A Asociación Cultural Fuco Buxán, convida a asistir á representación do seu grupo teatral TREMOIA TEATRO: A TREMOIA O teatro antigo carecía dun elemento moi corrente no de épocas posteriores, o pano, pero contaba, para a representación dos seus dramas, con diversos tipos de maquinarias ideadas para producir efectos ópticos ou auditivos. Delas, as máis importantes eran as seguintes: 1) A mechané, literalmente a "máquina", enxeño semellante a un guindastre sobre o cal, de pronto, facía a súa aparición aérea un deus cando había que resolver unha situación tan embrollada que xa no parecía ter saída. Do seu uso, e en ocasións abuso, procede a coñecida expresión do comediógrafo Menandro ou "deus ex machina" na súa versión latina. 2) Os períaktoi, ou "rolos", dous cilindros de madeira que ao xirar permitían cambiar a escenografía. De todas maneiras, os decorados eran sinxelos e limitábanse a representar catro tipos básicos de ambiente: o t
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."