Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Área de Benestar Social

Obradoiro de Corresponsabilidade para homes

Achegámosvos dúas notas de prensa difundidas polo gabinete de comunicación do Concello : -Últimas prazas para anotarse no Obradoiro de Corresponsabilidade para homes convocado polo Concello. -A Concellería de Mocidade impulsa varias actividades nos centros educativos e na Casa da Mocidade.

Ciclo Democracia e Compromiso - PENSIONS: o saqueo do PP á caixa única - MÉRCORES 8 de XUÑO

Estás próximo a recibir a túa pensión de xubilación? Estás a traballar dúramente coa esperanza de poder recibir unha pensión decente unha vez cumplida a túa parte do trato? Sabes cómo está actualmente a caixa única das pensións? Qué pensas das novas que anuncian que está en perigo? Para despexar tódalas vosas dúbidas, comprácenos anunciar o próximo acto dentro do noso Ciclo Democracia e Compromiso , que terá lugar o MÉRCORES 8 de xuño , ás 19:30h no Centro Cultural Carvalho Calero , e que leva por título PENSIÓNS: O saqueo do PP á caixa única.  Nel contaremos coa presenza de Hector Maravall , avogado laboralista e asesor na Confederación Sindical de CCOO. Agardamos a vosa presenza!  Agradécese a difusión deste acto

CONCENTRACIÓN REPULSA ASASINATO MACHISTA

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA: CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE Tatiana Vázquez Abuin en Lugo. Unha vez máis sairemos á rúa para amosar a nosa indignación polo asasinato dunha muller por violencia machista. Tatiana foi asasinada polo seu  ex-compañeiro sentimental pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas. Sairemos novamente para rexeitar este cruel asasinato e denunciar unha vez máis a violencia machista instalada na nosa sociedade. É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista. Non consentiremos que a violencia machista continue asasinándonos!!!! O XOVES 14 DE ABRIL ÁS 20:00H NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

I Xornadas innovación educativa Ferrolterra. "Outra educación é posible" - Venres 1 de Abril de 2016 no Ateneo Ferrolán

I Xornadas innovación educativa Ferrolterra "Outra educación é posible" En Ferrol, no Ateneo Ferrolán ( Rúa Madalena 202-204 ), desde as 19:00horas. Organizado pola Área de Educación de Esquerda Unida Ferrol. Os seis proxectos participantes desta xornada, amosan que pódese combatir con creatividade, audacia, imaxinación, ilusión e pedagoxía unha lei educativa tan retrógrada, clasista e que fundaméntase na memorización como é a LOMCE. Desde a Área de Educación de Esquerda Unida Ferrol consideramos que é moi importante que a cidadanía coñeza proxectos innovadores que se están a realizar na comarca. Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/100711546993799/ Esquerda Unida de Ferrol R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda 981944035 www.euferrol.org https://www.facebook.com/ esquerdaunida.ferrol https://twitter.com/EUFerrol http://www.esquerdaunida.org/ ferrol.html Fonte: http://artabra21.blogspot.com.es/2016/03/i-xornadas-innovacion-educativa.html

Prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 158 “Valencia Knutsen”.

Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 158 “Valencia Knutsen” o Comité Cidadán de Emerxencia , convoca: CONCENTRACIÓN Lúns, 18 Novembro 2013, ás 19:00 horas, diante Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, situado na praza Amada García de Ferrol. Características do buque: Nome.- Valencia Knutsen, Bandeira.- España, Eslora.- 290 m, Manga.- 45.8 m, Puntal.-26.5 m, Calado.- 11.95 m, Capacidade.- 173.410 m³ de GNL PLANTA DE GAS: PECHE XÁ !

Falecemento, esta tarde, da nosa querida compañeira Victoria Fernández Paredes.

Con gran sentimento, comunicamos o falecemento, esta tarde, da nosa querida compañeira Victoria Fernández Paredes, tras unha breve, pero irreversible, enfermidade. Victoria, Directiva e cofundadora da Asociación Cultural Fuco Buxán, mantivo toda a súa vida un gran compromiso con todas as causas sociais, desde a súa activa militancia na HOAC nos anos sesenta, a participación nas ANPAS e nos movementos veciñais, o seu labor como Concelleira polo terzo familiar, despois na UGT e no PSOE e os últimos anos nesta Asociación, desenvolvendo un importante traballo no Foro Social de Ferrolterra e nas súas Plataformas solidarias. Hai que destacar tamén a súa entrega xenerosa a todas as actividades do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, do que formaba parte e do cal ou seu compañeiro Carmelo Teixeiro foi o primeiro Coordinador. Lembraremos sempre a Vitoria, e a Carmelo, como amigos, como compañeiros entrañables e como exemplo de dedicación e perseveranza no traballo pol...

Documento-Declaración Dereitos humanos e principios no ámbito dixital e en internet.

Aseguremos os dereitos humanos en Internet. Espazo Ecosocialista insta á Xunta de Galicia a asegurar os Dereitos Humanos no ámbito dixital. Na metade do século pasado a aparición da electrónica supuxo un substancial avance no eido tecnolóxico, avance que deu outro pulo importantísimo coa aparición da internet nas últimas décadas so século XX. En poucos anos, esta nova ferramenta converteuse en básica para persoas, comunidades, organizacións, gobernos, en calquera tipo de actividade. A incidencia e o fenómeno social que supón, ven requirindo hai tempo unha regulación propia e especifica, que recoñeza aspectos e valores para todos os actores, ao mesmo tempo que obrigas e responsabilidades. Non será posíbel unha regulación xusta sen ter en conta os valores, xeitos e formas de funcionamento da Internet dende o seu nacemento. Non facelo, supón non entender nin avaliar a verdadeira importancia do que tratamos, perverter unha realidade social aloxándoa do obxectivo e do inte...

Semana de Loita contra as Fronteiras do Foro Galego de Inmigración.

O Foro Galego da Inmigración organizou xunto a colectivos sociais unha Semana de Loita contra as Fronteiras do 21 ao 25 de outubro, en distintas cidades de Galicia. Pasado un ano da entrada en vigor do Real Decreto 16/2012, que retira o dereito á asistencia sanitaria ás persoas migrantes en situación irregular, quere denunciar a trama de fronteiras que a política de estranxeiría española impón ás persoas migrantes. Entre as actividades que compoñen esta semana de loita, están as presentacións do libro en Vigo, Ourense e Coruña, coloquios en Compostela e Ferrol baixo o título "Fronteiras. Diferentes dispositivos, mesma función. Políticas migratorias e exclusión de dereitos", nos que participará Eduardo Romero e activistas polo dereito á saúde universal. Eduardo Romero é integrante do colectivo asturiano Cambalache, autor de diferentes textos sobre políticas migratorias e co-autor do libro "¿Qué hacemos con las fronteras?". A semana completarase cunha...

Hoxe venres a Rádio FilispiM vai ao Ateneo Ferrolán! Ao Vivo!

Dende o Ateneo Ferrolan montarán un "pequeno ambigú" onde poderemos mollar as gorxas mentres escoitamos e vivimos en directo esta fascinante experiencia, xunto a Rubén Artabe e @s compañeir@s filispinian@s ... así que, non deixedes de vir a esta "Sesión de tarde de venres" no Ateneo. Nota de prensa do Colectivo Opaíí!! – Rádio FilispiM, 93.9 FM. Este venres é moi probábel que chova en Ferrol, subirán as temperaturas mínimas e baixarán as máximas e o vento soprará do sul moderado, mais é unha previsión. O que si é seguro é que “Rádio FilispiM vai … ao Ateneo Ferrolán”. O Colectivo Opaíí! mobilizará este venres 18 de outubro as súas hostes para oferecer a partir das 20:00 h. dende o salón de actos do Ateneo un programa especial de dúas horas que abre un novo ciclo, o “FilispiM vai…”. Neste programa especial terán voz os protagonistas da senlleira entidade ferrolá. Falarese do pasado, presente e futuro do Ateneo, dos cursos e actividades que se están a le...

Prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 156 "Iberica Knutsen"

Prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 156 "Iberica Knutsen" o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca CONCENTRACIÓN Sábado 19 de Outubro, ás 19:00 horas na Praza Amada Garcia – Ferrol. Características do buque: Nome.- Iberica Knutsen. Bandeira.-Noruega, Eslora.- 277 m. Manga.- 43.44 m, Calado.- 12.10 m. Capacidade.- 138.000 m³ de GNL. PLANTA DE GAS: PECHE XA !

Obstáculos do Grupo Popular ao informe do Parlamento Europeo.

Hoxe, (Documento anexo), a eurodiputada do Grupo Os Verdes, Tatjana Zdanoca, que, o pasado febreiro, formou parte da Delegación de Parlamentarios que visitaron a nosa Ria, manifesta que o caso de Reganosa é un caso de corrupción, e que en torno a súa ubicación puido haber irregularidades. Hai que saber que o Grupo Popular está obstaculizando que no informe final do Parlamento Europeo se recolla a realidade do que acontece na Ria de Ferrol e en particular a ameaza de Reganosa e os efectos perniciosos sobre a Ría: https://docs.google.com/file/d/0B5Gwc-gBZgsuajhHSGFIeXJKQnM/edit?usp=sharing Engádese tamén COMUNICADO do CCE dando resposta a unhas declaracións do Presidente de Reganosa: Resposta do CCE ao Pte. Reganosa 1º A Planta de Reganosa dende a entrada en funcionamento no 2007, nunca superou o 40% da súa capacidade de produción, a pesares diso os promotores de Reganosa e a Xunta do Sr, Feijoo viñeron reclamando nestes últimos anos a necesidade de case triplicar a c...

Xornada Temática sobre Inmigración en Ferrol

A área de Inmigración da A.C. Fuco Buxán e o Ateneo Ferrolán teñen o pracer de convidar á cidadanía a unha Xornada Temática sobre Inmigración que se celebrará o vindeiro día 25 de outubro, ás 20:00 horas, no Ateneo Ferrolán da rúa Magdalena Nº 202 en Ferrol.  Coa presenza de Eduardo Romero (Asturias), Carlos Piñeiro (Médico Ferrol) e, Mª Teresa Bustamante (Avogada) . O Acto será presentado por Susana Alaniz (Responsable da área de Inmigración e directiva da A.C. Fuco Buxán) . Proxectarase un documental titulado: "Un Viaje al Edén" Acudide! Prégase difusión. 

A sentenza contra a Planta de Xixón e o caso Reganosa

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid ditou sentenza considerando ilegal a regasificadora do Musel (Xixón), aceptando un recurso presentado en 2008 por EQUO-Os Verdes de Asturias, contra a resolución do Ministerio de Industria que autorizaba a súa construción. A decisión xudicial baséase no feito de que a instalación non respecta a legalidade ao estar construída a menos de dous quilómetros de núcleos habitados, incumprindo o estipulado no Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas (RAMINP). A Planta regasificadora, xa finalizada, non foi conectada á rede por decisión do Goberno central, que o considerou innecesario, dado que non ten demanda de subministración e que as máis próximas, Bilbao e Reganosa están a funcionar moi por baixo da súa capacidade, non obstante Enagás, "está a cobrar" a amortización por "retorno do investimento" que se carga á factura dos usuarios" da rede de distribución de gas. O Comité Cidadán de Em...

"POR UNHA GALIZA SEN LUMES, POR UN RURAL CON FUTURO"

"POR UNHA GALIZA SEN LUMES, POR UN RURAL CON FUTURO" MANIFESTACIÓN NACIONAL DOMINGO, 6 DE OUTUBRO ÁS 12 DO MEDIODÍA DESDE A ALAMEDA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA A sociedade galega alza a voz novamente contra a barbarie dos incendios e contra a política rural e medio ambiental que leva ao progresivo desmantelamento do noso medio tradicional e ao consecuente abandono da terra que cada ano acaba pasto dos lumes e da especulación. BASTA XA de deixar o monte galego ao abandono, pasto do lume, ao desleixo e á especulación, pois o rural pode e ten que ter futuro, un futuro que se a Xunta non está disposta a liderar, e prefire seguir sen investir un só euro e sen adoptar unha soa medida concreta para recuperar o monte e atallar o problema de escorrentías que se aveciña, debe apartarse definitivamente do camiño e deixar que sexa a comunidade local coa axuda de voluntariado a que tome a iniciativa. Dende ADEGA apoiamos esta iniciativa e convocamos a socias/os e si...

EMERXENCIA: LANZAMENTO DUNHA VIVENDA EN CABANAS

Concentración e apoio a Sandra, o Luns, 7 de Outubro, ás 10 da mañá fronte ao Areal da Praia de Cabanas, urbanización Los Llanos, nº3. Compañeiras e Compañeiros: Onte pasaron-nos unha notificación de que se ía producir un lanzamento de vivenda en Cabanas, Urbanización Los Llanos nº3 (Na zona da Praia das Cabazas). Nós xa coñeciamos algo sobre este asunto, no que tivera que intervir o Valedor do Pobo, para que a esta muller a quixeran empadroar no Concello de Cabanas, pois o Secretario negaba-se. Mais o asunto non volveu saltar á luz até onte, onde a exposición da situación durou sobre seis horas, coa presencia da nosa avogada, un concelleiro de Cabanas e nós. O asunto non é só o lanzamento da vivenda. Este desafiuzamento é consecuencia dunha situación de VIOLENCIA MACHISTA, a cal confirmamos a través da asociación Ve-la Luz. Sandra, que é así como se chama a persoa que van desafiuzar da súa casa, ten unha sentenza de divorcio logo de máis dun ano de espera, onde ten a ...

NOTA SOS Sanidade pago medicamentos hospitalarios.

A Plataforma SOS Sanidade Pública, da que forma parte Espazo Ecosocialista, rexeita o pago de medicamentos hospitalarios: Ante a resolución do Ministerio de Sanidade que establece o pago farmacéutico para os pacientes non hospitalizados a partir do 1 de outubro e que inclúe medicamentos para atrasar a progresión en cancro de mama avanzado, cancro de rin, tumores cerebrais, leucemia mieloide crónica e outros tumores, a Plataforma SOS Sanidade Pública quere comunicar que a medida, ademais de ferir a sensibilidade da maioría social, resulta: 1.- Inxusta xa que supón un novo imposto que grava a utilización de medicamentos ás persoas con enfermidades crónicas e de extrema gravidade, cuxa saúde pode sufrir un grave quebranto si non as toman. Resulta paradoxal a aplicación desta nova taxas que afectará fundamentalmente aos grupos sociais máis débiles mentres de manteñen as desgravacións fiscais aos sectores economicamente máis poderosos ou se amnistía aos defraudadores. 2.-Cont...

Presentación Documento Defensa Sistema Público de Pensiones en Congreso Diputados y 24 expertos firmantes.

Queridos amig@s y compañer@s: Por su interés enviamos el Documento elaborado por 24 economistas y juristas "En defensa del sistema público de pensiones" presentado ayer 20 de septiembre en rueda de prensa en el Congreso de Diputados ante una importante presencia de medios han presentado dicho Documento Alberto Garzón, Hector Illueca y Pedro Montes. El Documento y la relación de los 24 expertos que han participado en su elaboración se encuentran en los archivos adjuntos en formatos PDF y doc. Es la primera réplica seria y razonada al "Informe de los 12 expertos" promovido por el gobierno de Mariano Rajoy para justificar la nueva contrarreforma de las pensiones. Es un documento que contiene sobradas razones y argumentos para organizar el rechazo social y ciudadano, en particular de quienes tienen una pensión de jubilación y de los trabajadores/as a la nueva contrarreforma. Ruego la mayor difusión para que se convierta en un instrumento de sensibili...