestra coa Cooperativa Enerxética "Nosa Enerxía" , na que plantexarán un novo modelo de relación cunha empresa comercializadora de electricidade que ofrece máis información e maior capacidade de defensa que o que ofrecen as comercializadoras tradicionais. O sábado , 25 de febreiro , ás 17:30 , no local do Grupo de Consumo Fonte da Uz , encontro co responsable da Cooperativa enerxética Nosa Enerxía. Pasádeo! Saúde. Vidal

Ateneo Ferrolán - Proxección do documental "23" e coloquio: xoves 23 de febreiro, 19h

Compartimos a invitación que nos fan chegar dende o Ateneo Ferrolán para asistir á proxección do documental "23" sobre as listas negras elaboradas pola ultradereita durante os primeiros anos de democracia: O Ateneo Ferrolán proxectará o documental "23" o vindeiro xoves 23 de febreiro ás 19 h. Este documental non chegou nunca a emitirse nin proxectarse en ningures. "No documental "23" queremos contar as vivencias e experiencias da tardiña do 23 de febreiro de 1981 cun grupo de vinte e tres homes e mulleres que aparecían nas listas negras elaboradas pola ultradereita. Aquela noite os concellos das cidades galegas estiveron abertos, ocupados por concelleiros de esquerdas e do nacionalismo galego. Probablemente nunca saberemos quen elaborou as famosas listas negras, que saíron publicadas por primeira vez en febreiro de 1991 en La Voz de Galicia." Posteriormente realizarase un coloquio sobre o tema. O coloquio contará coa participación d...

Plataforma Remunicipalización Ferrol - Sobre a rolda de prensa realizada o luns 20 de febreiro no Concello de Ferrol

O venres pasado a Plataforma pola Remunicipalización de Ferrol -tal e como publicaban no seu blog en "Entrega de Escrito á atención do Alcalde e convocatoria de Rolda de Prensa para o luns 20 de febreiro, ás 12 do mediodía na Casa do Concello de Ferrol" -  presentaba por rexistro un escrito solicitando información ao Concello de Ferrol sobre a nova taxa de saneamento que pretende aprobar, e convocaban unha rolda de prensa aberta á cidadanía o luns 20 de febreiro ás 12h. Onte mesmo penduraban no seu blog a publicación "Rolda de Prensa: Taxa e Saneamento en Ferrol - Texto e Vídeos da Exposición e Preguntas - Luns 20 de febreiro de 2017" que pasamos a reproducir, e na que explican como se desenvolveu a citada rolda de prensa: Hoxe 20 de febreiro, tivo lugar unha Rolda de Prensa na casa do Concello de Ferrol, para para explicar a nosa posición diante dos últimos acontecementos e facer chegar a valoración da Plataforma sobre a Taxa e o Saneamento, os argumentos e as...

Plataforma Legado Cultural de Sargadelos - xuntanza aberta ao público: luns 20 de febreiro, 19h, Ateneo Ferrolán

Compartimos a convocatoria que nos fan chegar dende a Plataforma Legado Cultural de Sargadelos dunha xuntanza aberta ao público para este luns 20 de febreiro: A “Plataforma Legado Cultural de Sargadelos” CONVOCA aa cidadanía e entidades sociais a un acto público no ATENEO FERROLÁN este vindeiro luns 20 de febreiro, ás 7h da tarde co fin dar conta das ultimas xestións realizadas pola comisión coordinadora ( Novo nome - Plataforma Legado Cultural de Sargadelos.. ) Encontro co Presidente da Academia Galega, Xesús Alonso Montero.- Encontro con Luis Villares.- Proposición Non de lei no Parlamento galego .- Petición encontros grupos parlamentarios .- Suxestións e preguntas .- Saúdos - Coordinadora .-

Comité Cidadán de Emerxencia - Lúns 20, CONCENTRACIÓN entrada gaseiro nº 221

Compartimos a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia  dunha concentración por entrada dun novo gaseiro na ría de Ferrol: Estando prevista á entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 221, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca: CONCENTRACIÓN Lúns, 20 de febreiro de 2017, ás 19 hs ., diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (Praza de Amada García – Ferrol) PLANTA DE GAS – PECHE XÁ ! -- Visita a nosa web: www.comitecidadan.org Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol comitecidadan@gmail.com www.comitecidadan.org ........... Para axudas económicas: C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros Desde España: 00493315772894017995 Desde o Extranxeiro: ES 71 00493315772894017995

Homenaxe a Agustín Fernández Paz en Ferrol - Venres 17 de febreiro, 20:30h, Auditorio de Ferrol

O pasado mes de xullo publicabamos un artigo en lembranza de Agustín Fernández Paz lamentando a súa perda. Pois ben, temos que celebrar que este venres 17 de febreiro , ás 20:30h no Auditorio de Ferrol terá lugar unha homenaxe á súa persoa á que asistiremos. Compartimos con vos a invitación para participar e agardamos vervos aló: O rastro que deixamos Homenaxe a Agustín Fernández Paz Ferrolterra, Eume e Ortegal O vindeiro venres, 17 de febreiro, celebrámoslle unha homenaxe en Ferrol a Agustín Fernández Paz. Por se pode resultar de interese, informámolos da gala que se realizará ás 20:30 horas no Auditorio de Ferrol e achegámoslle o cartel cos detalles, por se queren asistir. Pregamos difusión. Un saúdo. Pola Comisión organizadora, Xosé Lastra Muruais xose@lastra.gal 609828368

Comité Cidadán de Emerxencia - Álbum fotográfico: homenaxe a Victoria e Carmelo

Compartimos esta publicación do Comité Cidadán de Emerxencia sobre a homenaxe a Victoria Fernández e Carmelo Teixeiro do pasado sábado: ÁLBUM FOTOGRÁFICO Hoxe, sábado 11 de febreiro, un grupo de seguidores do Comité Cidadán de Emerxencia, celebrou en Caranza, un acto en lembranza a Victoria Fernández Paredes e a Carmelo Teixeiro Menéndez, quen fora primeiro Coordinador deste Comité, (falecidos en 2013 e 2008, respectivamente), ambos, exemplo de compromiso e solidariedade con todas as causas sociais e uns dos pioneiros na loita en defensa da legalidade, da ría e da vida, fronte á ameaza da Pranta de Gas de REGANOSA. Iniciouse o Acto, cunha ofrenda floral, na placa existente entre os tres carballos prantados no parque que leva o nome de Carmelo, en Caranza, e continuou coas intervencións de Manuel Rodríguez Carballeira, Coordinador, e Lupe Ces, membro do CCE, a lectura dun poema de José Torregrosa e pechouse coas notas do violín de Estrela Gómez Viñas. -- Visita a nosa w...

Comité Cidadán de Emerxencia - Homenaxe a Victoria e Carmelo o sábado 11 de febreiro, ás 12h

Como tódolos anos, nas proximidades do 9 de febreiro, o Comité Cidadán de Emerxencia organiza un homenaxe lembrando a Victoria Fernández e Carmelo Teixeiro. Este ano terá lugar o vindeiro sábado 11 de febreiro . Compartimos a invitación que fan dende o Comité, e convidamosvos a participar nel para que a súa memoria perdure. O vindeiro domingo cúmprese o IX Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Con este motivo, o CCE convoca, a toda a cidadanía, a celebrar un acto na súa lembranza e na da súa compañeira Victoria Fernández Paredes (falecida o 8 de novembro do 2013). O Acto, que consistirá nunha ofrenda floral e intervencións poético musicais, terá lugar o sábado, 11 de Febreiro , ás 12 hs , no Parque Carmelo Teixeiro Caranza – Ferrol. Carmelo e Victoria serán sempre, para todas e todos nos, un exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais e sobre todo a...

Ferrol - Cruña: "Unha nova xornada galeguista" das "Hirmandades da Fala" o sábado 11/02/2017 [100 anos despois]

Compartimos a invitación que nos fan chegar dende o Colectivo Literario "In Nave Civitas" para a celebración do centenario da visita das Irmandades da Fala a Ferrol: O Colectivo Literario In Nave Civitas e a Fundaçom Artabria organizan a recreación da visita que a “Hirmandade de Amigos da Fala da Cruña” fixo a Ferrol hai cen anos, o 11 de febreiro do 1917.  Amigos da Fala somos  Y-o amor de Galicia sea,  Xa que de todos é nai,  Quen nos xunte e nos protexa…  (Cantiga dos amigos da fala, de Manuel Lugrís)  O 11/02/1917 a “Hirmandade de Amigos da Fala da Cruña” celebrou en Ferrol un acto galeguista. Dito acto foi anunciado polos ferroláns coma un «mitín do rexionalismo galego» no que ninguén ía atopar «humildá, nin queixas, nin vágoas, nin sospiros». Entre outros; foron a Ferrol, os irmáns Vilar Ponte, Manuel Lugrís, Francisco Tettamancy e Eladio Rodríguez González.  Despois do mitin, celebrado no Salón de Amboaxe , os irmáns enxebres ...

Fundaçom Artábria - Palestra sobre a historia do Bairro de Esteiro con Guillermo Llorca: venres 10, 20h

Compartimos a invitación que nos fan chegar dende a Fundaçom Artábria para este venres 10: Na  sexta-feira 10 , o professor, historiador, escritor e jornalista ferrolano  Guillermo Llorca  recuperará numha palestra a "Memória histórica do bairro de Esteiro". A conferência começará às  20.00hs .

Club de Prensa de Ferrol - ¿Tiene futuro la teología de la liberación? con Juan Tamayo: venres 10 de febreiro, 19:30h, Ateneo Ferrolán

Compartimos con vos a invitación que nos fan chegar dende o Club de Prensa de Ferrol para asistir á conferencia "¿Tiene futuro la teología de la liberación?" que protagonizará Juan Tamayo no Ateneo Ferrolán este venres 10 de febreiro ás 19:30h : O venres día 10, o Club de Prensa de Ferrol presenta no Ateneo ao profesor, filósofo e teólogo da Teoloxía da Liberación  Juan José Tamayo que nos falará  sobre o futuro da mesma e do rexeitamento da xerarquía  da igrexa “oficial" ás teses que promulga. Será un pracer contar contigo.

Sociedad Filarmónica Ferrolana - Concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia o xoves 9 de febreiro

Compartimos este anuncio que nos fan chegar dende a Sociedade Filarmónica Ferrolana en virtude das relacións establecidas froito da colaboración durante a realización da homenaxe a Roberto Casteleiro "Caladiño"

Novas da Plataforma Salvar Cultura Sargadelos - Encontro con En Marea e manifesto

A Plataforma Salvar Cultura Sargadelos fainos chegar a seguinte nota na que informan dun encontro mantido con En Marea: Encontro plataforma - En Marea. A Plataforma Salvar- Cultura Sargadelos mantivo un encontro co voceiro parlamentar de En Marea, Luis Villares e a Deputada Luca Chao xunto e alcalde de Ferrol para facerlle entrega de documentación referente as nosas demandas de constituir unha Fundación que preserve, protexa e difunda a Cultura Sargadelos e Isaac Díaz Pardo como unha parte transcendental, histórica e cultural de Galicia. - Os voceir@s de En Marea amosaron o seu interese positivo nestas reivindicacións e comprometéronse coa Plataforma en achegar estas demandas ao Parlamento de Galicia co fin de posibilitar unha acción UNÁNIME de todas as forzas políticas e a consecución dunha Fundación Cultural nesta empresa privada cunha intervención PÚBLICA. - Esta Plataforma vai continuar coas xestións para defender a cultura galega de Sargadelos e o seu refundador Isaac Díaz...

Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra - Nos últimos días a depauperada situación socioeconómica de Ferrolterra acelera o afloramento de inxustizas extremas en referencia ao dereito á vivenda e ao aumento do empobrecemento da Clase Traballadora - Desafiuzamentos- Xuízos - Concentración

Compartimos o artigo publicado pola Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra nos que falan do aumento de casos de posibles desafiuzamentos sen alternativa habitacional. Concretamente, convocan unha concentración para o vindeiro luns 6 de febreiro , ás 13:00h diante dos Xulgados de Ferrol : Nos últimos días a depauperada situación socioeconómica de Ferrolterra, acelerou o afloramento de inxustizas extremas en referencia ao dereito á vivenda, e ao aumento do empobrecemento da Clase Traballadora. A falta de emprego, mesmo a falta de perspectivas de consegui-lo a curto prazo, deprimen socialmente a unha poboación castigada duramente pola crise e a mala xestión dos recursos nas comarcas do noroeste galego, e principalmente nos concellos da contorna da Ría de Ferrol. As persoas que non teñen apoio familiar son as principais vítimas da situación. En Ferrolterra, miles de persoas viven dos salarios e pensións de familiares directos en primeiro grado, mesmo até conviven nos mesmos fogares....

OCV UDC - Curso "Didáctica e práctica na acción voluntaria con menores en contexto intercultural" o 4 de febreiro

Compartimos a convocatoria da Oficina de Cooperacion e Voluntariado da Universidade da Coruña para realizar un curso o vindeiro 4 de febreiro. O prazo de preinscripción remata o día 1 de febreiro: DIDÁCTICA E PRÁCTICA NA ACCIÓN VOLUNTARIA CON MENORES EN CONTEXTO INTERCULTURAL Campus : Ferrol Lugar : Edificio de apoio ao estudo (aula -1.2) do campus de Esteiro Data : 4 de febreiro Horario : De 10.00-14.30 h e de 16.00-20.30 h Curso teórico-práctico, principalmente dirixido ao voluntariado que participa en proxectos de apoio escolar a menores de orixe inmigrante, minorías étnicas ou en especial situación de vulnerabilidade. O curso é gratuito para o voluntariado en activo da OCV ou doutras entidades cando así o acrediten (carné, acordo de compromiso, certificado). Ten un custo de 15 € para o resto. Docente : Teresa Delgado López. Educadora Social. Mediadora Intercultural. Mediadora Penal, Civil e Mercantil. O prazo de preinscrición remata o día 1 de febreiro. Prazas limitadas...

Ciclo "Ferrolterra, presente e futuro", con Luis Villares : xoves 2 de febreiro, 19:30h, Ateneo Ferrolán

Dende   Fuco Buxán convidámosvos a asistir ó novo acto enmarcado no ciclo de conferencias-debate que leva por título "Ferrolterra, presente e futuro: una análise da nosa realidade dende una perspectiva progresista e de esquerdas" , e para o que estamos a convidar ás forzas da esquerda do noso país para que presenten as súas alternativas i escoiten as voces da cidadanía. Na segunda destas conferencias, que terá lugar o vindeiro xoves 2 de febreiro ás 19:30h  no Ateneo Ferrolán,  intervirá o voceiro parlamentario do grupo En Marea , Luis Villares . Có devandito ciclo pretendemos contribuir ó debate sobre a profunda crise na que está inmersa a nosa bisbarra e na procura de solucións por parte de tod@s. Deste xeito non só a túa presenza, senón a túa participación é importante no coloquio posterior.

ADEGA - Palestra sobre brañais o 2 de febreiro, 20h

Compartimos a convocatoria que nos fai chegar ADEGA para este vindeiro xoves 2 de febreiro : Este dous de Febreiro é o día mundial dos Brañais (humedales), unhas zonas vitais pra supervivencia da humanidade e do resto das especies. Son espazos dos máis produtivas da terra e fonte e reserva de auga doce e gran diversidade biolóxica das cales, dependen moitas especies vexetais e animais pra vivir. Ademais os brañais son fonte de recarga de augas subterráneas, axudan a mitigar o cambio climático e son tamén grandes zonas de produción de alimentos. Por todo isto e por o perigo ao que enfrentanse estas figuras meio ambientais, esta delegación decidimos fazer unha palestra na que falaran un membro desta delegación Nês Lopes, xunto con Fins Eirexas xeólogo e secretario executivo de ADEGA. Será no salón do antiguo hospicio de Ferrol (RÚA MENDEZ NUÑEZ -PRAZA DE AMBOAXE FERROL) o día 2 de Febreiro as 20H onde estades todas invitadas a participar Sen máis recibe unha forte aperta ...

Muíño do Vento - Xornalismo en Galicia Hoxe: xoves 2 de febreiro, 20h

Compartimos a convocatoria que nos fan chegar dende a ASC Muíño do Vento - Canido: A Directiva da ASC Muíño do Vento-Canido comprácese en convidalo/a á Mesa Redonda XORNALISMO EN GALICIA HOXE , que terá lugar o vindeiro xoves 2 de febreiro , ás 20 horas , no Centro Cívico de Canido , contando coa participación de Germán Castro, Xose Mª Dobarro e Xulia Díaz. Esperando sexa do seu interese, reciba un saúdo. ASC MUÍÑO DO VENTO-CANIDO.