Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Memorias

Caranza: Comparte os teus recordos, as túas vivencias, as historias do barrio

Comparte os teus recordos, as túas vivencias, as historias do barrio "Memoria dun século" é un espazo para compartir os recordos, as vivencias, os sucesos do barrio. Unha conversa entre os veciños e veciñas para tecer a historia social. Procúrase recuperar a voz de suxeitos que tradicionalmente non tiveron presenza pública. Profundizar na perspectiva subxectiva das mulleres a través da súas historias de vida. Vincular as historias persoais cos procesos macrosociais en que se insiren. “Memoria dun século” usa a autobiografía como un testemuño social. Parte da memoria individual para traer a memoria do territorio e das xeracións pasadas. Caranza, memoria dun século Mércores 29 de marzo, 5, 19, 26 de abril, 3, 10, 24 de maio. Ás 17.00h Na Asociación Veciñal de Caranza. Centro Cívico, 2º piso, Avd. Castelao s/n Actividade gratuíta Máis información 698 157 414

Homenaxe Bombardeo de Gernika

O 26 de abril de 1937, as aviacións de Italia e Alemaña bombardearon Gernika. Certamente non foi a primeira cidade bombardeada polo aire, nin a que sumou máis mortos, pero converteuse moi ao seu pesar nunha cidade que entrou na Historia, moi asociada á obra pictórica de Pablo Picasso. A homenaxe que ofrecemos conxuntamente o concello de Narón e a Asociación Memoria Histórica Democrática, plantando un retoño da Árbore de Gernika, simboliza a transmutación dunha icona de irmandade étnico-tribal (no sentido positivo da expresión), nunha icona de irmandade ao redor dun valor transversal: a Paz. O concello de Narón en colaboración coa Asociación Memoria Histórica Democrática organizan Homenaxe ás vítimas do Bombardeo de Gernika con gallo do seu 80 aniversario.

10 de Marzo: O crime foi en Ferrol, ... Por Rafael Pillado

10 DE MARZO: O CRIME FOI EN FERROL O CRIME Víuse, camiñando entre fusís, por unha rúa longa, saír ao campo frío, aínda coas estrelas, da madrugada. Mataron a Federico cando a luz asomaba. O pelotón de verdugos non ousou mirarlle a cara. (Antonio Machado, O crime foi en Granada) E chegou o ano 72, clave na Historia da Clase Obreira Galega. As medidas represivas tomadas a finais do 70 e 71 deron lugar a unha constante mobilización pola posta en liberdade de dirixentes políticos e sindicais. A amnistía aparecía xa como unha reivindicación pública, ligada á esixencia de Democracia. Unha das iniciativas que se tomou en varios lugares de España, era a creación de " comisións anti-represivas ", buscando a participación e arroupe doutros sectores sociais e outras sensibilidades políticas. Un destes colectivos xa viña participando activamente desde había anos; refírome aos curas progresistas, cuxo compromiso na loita polas liberdades non me cansarei de valorar. En...

Memoria de Futuro

O pasado sábado 10 de outubro, na polideportiva de Santa Mariña, ao redor dun xantar, celebrouse o encontro “Memoria de Futuro” entre homes e mulleres pertencentes a diferentes organizacións xuvenís antifranquistas que loitaran contra a ditadura na súa etapa final, a comezos da década dos 70. Un acto emotivo, polo reencontro entre camaradas que pola propia peripecia vital había anos que non se vían. O acto serviu para recopiar e expor dende exemplares dos medios clandestinos daquelas organizacións ata referencias as mobilizacións pola amnistía, polas liberdades e até a música que escoitaban e cantaban daquela. Houbo intervencións de representantes das diferentes organizacions lembrando aquela etapa e aos distintos camaradas que hoxe non están con nós. Foi todo un acto de recuperación da memoria histórica, da loita antifranquista, por outra parte necesaria, cando a dereita que nos goberna pretende negar a existencia da ditadura. O restablecemento das liberdades democrática...

Roteiro Ferrol en Feminino

A Ruta Ferrol en feminino celebrarase este venres 25 de setembro e permitirá visibilizar a historia das mulleres na cidade. Ferrol acollerá este venres 25 de setembro a celebración da Ruta Ferrol en Feminino, que estivo esquencia estes últimos catro anos, e que servirá para poñer en valor e dar coñecemento a numerosas mulleres que cos seus feitos e o seu traballo e vida forman parte da historia da cidade.  A Ruta Ferrol en Feminino incluíuse na programación das festas de verán pero tivera que ser aplazada debido a que a situación de alerta meteorolóxica desaconsellaba a súa realización. A nova data escollida para a súa celebración é mañá venres 25 de setembro, as 19:00 horas. O punto de partida será o parque das Ranitas de Ferrol Vello e está prevista a participación de todas as entidades que forman parte do Consello Sectorial da Muller, da Marcha Mundial das Mulleres e do colectivo de mulleres que están a constituí...

Presentación en Madrid Memorias Rafael Pillado

El próximo día 14 se presentan en Madrid las Memorias de Rafael Pillado, en un acto organizado por la Fundación Sindical Ateneo1º de Mayo, con la colaboración de la A. C. Fuco Buxán de Ferrol. Rogamos difusión entre vuestros contactos en Madrid. Memorias Colectivas de Rafael Pillado - I “Latidos de vida y de conciencia” E l j ueves, 14 de marzo a las 19,30 h oras, en el c entro de Abogados de Atocha, c/Sebastián Herrera, 12-14 Madrid. Presenta: Francisco Javier López, Presidente Fundación Sindical Ateneo 1º de mayo. Intervienen: Andrés Gómez,  dirigente de CCOO. Manuel Rodríguez Carballeira,  Presidente de FUCO BUXÁN Jaime Cedrúm,  Sectº General CCOO Madrid. Rafael Pillado,  autor y Vicepresidente de la A.C. Fuco Buxán La Asociación Cultural Fuco Buxán con esta publicación - que constituye un homenaje al Movimiento Obrero - quiere conmemorar el 40º aniversario de los sucesos del 10 de marzo del 72, cuando en Ferrol, l...