A A. C. Fuco Buxán súmase ao apoio e solidarízase co activista social Francisco José Martínez Rodríguez. Así mesmo, difundimos escrito recibido onde se expoñen os feitos polos que será xulgado e animámosvos a acudir á convocatoria de Concentración de Apoio o 14 de marzo ás 09:00 horas fronte aos xulgados de Ferrol : Compañeiros / compañeiras: O vindeiro día 14 de marzo, será xulgado ás dez horas ao compañeiro Francisco José Martínez Rodríguez- TXUTE. Os feitos remítense ao 29 de marzo do 2012, día da Folga Xeral contra a reforma laboral do PP. Como lembraredes moit@s un individuo abalanzou-se co seu vehículo contra a manifestación da CIG cando percorría as rúas de Ferrol. Unha persoa Patricia López Dafonte sufriu feridas de consideración. O mencionado individuo adiantou a dous coches que o precedían e subindo-se ao paseo intentou pasar a todo custo por entre a manifestación que discurria pola rúa con moita Asistencia. O cabreo dos manifestantes foi maiúsculo, como...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."