Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Necesidade

Acoso ás preceptoras do RISGA

A Consellería de Política Social, que dirixe José Manuel Rey Varela, continúa co seu acoso ás persoas máis empobrecidas, en concreto ás perceptoras da RISGA. Explicamos a situación que está a sufrir unha compañeira. A muller recibiu, a mediados de marzo, un requirimento da Xunta. Nel esíxenlle que acredite que vive nunha vivenda independente á dos seus pais, malia que hai uns meses entregou un padrón municipal onde aparecía numeración diferente para cada vivenda. Esta compañeira vive coa súa filla nunha “caseta de obra” situada na mesma finca onde o fan os seus pais nunha casa independente á dela. Así o di o concello, a través do padrón, onde teñen asignados números de portal distintos para cada vivenda -unha delas moi precaria- do terreo. Unha situación clara e sinxela de entender: dúas familias que viven en fogares independentes na mesma finca. Na Xunta incluso teñen informes da traballadora social do concello que certifican isto. Seica esta realidade non se acomoda ao...

PEDIDO URXENTE de Lazos Pro Solidariedade

Dende a nosa Asociación Cultural Fuc o B uxán que remos participar no cham amento de PEDIDO UR X ENTE:  A Asociación Lazos Pro Solidariedade , NECESITA DE MANEIRA URXENTE alimentos para dar o almo rzo diario a entre 35 y 50 persoas . Para elo se necesita: Sucre , leite, café , galletas , etc. Tamén para 70 familias sen recursos que se atenden dentro do programa e no domicilio necesítanse: G alletas, C ola-cao, Leite, P asta. ÉSTE PEDIDO É URXENTE A ASOCIACIÓN NO TEN RECURSOS , E O QUE CHEGA DO BANCO DE ALIMENTOS NON ALCANZA, XA QUE SON MÁIS AS PERSOAS QUE O NECESITAN. P ARA ALCANZAR ESTES ALIMENTOS DIRIXIRSE A : Avda. Dr. Fleming  Nº 8-10 Ba ix o , Ferrol, teléfonos de contacto: 981350777-698147975  Tamén poden contactar por correo electrónico: administracion@lazosprosolidariedade.org

Inauguración da Tenda de Troco, en Ferrol.

O vindeiro sábado día 6 de abril, celebrarase a Festa de Inauguración da Tenda de Troco, en Ferrol. Polo que se convida a toda a cidadanía a asistir á mesma para coñecer a tenda e o seu funcionamento.  Máis información sobre a tenda nesta ligazón: http://tendadetroco.blogspot.com.es/ Lembra que ali mesmo pódense entregar para o BANCO DE ALIMENTOS artigos de alimentación (non perecedoiros ) e de hixiene. Moitas persoas en situación difícil agardan a colaboración de todos e de todas. En vista da grave situación que estamos a padecer na bisbarra, a Rede de Apoio Mutuo-Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra, quere facer un chamamento de emerxencia. Actualmente estamos a tratar uns 15 casos de posibles desafiuzamentos, algunha destas familias ten fillos menores ao seu cargo, non teñen ningún ingreso, nin un anaco de pan que levarse á boca. Algúns estás asistindo ao comedor social, e a única alternativa que lles dá o Desgoberno municipal é que vaian pedir Cáritas. ...

Banco de Alimentos de Emerxencia Social Ferrol, Solidariedade.

 En vista da grave situación que estamos a padecer na bisbarra, a Rede de Apoio Mutuo-Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra, quere facer un chamamento de emerxencia. Actualmente estamos a tratar uns 15 casos de posibles desafiuzamentos, algunha destas familias ten fillos menores ao seu cargo, non teñen ningún ingreso, nin un anaco de pan que levarse á boca. Algúns estás asistindo ao comedor social, e a única alternativa que lles dá o Desgoberno municipal é que vaian pedir Cáritas. Necesítanse con urxencia cueiros para un neno (Talla 6), produtos de limpeza e hixiene persoal e calquera alimento que poidades doar que non sexa perecedoiro ou con bastantes días de marxe, tipo; arroz, cereais, lentellas, fabas, garavanzos, chícharos, patacas, conservas, leite, etc.. Calquera asociación, partido político, sindicato, colectivo, etc. que queira sumarse a esta campaña de recollida de alimentos e incluír o seu local, pode comunicalo nesta páxina ou ben chamando o tlf: 637 567 497 ...