Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Lidia Senra

Lídia Senra denuncia ante a CE a “insuficiente e ineficaz” política de prevención dos incendios forestais na Galiza

· Insta á Comisión Europea a pronunciarse sobre os 436 traballadores/as interinos descontinuos que a Xunta contrata só tres meses ao ano · A eurodeputada considera que o “lóxico” sería que este persoal estivera contratado sempre formando parte dos corpos de emerxencia Santiago, 23 de maio de 2017 . A eurodeputada galega Lídia Senra , integrada Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), denuncia ante a Comisión Europea (CE) a “insuficiente e ineficaz” política de prevención de incendios forestais na Galiza . Así o anunciou a propia Senra este martes pola mañá, durante unha rolda de prensa ofrecida en Santiago de Compostela xunto a José Ángel García López, presidente da Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia (ATRIFOGA) e enxeñeiro forestal helitransportado; Sonia Lino García, emisorista; e David Faria Juncal, conductor de motobomba . A eurodeputada deu conta de dous escritos que elaborou de cara a informa...

Senra alerta á Comisión Europea da vulneración legal implícita na autorización de Reganosa forzada polo PP

O Comité Cidadán de Emerxencia publica no seu blog un comunicado do GUE/NGL (grupo europarlamentar Esquerda Unitaria Europea - Esquera Verde Nórdica) do cal forma parte AGE . Neste comunicado redactado pola europarlamentaria Lidia Senra , informa que denunciarion "na CE que o PP teima en favorecer unha instalación perigosa para a poboación declarada "ilegal" até en dúas ocasións polo Tribunal Supremo" , apuntando "a urxencia de reverter esta aprobación, por carecer de avaliación de impacto e non ter sido sometida a consulta pública" , tal e como obriga a lexislación europea. Para máis información: Comité Cidadán de Emerxencia - Lidia Senra alerta á C E da vulneración legal implícita na autorización de Reganosa forzada polo PP

A nosa compañeira Lucía Vizoso, entrevistada en "Espacio Abierto" de TV Ferrol

Como xa anunciaramos [ver nova] , o pasado día 4 de xuño tiveron lugar no Centro Cultural Carvalho Calero as xornadas "A problemática da contaminación do medio mariño nas pescas e o marisqueo da UE" , promovidas por GUE/NGL , o Grupo Europarlamentario de Esquerda Unitaria de Europa - Esquerda Verde Nórdica, do que forma parte AGE. Nelas, participou a nosa compañeira Lucía Vizoso como moderadora e presentadora, motivo polo cal foi entrevistada no programa "Espacio Abierto" de Televisión de Ferrol . Para aquelas persoas que non o puideran ver en directo o pasado venres 10 de xuño, deixamos aquí o vídeo: https://www.youtube.com/embed/hZx1gTIGvjg Aproveitamos tamén para deixar tamén o vídeo dunha entrevista que emitiu o mesmo programa días antes, e polo mesmo motivo, a Lidia Senra, que tamén participou nas mesmas xornadas: https://www.youtube.com/embed/ic1rYXnzp0I

Acto-Debate sobre Lei de Acuicultura

A Asociación Cultural Fuco Buxan , en colaboración co Sector do Mar , durante as dificultades que padece a súa xente, convoca Acto-Debate sobre a Lei de Acuicultura. Convidamos a participar a todas as Confrarias da contorna de Ferrolterra e a todos os afectados, mariscadores, mariñeiros, armadores, peixeiras, etcétera. Participa: Lidia Senra, eurodiputada e Juan Fajardo, diputado.  O sábado 20 de febreiro ás 11:30 horas no Centro Cultural Carvalho Calero. Agradécese difusión!

Delegación do CCE no Parlamento Europeo

Unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia, integrado nun Colectivo convidado por Lidia Senra, Eurodeputada de AGE visitou o Parlamento Europeo en Bruxelas, para denunciar de novo ante a Comisión Europea os perigos e ilegalidades da Planta de Gas de Reganosa e o desleixo das Administracións nas rías e ríos de Galicia. Valorouse a posibilidade de levar adiante accións conxuntas a nivel nacional, e AGEe rexistrará preguntas ao respeito dos distintos casos. O Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol, -plataforma que agrupa a máis de medio centenar de entidades galegas e que naceu para denunciar a problemática derivada da localización da planta de gas de Reganosa en Punta Promontorio (Mugardos), no interior da ría de Ferrol-, leva anos organizando accións de protesta contra a entrada de gaseiros na ría e desde o inicio esixiu que Reganosa non se instalase na ría ferrolá debido aos riscos que supón para a zona e que afectan tanto á veciñanza como á actividade marisqueira, ad...