Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2016

Un informe do Instituto Tecnolóxico de Galicia fulmina a proposta máis valorada do Contrato Eléctrico

Os esforzos da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización para motivar no goberno municipal o rexeitamento do contrato eléctrico acaban de dar froitos: un informe encargado ao Instituto Tecnolóxico de Galicia aporta un bo número de motivos que resultaron ser de peso para o goberno municipal de Ferrol para plantexarse propoñer levar a pleno o seu rexeitamento. Para máis información, podedes consultar a seguinte noticia de Ártabra 21 , que ademáis contén un vídeo da rolda de prensa na que o goberno municipal fai o anuncio da súa resolución: Ártabra 21 - Un informe do Instituto Tecnolóxico de Galicia, fulmina a proposta máis valorada do Contrato Eléctrico - Vídeo: O grupo de goberno de Ferrol anuncia en rolda de prensa que propoñerá ao Pleno a renuncia ao Contrato Eléctrico por interese público

VI xornadas "Memoria dun Tempo" da Asociación Nordés en Mañón

Para quen non tivera ocasión de asistir ás IV xornadas "Memoria dun Tempo" que foran presentadas o pasado 16 de agosto no Ateneo Ferrolán , saiban que terán lugar ao longo desta semana en Mañón, tal e como reflicte a invitación que nos fixeron chegar, e que reproducimos a continuación: Ola amigas e amigos da Historia. Como cada verán dende o ano 2012 chegan as xornadas "Memoria dun tempo" que organiza Nordés, e que teñen como temática xeral a divulgación de feitos históricos e sociais do século XX, e particularmente os da época da II República, a Guerra Civil, e o Franquismo. Este ano celebraránse os días 25, 26 e 27 do presente mes de agosto, e tódolos actos terán lugar no Barqueiro (Mañón), ainda que en distintos lugares como ven poderán ver no cartel que vai adxunto a este texto, e que agora pasamos a comentar. Contamos para abrir as xornadas nesta VI edición con Julio Prada, profesor de Histórica Contemporánea na Universidade de Vigo, quen nos prese...

Emisión da sentenza da Megacausa "La Perla" en Arxentina o próximo 25 de agosto

Para quenes non o saiban, a Megacausa   -denominada así pola dimensión en número de vítimas, demandados e querellantes-   "La Perla"  -Centro Clandestino de Detención Tortura y Exterminio "La Perla", aberto en Córdoba, Arxentina tras o golpe militar de Videla- ten previsto a súa finalización este 25 de agosto. É por este motivo que recibimos esta mensaxe dos colectivos impulsores desta causa: Córdoba, Argentina, 9 de Agosto de 2016 Después de 40 años de incansable caminar; tras cuatro décadas de búsqueda y lucha de varias generaciones, por fin llegará la justicia para quienes fueron secuestrados, torturados, asesinados y desaparecidos en "La Perla", uno de los más grandes campos de concentración que tuvo Argentina durante el terrorismo de Estado y la última dictadura cívico-militar (1974-1983). Este jueves 25 de agosto de 2016, el Tribunal Oral en lo Criminal Federal Número 1 emitirá sentencia en un juicio que por sus dimensiones es conocido com...

Compilación de novas enviadas dende as plataformas en defensa da sanidade pública

Estes días recibimos unha boa cantidade de información de interese sobre a Sanidade Pública enviadas dende AGDSP , a Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública. Para comezar, SOS Sanidade Pública Pontevedra fixo público nos pasados días un comunicado no que denuncia que neste período estival, Santiago (CHUS) so dispón dun único quirófano de cardioloxía aberto, exclusivamente para urxencias vitais. O comunicado ven ilustrado co padecemento que está a vivir unha persoa enferma de 76 anos por mor desta situación: Nota AGDSP cierre quirófanos CHU Santiago Continuamos con outra denuncia, neste caso sobre a desprotección dos datos sanitarios da poboación de Pontevedra, e de Galicia , na que informan cómo se está dando acceso aberto aos expedientes dos pacientes da pública dende a privada, pero se denega o contrario, no que indican que supón unha violación da protección de datos, e poñer os intereses privados por riba da saúde das persoas. Outra nota que nos chega dende a AGDSP b...

Presentación das VI Xornadas "Memoria dun tempo" o martes 16 de agosto, as 20:30h no Ateneo Ferrolán

Difundimos o seguinte anuncio que nos chega dende a Asociación Nordés dun acto sobre Memoria Histórica que organizan este martes 16 de agosto , ás 20:30 , no Ateneo Ferrolán : Dende a asociación Nordés informamos do acto que temos organizado para o próximo martes 16 de agosto na cidade de Ferrol. Lembrámoslles que Nordés é unha asociación que ten o seu ámbito territorial nos concellos de Mañón, O Vicedo e Ortigueira, adicándose á posta en valor do patrimonio arqueolóxico, artístico, natural e etnográfico da bisbarra, actuándo tamén como dinamizador cultural, económico e social, pois realiza actividades en diversos campos como por exemplo participando no Proxecto Ríos, realizando xornadas arredor dos productos do mar (algas, ourizos), presentacións de libros e revistas, charlas informativas sobre as pragas no agro (vespa velutina, etc), e tamén facendo un traballo de recuperación da memoria histórica nun sentido amplo, e que vai más aló do período da II República e a Guerra Civil....

SGHN - Observación da choiva de estrelas Perseidas o venres 12 de agosto

A Sección de Astronomía da Sociedade Galega de Historia Natural , en colaboración coa Asociación de Veciños de Esmelle , organiza para o próximo venres día 12 de agosto ás 22:30 horas na Praia de Esmelle un encontro para a observación da choiva de estrelas Perseidas . Prégase difusión

Presentación polo CCE de novo Recurso de Alzada contra as autorizacións a REGANOSA

O Comité Cidadán de Emerxencia continúa a súa loita contra a instalación ilegal da planta de gas de Reganosa, e os movementos que dende a política se están a dar para garantir a súa continuidade, en contra das decisións do Tribunal Supremo. Logo da presentación de Alegacións, varias Entidades da Comarca, en nome do Comité Cidadán de Emerxencia, presentaron o pasado luns 8 de agosto, ante a Secretaría de Estado de Enerxía Recurso de Alzada, contra a Autorización Administrativa Previa e o Proxecto de Execución outorgado a REGANOSA, o pasado 7 de xullo, polo Goberno en funcións do Partido Popular. Máis información, e o documento íntegro presentado, na seguinte ligazón: Comité Cidadán de Emerxencia - Presentación polo CCE de novo Recurso de Alzada contra as autorizacións a REGANOSA

Comité Cidadán de Emerxencia - mércores 10, ás 20 hs. diante Edif Xunta. CONCENTRACIÓN Gaseiro nº 214

Estando prevista a entrada na Ria do gaseiro nº 214 cargado con GNL para REGANOSA , o Comité Cidadán de Emerxencia , convoca CONCENTRACIÓN mércores, 10 de agosto, ás 20 hs, diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García – Ferrol) Características do buque: Nome.- LNG Benue, Bandeira.- Bermudas, Eslora.- 285m, Manga.- 43m, Calado.- 11.5 m, Capacidade.- 145.952 m3 Máis información na web:   www.comitecidadan.org Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol comitecidadan@gmail.com www.comitecidadan.org ........... Para axudas económicas: C.c. en Banco Santander,  titular: Luz Marina Torrente e outros Desde España: 00493315772894017995 Desde o Extranxeiro: ES 71 00493315772894017995

Sobre a rolda de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia do pasado venres 5 de agosto

O Comité Cidadán de Emerxencia ven de publicar dous artigos sobre a rolda de prensa que convocaran o pasado venres 5 de agosto no Ateneo Ferrolán, e que contou con numeroso respaldo político, aparte do respaldo cidadán. No artigo "A Rolda de Prensa ofrecida hoxe polo CCE" , realizan unha pequena sinopse sobre o contido da rolda de prensa, na que, aparte de expresar o seu contento polas xa catro sentencias favorables á súa causa emitidas polo Tribunal Supremo, mencionaron que a exención que realizaba o Consello de Ministros sobre Reganosa de realizar avaliación de impacto medioambiental salpicaba tanto ao goberno autonómico como ao estatal -en funcións- dentro da trama corrupta para beneficiar os intereses privados tras a planta de gas. O artigo "Videos da Rolda de Prensa de onte do CCE" contén -tal e como indica o título- sendos vídeos sobre a citada rolda de prensa, dos que recomendamos o visionado. Planta de gas, PECHE XA!

Entrevista a Martín Almada en RT

Martín Almada , amigo dende hai tempo da nosa asociación, coñecido por ser o descubridor dos informes que desvelaban a existencia do Plan Condor en américa latina -que conseguiu instaurar varias dictaduras responsables de milleiros de torturados, mortos e desaparecidos-, e o seu traballo para que os responsables sexan postos a disposición da xustiza -motivo polo que foi galardonado cun Premio Nobel Alternativo da Fundación Right Livelihood Award - foi entrevistado por RT. Compartimos con vos o vídeo desa interesante entrevista da que recomendamos o seu visionado:

Venres 5 de agosto, ás 12 hs, no Ateneo Ferrolán, Rolda de Prensa do Comité Cidadán de Emerxencia

Transmitimos o seguinte comunicado do  Comité Cidadán de Emerxencia : O  Comité Cidadán de Emerxencia  convoca, aos medios de comunicación e á cidadanía, a unha ROLDA DE PRENSA Venres, 5 de agosto , ás 12 hs no ATENEO FERROLÁN Para analizar a situación en torno á Planta de Gas, despóis das últimas Sentenzas favorables do Tribunal Supremo. Máis información na web : www.comitecidadan.org Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol comitecidadan@gmail.com www.comitecidadan.org Para axudas económicas: C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros Desde España: 00493315772894017995 Desde o Extranxeiro: ES 71 00493315772894017995

Presentación da revista "Ollaparo" o venres 5 de agosto ás 18h no Ateneo Ferrolán

Este venres 5 de agosto , ás 18:00h , no Ateneo Ferrolán terá lugar a presentación da revista "Ollaparo" . Non se trata dunha publicación nova precisamente, xa que foi aló polo ano 1984 cando, produto do "activismo nado ao abeiro da Sociedade Cultural Chirlateira de Cedeira" sacou o seu primeiro número. Trátase dunha publicación escrita íntegramente en galego, e que proclama ter por principios "o voluntarismo gozoso, a dignidade e o servizo á xustiza social,  á soberanía do pobo galego e ás liberdades" . Contará coas intervencións de  Gabriel Beceiro -coordinador e editor da revista Ollaparo-,  Fernando Igrexas -parceiro fundador de Ollaparo- e  Rafael Cid -xornalista e colaborador-. Máis información:   http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/2016/06/presentacion-revista-ollaparo-venres.html

Lembranza de Regino Varela Martínez en caamouco.net

A web  caamouco.net , ven de adicarlle un artigo a Regino Varela Martínez  baixo o título  "A Memoria dun veciño" . Para os que non o saiban, Regino Varela ademáis de socio e amigo de Fuco Buxán, foi un dos protagonistas da loita social no pasado século en Ferrolterra. Algo do que dan testemuño publicacións como "Biografías Obreiras de Ferrol. Volume II" , editada pola Fundación 10 de Marzo . A pesar de termos que lamentar o seu pasamento o 25 de xullo de 2014 ,  a súa pegada continúa presente, tal e como testemuñan o citado artigo, cuxa lectura recomendamos encarecidamente.