Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Manuel Rivas

Fermosa presentación do libro "O último día de Terranova"

 Na Galería Sargadelos de Ferrol enfeitizámonos coa literatura e co saber de Manuel Rivas na presentación do seu libro O último día de Terranova dentro do [Ciclo Democracia e Compromiso].

Presentación libro Manuel Rivas "O Último Día de Terranova" [Ciclo Democracia e Compromiso]

Prezado/a Amigo/a: Dende a xunta directiva da A.C. Fuco Buxán queremos convídalo/a a asistir ao vindeiro acto que a nosa asociación organiza dentro do Ciclo Democracia e Compromiso :  O Mércores día 24 de febreiro ás 20:00 horas na Galería Sargadelos presentación do novo libro de Manuel Rivas: "O Último Día de Terranova" A Asociación Cultural Fuco Buxán vén de celebrar varios actos dentro do ciclo Democracia e Compromiso que permitiron achegar diferentes informacións en ámbitos moi diversos e necesarios de poñer en coñecemento da sociedade ferrolá: Ciclo Democracia e Compromiso: Asociación Cultural Fuco Buxán iniciou o Ciclo que baixo o título xenérico DEMOCRACIA E COMPROMISO, pretende indagar nas claves e contribuír ao debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidamos e convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas.