Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Naval

Manifestación en Defensa Do Naval

  O Comité de Empresa fai un chamamento a tod@s os traballador@s á PARTICIPACIÓN na MANIFESTACIÓN, convocada polos Comités de Empresa de Navantia e Delegad@s da Industria Auxiliar, o DOMINGO día13 en Defensa Do Naval. A saída será dende o Inferniño ás 12:00 h continuando pola Estrada de Castela, Praza de España, Rúa do Sol, Rúa Arce, Rúa Real rematando na Praza de Galicia, fronte o Teatro Jofre, onde se fará lectura dun manifesto. Ferrol, a 11 de decembro de 2015

Ferrol Solucións ! Fotos da Manifestación Navantia.

A Asociación Cultural Fuco Buxán que participou na mobilización de hoxe en Ferrol, se solidariza cos traballadores/as do naval pechados no Concello, e convida a toda a cidadanía a amosar o seu apoio asistindo á Asemblea Popular que teñen convocada para o martes as 11 hs, na Praza de Armas. Hoxe 1º de decembro en Ferrol, unha vez máis, decenas de miles de persoas encheron as rúas convocadas pola Plataforma Nunca Máis e os Comités de Empresa de Navantia e Compañías Auxiliares, esixindo carga de traballo para o naval e o cumprimento dos compromisos adquiridos polo Partido Popular. Parlamentarios/as e deputados/as do PSOE, AGE e BNG, Alcaldes e Concelleiros/as, acompañaron esta protesta facendo declaracións aos distintos medios de comunicación sobre a situación dramática que para a comarca de Ferrol - xa cun 32 % de paro e ao bordo do estoupido social - avecíñase tras a entrega do último buque nos próximos días o que supón o despedimento inmediato de preto de 1000 traballadores d...

Presentación do documental "Carga de Dignidade", realizado por Xosé Bocixa.

O Venres , 29 Novembro , ás 19:30 horas , na Galería Sargadelos, terá lugar a presentación do documental realizado por Xosé Bocixa , que recolle a acción popular "Carga de Dignidade". Ó remate do mesmo, ás 21:00 horas . haberá unha concentración na Praza de Armas , onde terá lugar un samaín reivindicativo organizado polas centrais sindicais. Nesta ligazón tedes o cartaz do filme para descargar e compartir: https://drive.google.com/file/d/0B3TTMFibsMw9V09xbFJmS1RXMnM/edit?usp=sharing Varios traballadores/as de Navantia, penduraron de novo no enreixado da factoría as pancartas creadas para tal evento, por parte de alumnos e profesorado do C.I.F.P. Rodolfo Ucha Piñeiro, C.E.I.P. San Xoán de Filgueira, C.E.I.P. Recimil, Conservatorio de Música Xan Viaño, e do Instituto Concepción Areal. Fotos de hoxe: https://picasaweb.google.com/109599581377540590361/PenduradoDePancartas Carga de Dignidade:   http://cargadedignidade.blogspot.com.es/

Mércores 29, ás 12:00 horas, Rolda de Prensa "Carga de Dignidade".

Mañá mércores, 29 de maio, ás 12:00 h, nas escaleiras da Praza de Armas de Ferrol , terá lugar a rolda de prensa, presentación da acción artística popular "Carga de Dignidade" que se levará a cabo o próximo domingo 2 de Xuño na reixa de Navantia. Na mesma comparecerán Parte do colectivo de artistas e creadores que levaron a cabo a “Burla Negra” pola catástrofe do Prestige, agrupados agora en “Radio Buguina”, acompañados por todos os sindicatos, partidos, e colectivos que organizan a acción. Contar coa vosa presenza para poder difundir e chegar á cidadanía este acto pola Dignidade. Organizan: Radio Buguina Comités de Empresa de Navantia e delegados/as da Industria Auxiliar.  Sindicatos: Comisiones Obreras (CC.OO), Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Sindical Obreira (USO), Union Sindical de Traballadores de Galicia (USTG), Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UXT-UGT). Partidos políticos: ANOVA, Bloque Nacionalista Galego (BNG), Comprom...

Ferrol: Carga de dignidade. Acción artística popular, o domingo 2 de xuño.

Domingo 2 de xuño, das 11:00 ás 14:00 horas, na Porta do Estaleiro, no barrio de Esteiro de Ferrol.   CARGA DE DIGNIDADE Trae a túa peza de roupa para pendurar na reixa de Navantia e participa nesta acción artística popular . A crise é a escusa perfecta. A construción naval sábeo ben, foi a primeira asoballada. Pero agora veñen contra todos, sector por sector, empresa a empresa, veñen casa por casa. A crise económica é a gran burla negra contra toda a cidadanía. E en Ferrol hai ben tempo que se sabe, que se sufre, que se engule a negra sombra. Abonda! Artistas e creadores agrupados en Radio Buguina chamamos a toda a poboación de Galicia a unha acción artística popular en Ferrol. Chamamos a seguir o exemplo daqueles traballadores e traballadoras do sector naval que nun arrouto de dignidade penduraron os seus buzos de traballo na reixa da factoría de Navantia. Chamamos a continuar este monumento á ...

Concentración do Colectivo de Prexubilados Empresa Pública.

A nosa Asociación Cultural Fuco Buxán , apoia, anima e convida a participar na convocatoria do Colectivo de Prexubilados da Empresa Pública da Comarca, que terá lugar o vindeiro xoves, 9 de maio, diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García – Ferrol), ás 12 horas., co lema: CONTRA OS RECORTES SALARIAIS APLICACIÓN DO IPC, XA ! El Gobierno anuncia recortes salariales en Navantia: “Ajustes salariales”. Sin barcos nuevos en la grada ni contratos a la vista, con un dramático goteo de despidos en las auxiliares que ya pasa de los dos millares y privados de la última paga extra, a los trabajadores de Navantia en Ferrol (2.015) y Fene (240) se les viene ahora encima un más que probable recorte de sus nóminas en una comarca que vive y respira a la sombra de una grúa pórtico cada día más oxidada. Lo anticipó esta tarde el presidente de la SEPI, la Sociedad Estatal de Participaciones Industriales que controla Navantia y que depende, directamente, del minis...

En defensa do Naval

Rotundo éxito de participación – unhas 30.000 persoas – na manifestación de hoxe, convocada polos Comités e Delegados de Navantia e Industria Auxiliar, baixo o lema: “Defender o Naval é defender a Comarca”. Fotos e Vídeo de Fuco Buxán Fotos de Susete Ferrol Diario de Ferrol Praza Pública La Voz de Galicia