Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Santiago Carrillo

Martes, 25 de xuño: Inauguración da Biblioteca Santiago Carrillo de Fuco Buxán e presentación do libro de S. Carrilo "Mi testamento político"

A nosa Asociación, como continuidade aos actos do pasado ano, con motivo do falecemento de Santiago Carrillo, o noso querido amigo e Socio de Honra (Presenza nos actos de Madrid e Xixón, Homenaxe de Ferrol no Centro Cultural Carvalho Calero), celebrará agora, o vindeiro martes 25 de xuño, dúas importantes actividades: Ás 18:00 horas, no noso Local Social “Tino Deibe” (Armada Española, 32 baixo, Caranza). Inauguración dá Biblioteca dá Asociación, que levará a denominación “SANTIAGO CARRILLO” . Unha Biblioteca modesta, de ao redor de 1000 volumes, conseguidos a través de numerosas doazóns (Socios/as, amigos/as ou Institucións) e tamén adquiridos. Cunha vocación de especializarse en temas socio-políticos, de igualdade de xénero e da Memoria Histórica, como vehículo de coñecemento da realidade social e que estará, en breve, aberta a toda a cidadanía para a súa consulta e disfrute. Ás 20:00 horas, no Centro Cultural Carvalho Calero (Praza do Inferniño). Presentación do ...

Vindeiro acto de presentación do Nº 33 da revista "Razón Socialista" en Cariño.

A A. C. Fuco Buxán quere convidar a todas as persoas á presentación do número trinta e tres (33) da nosa revista de publicación semestral “Razón Socialista” , subtitulada: “Pola rexeneración da esquerda” en Cariño , no centro da Agrupación Socialista , o sá bado día 12 de Xaneiro de 2013 ás 18.00 Horas . Acoden á presentación: Enrrique Barrera , historiador e profesor, membro da directiva da A. C. Fuco Buxán,  creador do artigo Paracuellos. Manuel Cendán , membro da A. C. Fuco Buxán, subdirector da revista "Razón Socialista" , creador do artigo máis PSdeG. José Torregrosa , membro da directiva da A. C. Fuco Buxán, subdirector da revista "Razón Socialista". Na presentación farase unha referencia ao aritgo de Paracuellos na que Enrrique Barrera explicará a verdade daqueles feitos que moitos quixeron imputar a Santiago Carrillo.  Estades todos convidados, e sobre todo as persoas das localidades pretas a Cariño. 

Fuco Buxán na Homenaxe a Carrillo

"El mejor homenaje que se le puede rendir a Santiago, es aportar nuestro esfuerzo y nuestra inteligencia para conseguir esa sociedad más justa donde no sigan pagando los mismos, la gente más humilde, la clase trabajadora, los crímenes y los errores de los de siempre"    Santiago Carrillo Menéndez.   Fuco Buxán estivo onte, cunha ampla representación, no Teatro Jovellanos e na ofrenda floral no porto de Xixón, homenaxeando a Santiago Carrillo, o seu Socio de Honra.   Álbum fotos Fuco Buxán Álbum fotos EL COMERCIO.es NOTICIAS.RTV PUBLICO.es EL COMERCIO.es (video) RTPA (Video)

O Próximo número de Razón Socialista

A nosa asociación xa está a traballar nun novo número da nosa revista Razón Socialista . Este número vai estar adicado á figura de Santiago Carrillo con motivo do seu falecemento, sendo socio de Honra da nosa asociación Fuco Buxán, merece unha importante atención e homenaxe pola nosa parte. Por outra banda, o vindeiro número da revista tamén analizará a situación política e social que estamos a vivir, tanto a nivel nacional, coma autonómico ou local entre outras cuestións que serán adiantadas no seu momento.