Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta LOMCE

ANPAs e Sindicato de Estudiantes convocan manifestación contra a LOMCE: xoves 24 de novembro ás 12:00h

Compartimos con vos a mensaxe da convocatoria que están a facer dende a Federación Comarcal de ANPAs e o Sindicato de Estudantes dunha manifestación contra a LOMCE e as reválidas, e que sairá o xoves 24 de novembro , ás 12:00h da Praza de Amada García -fronte o edificio administrativo da Xunta, zona Praza de España-. O mesmo día, tamén terá lugar unha concentración , no mesmo lugar, ás 19:00h . Dende Fuco Buxán, solidarizámonos con estas mobilización e convidámosvos a participar nela. Estimados compañeiros/as: Desde a Federación comarcal de ANPAS e o Sindicato de Estudantes poñémonos en contacto con vós para facervos partícipes da situación do ensino público e facervos unha petición de solidariedade. Como sabedes, a comunidade educativa levamos cinco anos loitando contra os graves ataques do goberno do PP contra a educación pública, simbolizados na LOMCE e no 3+2 universitario. Eses ataques buscan degradar unha das conquistas históricas máis importantes do mo...

18 novembro, 19:30h, Sargadelos - Mesa redonda "Desmontando a LOMCE"

Temos o pracer de anunciar que a Área de Xuventude de Fuco Buxán organiza o vindeiro venres 18 de novembro , ás 19:30h , na Galería Sargadelos , unha mesa redonda baixo o título "Desmontando a LOMCE - proposta de un modelo educativo baseado na selección, segregación e desigualdade" , na que participarán Javier Sánchez -presidente da Federación Galega de ANPAs-, Jurjo Torres -Catedrático de Universidad de Didáctica y Organización Escolar na Faculdade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña-, e Francisco Fernandez -portavoz del Sindicato de Estudiantes de Ferrol-. *Imaxe do cartaz por cortesía de Antía DC -Fotografía- Non é unha nova lei o que a sociedade española demanda, senón políticas que melloren a educación, políticas que se pacten coa comunidade escolar, coas distintas forzas sociais e cos partidos políticos. Esta lei: Entende a educación como unha carreira de obstáculos salpicada de probas externas e reválidas que pecharán o paso a persoas...

Comunicado do Sindicato de Estudantes chamando a mobilizarse o 24 de novembro

Compartimos o comunicado que nos chega dende o Sindicato de Estudantes, no que se fai un chamamento a mobilizarse o vindeiro 24 de novembro contra a LOMCE e as reválidas: Carta aberta do Sindicato de Estudantes ÁS NAIS E PAIS, ÁS ANPAS E Á FEDERACIÓN DE ANPAS DE FERROLTERRA Os anos de goberno do PP están sendo un auténtico pesadelo para o ensino público. Recortes nos orzamentos, despedimento de milleiros de profesores, leis reaccionarias (LOMCE) e medidas regresivas. O último exemplo témolo coas reválidas, aprobadas por un decreto do goberno en funcións de Rajoy a finais de xullo; ata nas formas se parecen ó franquismo. Pero estes anos tamén viron unha intensa mobilización da comunidade educativa en defensa dun ensino público de calidade. De feito, esa mobilización conseguiu acabar cun ministro odioso como Wert. A última proba da utilidade da mobilización vímola o 26 de outubro, na folga estudantil en Secundaria e a folga de pais e nais en todos os niveis educativos convoc...

Mércores 26 de outubro - Mobilizacións contra a LOMCE

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) anunciou en rolda de prensa, un amplo calendario de accións e mobilizacións coas que se dá continuidade a todas as que xa ten desenvolvido desde a aprobación desta Lei. A Plataforma transmitiu ademais a súa “firme vontade de continuar na loita até conseguir derrogar a LOMCE e as reválidas”. Neste sentido, o portavoz da plataforma, Anxo Louzao, presentou o manifesto da plataforma no que se sintetizan as razóns polas que a PGDEP se opón non só á LOMCE senón tamén á imposición das reválidas. A continuación, o calendario de accións previstas para este mércores 26 de outubro : No caso de Ferrol , farase unha concentración fronte o Edificio da Xunta (Pza Amada García) ás 19:00h . Esta plataforma tamén está a facer unha recollida online de sinaturas esixindo a eliminación das reválidas e a derogación da LOMCE. Para participar, basta con seguir esta ligazón: http://plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es/2016/1...

23/05/2016 - Convocatoria de concentración das ANPAs de Ferrolterra contra as reválidas de 3º e 6º de primaria

Difundimos esta convocatoria da Federación Comarcal de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra e na Confederación ANPAS GALEGAS: O vindeiro martes 24 e mércores 25 os centros educativos galegos de primaria comezarán as probas de reválida de 3º de primaria impostas pola “moribunda. A pesares do amplo rexeitamento destas probas, manifestado por todos os sectores da comunidade educativa galega e do éxito da insubmisión á celebración da pasada reválida de 6º de primaria, a Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galiza IMPÓN aos centros educativos a súa realización, coa clara intención de implantar a LOMCE seguindo a folla de ruta establecida dende Madrid por un Goberno Por todas as razóns amplamente expostas durante estas semanas e xa coñecidas por todas/os, na Federación Comarcal de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra e na Confederación ANPAS GALEGAS, consideramos que a realización das reválidas so traerá prexuízos as nosas fillas e fillos. Por iso, imos amosar pu...

Convocatoria concentracións contra as “revalidas” da LOMCE - 10/05/2016

Divulgamos o seguinte comunicado que nos fan chegar dende FEANPAS,  a Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra: O vindeiro mércores día 11 os centros educativos galegos de primaria comezarán as probas de reválida de fin de ciclo impostas pola a “moribunda” LOMCE.  A pesares do amplo rexeitamento destas probas, manifestado por todos os sectores da comunidade educativa galega, a Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galiza IMPÓN aos centros educativos a súa realización, coa clara intención de implantar a LOMCE seguindo a folla de ruta establecida dende Madrid por un Goberno en funcións. Por todas as razóns amplamente expostas durante estas semanas e xa coñecidas por todas/os, na Federación Comarcal de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra e na Confederación ANPAS GALEGAS , consideramos que a realización das reválidas so traerá prexuízos as nosas fillas e fillos.  Por iso, imos amosar publicamente o total rexeitamento da comunida...

14 de abril: manifestación do Sindicato de Estudantes

Os vindeiros 13 e 14 de abril hai convocada unha folga de estudantes a nivel estatal para protestar por un ensino público digno e de calidade, e contra a LOMCE e o 3+2 en ensinanzas universitarias. Por este motivo, o Sindicato de Estudantes convoca para o próximo xoves 14 de abril unha manifestación en Ferrol que partirá da Praza de Amada García (fronte o edificio da Xunta) ás 12:00h . Podedes atopar máis información nas imaxes axuntas. Rógase a súa difusión.

Mesa Redonda sobre a LOMCE

Organizado poola A.C. Fuco Buxán: Mesa Redonda:     A LOMCE Unha Lei neliberal, privatizadora e clasista. Venres 22 de novembro, ás 19,30 horas, no salón de actos do Instituto Concepción Arenal de Ferrol. Presenta: Celso Posada Fernández , mestre e responsable da Área de Xuventude de Fuco Buxán. Interveñen: Jurjo Torres Santomé , Catedrático da UDC, Helena Gómez Vecino , Presidenta da CONFAPA, Marcos Abad, Sindicato Estudantes de Ferrolterra. Asociación Cultural Fuco Buxán. Apartado de Correos, 240. Telf.: 981.325.492. Ferrol 15400. Galicia. España. fucobuxan@yahoo.es www.fucobuxan.com

Comunicado Sindicato de Estudantes

Desde o Sindicato de Estudantes queremos mostrar o noso agradecemento ós traballadores de Navantia-Ferrol pola súa decisión de unirse á nosa manifestación, que agora tamén é súa, do 20 de novembro, en defensa do ensino público e para esixir a retirada da LOMCE e a dimisión do ministro Wert. A LOMCE, contra a que nos levamos mobilizando máis dun ano, pretende degradar a niveis propios do franquismo o ensino público, unha conquista fundamental para que os estudantes fillos de trabalaldores podamos acceder a unha educación de calidade. Pero o ataque ó ensino público non é algo illado do resto de ataques que o PP está levando a cabo. A LOMCE forma parte do plan da dereita para demoler todos os dereitos conquistados pola loita do movemento obreiro durante décadas. En dous anos de goberno, o PP atacou a sanidade, os dereitos dos traballadores, suebu impostos..., e todo cun único obxectivo: roubar os pobres para dárllelo ós ricos (banqueiros e empresarios). Non hai cartos para...

Mesa redonda contra a LOMCE. "Ley Wert(LOMCE) unha lei educativa clasista, segregadora e neoliberal."

A nosa asociación informa de que o vindeiro m ércores día 15 de maio ás 20:00 horas , celebrarase unha Mesa Redonda sobre a Lei Wert (LOMCE) no Salon de Actos do I.E.S Concepcion Arenal (Masculino) . O título da Mesa Redonda sobre a LOMCE, é o seguinte: "Ley Wert (LOMCE) unha lei educativa clasista, segregadora e neoliberal." - Presentará o Acto un/a profesor/a do I.E.S Concepcion Arenal. Intervirán: - Javier Sanchez( Feampas) - Marcos Abad( Sindicato de Estudantes) - Antonia Martinez( CIG Ensino) - Tomas Miranda ( CCOO Ensino) - Jose Maria Dobarro ( IU Ferrol) - Ana Lamas Vilar ( Xuventudes Socialistas de Ferrol) - Celso Posada( Psoe Ferrol) Outros pendentes de confirmar.

Apoio á Defensa do Ensino Público

A Asociación Cultural Fuco Buxán, en defensa dun Ensino Público, universal e de calidade, apoia a Folga do Ensino e participará nas dúas manifestación convocada para o xoves 9 de maio, que partirán do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García – Ferrol) ás 11,30 horas e ás 19,30 horas. Convida a toda a cidadanía á participación e, respectando os motivos de cada quen, fai un chamamento á unidade sindical, para tod@s xunt@s, conquerir o obxetivo: A retirada da LOMCE e das medidas que o Goberno do PP está a aplicar contra o Ensino Público.