Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2021

'Pouco cambiamos. Diario de calquera adolescente' por S.F.Bellas

Esperto, sete da mañá, arrancamos. Ducha, roupa, almorzo, esperar a que acabe o de turno a sua taza para deixar recollido (o pobre debe de ser manco) ou eso parece. Arrancando, un día maís, e as mismas chorradas. Saíndo do portal os da obra de enfrente, que non deben de ter pernas e me recordan que eu sí as teño, cos comentarios "tan riquiños" como vomitivos. Parada do autobús, repetimos escea, mirada de arriba abaixo, esta vez, a señora de todos os días que non debe cansar de verme, ao mellor está a prepar un catálogo de moda (non creo coa cara de noxo que mira). Mentres meu irmá lle resulta invisible a todo o mundo, pobre, como moito lle miran con pena a cara chea de canelas. Veña, subimos ao bus, comentario do señor buseiro: “a ver neniña, ten coidado, no che vaia rachar a falda ao subir o escalón”. Uy que... (mellor calo).  Instituto, aquí empeza a feira de verdade, da igual o que poñas ou non, da igual, se non é por unha cousa será por outra, pero sempre terás algún alma