Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Aborto

Domingo 28 actos da Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra

A Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra convida a toda a cidadanía a sumarse aos actos do 28 de setembro. O Día Internacional pola Saúde Sexual e Reprodutiva das Mulleres conmemórase este ano baixo o lema:  ABORTO LIBRE, SEGURO E GRATUITO A Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra, lembra que o vindeiro domingo, día 28 de setembro, conmemórase o Día Internacional pola Saúde Sexual e Reprodutiva das Mulleres. Este ano ten especial importancia por estar dedicado ao dereito das mulleres a decidir libremente a súa maternidade. Baixo o lema ABORTO LIBRE, SEGURO E GRATUITO terán lugar os actos a desenvolver pola Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra. Con este motivo, a Plataforma ten organizado un pasarrúas e un acto central ao remate,  convida a toda a cidadanía da bisbarra a sumarse e a participar neste evento. O pasarrúas  saíra do Cantón ás 12 horas e fará un percorrido polos principais espazos públicos da cidade de Ferrol. O acto ce...

Charla informativa "CONTRARREFORMA LEI DO ABORTO"

O GRUPO DE TRABALLO DE FERROLTERRA DA “PLATAFORMA POLO DEREITO AO ABORTO”. INVITA A TODA A CIDADANIA Á CHARLA INFORMATIVA CO OBXECTIVO DE EXPLICAR O QUE SIGNIFICARÁ A CONTRARREFORMA DA LEI DO ABORTO EN CANTO AO RETROCESO NOS DEREITOS REPRODUTIVOS DAS MULLERES. INTERVEÑEN: DOLORES CASTRO (XURISTA) E LOLA FERREIRO (DOUTORA EN MEDICIÑA E CIRUXIA, EXPERTA EN EDUCACIÓN PARA A SAÚDE DENDE PERSPECTIVA DE XÉNERO). DÍA: XOVES 7 NOVEMBRO HORA: 19,30H. LUGAR: LOCAL SOCIAL DA GÁNDARA - NARÓN. Aborto libre e gratuíto, na sanidade pública; é a decisión da muller! Nós parimos, nós decidimos!

CONFERENCIA PLATAFORMA POLO DEREITO AO ABORTO

A nosa asociación informa: O Grupo de Traballo Comarcal de Ferrolterra da Plataforma Galega polo dereito ao aborto, ten o gusto de convidarvos mañá venres día 28 de xuño na galería Sargadelos as 20:00 horas , á conferencia : "O aborto, o meu dereito"  por Ángeles Alvarez. Esperamos a vosa asistencia Integran a Plataforma: Adiante, AGIR, Andaina, ANOVA, Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, Assembleia de Mulheres do Condado, Asociación CDR Virxe do Carme de Camariñas, Asociación Cultural Fuco Buxán, Asociación de Mulleres Dorna, Asociación Enriqueta Otero, Asociación feminista Buserana, Asociación “Finisterrae” de profesionais de desenvolvemento local (AFIPRODEL), Asociación Galega de Saúde Sexual (AGASEX), Asociación Líder, AMI, Asociación Nós Mesmas, Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega (APAIOGA), Asociación Púrpura, Asociación Teenses pola Igualdade, Asociación Ve-la luz, BNG, Briga, CCOO de Galicia, Comités, Compr...

Manifestación Polo dereito ao aborto

  A nosa asociación cultural Fuco Buxán sumouse ás reivindicacións contra a Lei do Aborto, e estivo en Santiago de Compostela na gran mobilización do día 16 de xuño por mostrarse totalmente contrarios ante ás políticas do ministro Gallardón, entre outras, a Lei do Aborto. Ofrecémosvos a continuación o enlace ao álbum fotográfico da Manifestación convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto o pasado día 16 de xuño de 2013. As mulleres teñen dereito a decidir . Álbum fotográfico: https://plus.google.com/106726281086842107689/posts/87D6i5khML2

Convite para participar na Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto

Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto. A vida non se protexe recortando dereitos.  Este convite vai dirixido a todas aquelas organizacións que traballan no ámbito local e galego e que aínda non forman parte da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto. Onte, 27 de maio, constituíuse en Ferrolterra o grupo de traballo local da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto nunha asemblea celebrada no Ateneo Ferrolán na que estábamos convocadas aquelas organizacións que participamos a nivel nacional na Plataforma. Na asemblea decidiuse facer un chamamento e convite a todas aquelas organizacións que no ámbito local desexen participar neste recen constituído "Grupo de Traballo". O obxectivo da Plataforma é a de loitar polos dereitos individuais das mulleres e para xuntar forzas e conseguir sensibilizar á cidadanía sobre o dereito das mulleres a decidir sobre o noso corpo e que esta reforma da lei do aborto do ministro Gallardón supón un retroceso de 30 anos na l...