Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Ferrolterra

Polo noso futuro: 10 de marzo | Día da Clase Obreira Galega

A A. C. Fuco Buxán manifesta o seu apoio á folga xeral convocada polos sindicatos en defensa da comarcas para o día 10 de marzo. A elección dunha data como o 10 de marzo non é unha casualidade, ten un significado, é o corenta e nove aniversario dun fito histórico como foron os sucesos de 1972. Unha mobilización dos traballadores de Bazan Ferrol, en demanda da negociación dun convenio propio –a causa da reivindicación deste convenio era que os Xurados de Empresa do sur estaban controlados pola Dirección a diferenza do Xurado de Ferrol, cuxo peso determinante era de militantes comunistas de comisións obreiras -foi disolta por disparos da policía franquista causando decenas de feridos de bala e a morte de Daniel Niebla e Amador Rey. O 10 de marzo de 1972 foi un acontecemento histórico na loita do movemento obreiro polos seus dereitos e lograr unha sociedade máis xusta e democrática. Estaría ben lembralo, nestes momentos de reinterpretación da Memoria Histórica. A democracia foi posible p...

Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra - Nos últimos días a depauperada situación socioeconómica de Ferrolterra acelera o afloramento de inxustizas extremas en referencia ao dereito á vivenda e ao aumento do empobrecemento da Clase Traballadora - Desafiuzamentos- Xuízos - Concentración

Compartimos o artigo publicado pola Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra nos que falan do aumento de casos de posibles desafiuzamentos sen alternativa habitacional. Concretamente, convocan unha concentración para o vindeiro luns 6 de febreiro , ás 13:00h diante dos Xulgados de Ferrol : Nos últimos días a depauperada situación socioeconómica de Ferrolterra, acelerou o afloramento de inxustizas extremas en referencia ao dereito á vivenda, e ao aumento do empobrecemento da Clase Traballadora. A falta de emprego, mesmo a falta de perspectivas de consegui-lo a curto prazo, deprimen socialmente a unha poboación castigada duramente pola crise e a mala xestión dos recursos nas comarcas do noroeste galego, e principalmente nos concellos da contorna da Ría de Ferrol. As persoas que non teñen apoio familiar son as principais vítimas da situación. En Ferrolterra, miles de persoas viven dos salarios e pensións de familiares directos en primeiro grado, mesmo até conviven nos mesmos fogares....

Inauguración do Ciclo "Ferrolterra, presente e futuro" con X. Fernández Leiceaga: xoves 19 de xaneiro, 19:·30h, Ateneo Ferrolán

Dende Fuco Buxán convidámosvos a participar nos actos que terán lugar no marco do ciclo de conferencias-debate que leva por título FERROLTERRA, PRESENTE E FUTURO : una análise da nosa realidade dende una perspectiva progresista e de esquerdas. Na primeira intervirá o voceiro parlamentario do PSdeG-PSOE X. Fernández Leiceaga , e terá lugar o vindeiro xoves 19 de xaneiro no Ateneo Ferrolán ás 19,30 h . Có devandito ciclo, dende Fuco Buxán pretendemos contribuír ó debate sobre a profunda crise na que está inmersa a nosa bisbarra, e na procura de solucións por parte de tod@s. Por iso, a vosa presenza e participación é importante no coloquio que terá lugar tras a intervención dos protagonistas do acto. A tal fin convidaremos ás forzas da esquerda do noso país, que presentarán as súas alternativas i escoitar as voces da cidadanía.

Sábado 9 de xullo: III Xuntanza Diversa da Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas

Compartimos con vos a invitación que nos fai chegar esta asociación para este sábado 9 de xullo , a partires das 13:00h , no seu local situado na Rúa Colon, esquina coa rúa Mendizabal, B/4 P/5 Baixos 38-39, en Esteiro - Ferrol . Bo día! Enviamos invitación para todas as persoas que estean interesadas en compartir connosco a chegada do verán na III Xuntanza Diversa que imos levar a cabo o vindeiro sábado 9 de Xullo. Como nas anteriores xuntanzas compartiremos os nosos alimentos uns cos outros polo que pedimos que a persoa que veña comer que traía dúas racións e bebida para compartir. Quen non puidese acudir á hora de comer pode vir pola tarde e pasar un bo rato xa que teremos distintas actividades a realizar e cómo non: O sorteo tan esperado... Non o podedes perder. Enviamos asimesmo o cartel para que o fagades extensivo aos vosos socios ou amigos. Graciñas Un saúdo Mari Morado ASOCIACIÓN GRUPO DIVERSIDADE FUNCIONAL FERROL E COMARCAS R/Colon esq. Mendizaba...

Este domingo 19 de xuño, ás 12:00h, en Ferrol, manifestación da Rede en Apoio ás Persoas Refuxiadas

Dende a Plataforma Comarcal de Ferrolterra da Rede Galega Apoio ás Persoas Refuxiadas chamamos á participación na manifestación convocada para o día 19 de xuño ás 12:00h . A saída terá lugar da Praza de Amada García (fronte o Edificio da Xunta, zona Praza de España), rematando na Praza do Cantón. No seguinte artigo do Foro Galego de Inmigración de Ferrolterra , danse máis detalles sobre os motivos desta mobilización:  19 de xuño, 12:00h - Manifestación da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas - Ferrol Como participantes na Rede en Apoio ás Persoas Refuxiadas de Ferrolterra, a nosa asociación convídavos a participar nesta mobilización para que se tomen as medidas necesarias para poñer fin aos conflictos que provocan esta crise, e garantizar o tránsito seguro e o cumplimento da lexislación en materia de Dereitos Humanos. Para máis información: Revisa á web da CGONGD: www.galiciasolidaria.org ou @cgongd Web da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas: www.reder...

Este sábado 28 de maio ven a manifestarte a Lugo coas Marchas da Dignidade #MurallaDeDignidade

Este sábado 28 de maio hai convocada unha manifestación a nivel galego polas Marchas da Dignidade . Nesta ocasión, a cidade escollida para a mobilización é Lugo . Coa fin de quentar motores para esta data, a Columna Galega das Marchas da Dignidade , co-organizou coa Columna de Lugo un "Faladoiro da Dignidade" , un acto realizado o día 13 de Maio de 2016 en Lugo para falar das Marchas da Dignidade e da importancia de mobilizarse o día 28 deste mes de Maio, na que entraremos nas históricas murallas romanas de Lugo, patrimonio da humanidade, para conformar "Unha Muralla de Dignidade" | #MuralladeDignidade . A continuación deixamos os vídeos das intervencións dos convidados a esta xornada: Manuel Cañada Isabel Villaba Rafa Escudero Rocío Fraga Como é habitual, as Marchas da Dignidade de Ferrolterra organizan autobuses para participar nesta mobilización.  O bus ten un prezo de 6€ ida/volta. Sairá o sábado 28 de maio ás 10:00h da...

Este martes 24 de maio tivo lugar a presentación da "Campaña contra os Voos de Deportación" do Foro Galego de Inmigración en Ferrolterra

O pasado martes 24 de maio tivo lugar ás 12:30h na Galería Sargadelos de Ferrol a rolda de prensa de presentación da Campaña contra os Voos de Deportación do Foro Galego de Inmigración . Nesta rolda de prensa contouse coa presenza de Luis Victoria , actual Concelleiro de Ferrol responsable de temas de inmigración, así como membros de colectivos que se adheriron a esta campaña, entre eles, Fuco Buxán . Foto : Daniel Alexandre (Diario de Ferrol) Esta rolda de prensa foi cuberta polo Diario de Ferrol na seguinte noticia: Diario de Ferrol - El Foro de Inmigración presenta su campaña contra las deportaciones Para todas aquelas persoas que descoñezan a existencia desta campaña, incluímos máis información sobre ela a continuación: Quen somos? A Campaña Estatal polo Peche dos CIE é unha coordinación de colectivos antirracistas e de loita contra as fronteiras. Desde fai anos vimos loitando polo peche dos Centros de Internamento de Estranxeiros e denunciando a persecución, a ...

"Rompamos o bloqueo: mulleres rumbo a Gaza" no Ateneo - 24/05/2016

A Marcha Mundial das Mulleres organiza no Ateneo Ferrolán o próximo 24 de maio , ás 19:00h un evento co título  "Rompamos o bloqueo: mulleres rumbo a Gaza" coincidindo coa celebración do Día Mundial da Paz e o Antimilitarismo . O acto servirá de denuncia sobre a situación das mulleres nos conflitos e nas guerras, e falará da situación das mulleres palestinas en Ferrolterra.

AGA - Campaña de trampeo de primavera - Programa STOP vespa velutina - Datas actualizadas

A xente da Asociación Galega de Apicultura (AGA) de Ferrolterra nos envían este comunicado no que promoven entre a xente a realización dunha campaña colocación de trampas contra a vespa velutina esta primaveira, coa fin de evitar que esta praga, perigosa para o ser humán e letal para a poboación de abellas, siga a medrar: CAMPAÑA DE TRAMPEO DE PRIMAVERA - PROGRAMA STOP VESPA VELUTINA As velutinas representan un problema importante de todos xa que devoran insectos beneficiosos que garanten a biodiversidade, acaban coa froita e representan un risco serio para as persoas. Os centos de raíñas que xera cada niño velutino en outono coa primavera reinician o seu ciclo vital para fundar novas colonias, sendo cando mellor se pode loitar contra a praga, xa que na primavera cazamos raíñas. Unha campaña intensa de trampeo na primavera reduce o número de niños ata un 75%. Participa e pon na túa horta ou xardín un par de trampas colgadas das árbores en flor como camelias e frutais xa que é alí...

Asemblea das Marchas das Dignidade Ferrolterra, este venres 6 de Maio, ás 6 da tarde en Caranza, no local de Fuco Buxán

PARTICIPA NA ASEMBLEA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA Este venres 6 de Maio ás 18:00hs en Caranza, no local de Fuco Buxán (Rúa Armada Española, 32 baixo). Coa seguinte orde do día: Preparar a mobilización do vindeiro 15M (Domingo) que vai ter lugar às 12 do mediodía na Praza do Concello de Ferrol, diante do Palacio Municipal. Deseño do Acto (Asemblea, palestras, actuación musical, ...).  Difusión do mesmo (Cartaces, octavillas, redes sociais, envento no facebook, cooreos, twitter, ... boca a boca, ...). falar con organizacións concretas para que participen, ...). Garantir intervencións, ao menos dúas, unha que faleda acción internacional que vai ter lugar ese día promovidas polos movementos #NuitDebout que ocupan as prazas en toda Francia e que se estenderon por todo o mundo contra unha democracia secuestrada por corruptos e banqueiros. E por outra banda outra que sitúe o marco das tres comarcas e Galiza. Información sobre a Coordenadora Galega das Marchas ...

Marchas da Dignidade Ferrolterra: o 1º de Maio, comezo dunha primavera de mobilización e loita

“Que as rúas se enchan de voces e vontades para rematar co sistema inxusto que nos escraviza e empobrece. Viva o 1º de Maio!” “O 1º de Maio comezo dunha primavera de mobilización e loita” A situación política, social e económica está atravesando un dos peores momentos dos últimos tempos... A corrupción e o latrocinio xeneralizado, o apuntalamento dun sistema que permite a inxustiza, o empobrecemento e deterioro das condicións de vida de millóns de persoas... A xeneralización do traballo escravo, precarizado e sen dereitos... A falta de perspectiva para os nosos sectores produtivos, no agro, na pesca, na industria... O deterioro do medio ambiente, a destrución das nosas rías... É urxente frear as políticas que nos afunden en beneficio das transnacionais e dos máis ricos, das persoas cobizosas que acumulan toda a riqueza e o esforzo do noso traballo. Cumpre denunciar o TTIP (Tratado Trasatlántico de Comercio e Investimentos entre EEUU e a Unión Europea) e esixir unha pasaxe segura para ...

Debate Aberto da A. C. Fuco Buxán 'Por unha sociedade mellor'

Debate Aberto da A. C. Fuco Buxán que tivo lugar no Ateneo Ferrolán despois da nosa asemblea ordinaria de socios e socias, un Debate Aberto ao que acudiron cantas persoas desexaron que lles permitiu expresar a súa opinión e realizar as propostas que consideraron para situar os problemas da comarca nun primeiro plano. Agradecer a colaboración do Ateneo Ferrolán. Seguinte Acto que organiza a nosa asociación dentro do Ciclo [Democracia e Compromiso] : Antón Losada Trabada (Jove, 1966) periodista, escritor, político. Conferencia o 5 de maio ás 20:00 horas no Ateneo Ferrolán.

24N Mobilización das Marchas da Dignidade

    IMPORTANTE!! BUSES DESDE FERROLTERRA PARA ENCHER O OBRADOIRO O PRÓXIMO 24-O O próximo sábado 24 de Outubro saíran autobuses desde Ferrolterra. Ás 9:30 da mañá sairán desde a praza 10 de Marzal, no barrio de Recimil en Ferrol, facendo paradas en Caranza, Fene e Cabanas. Chegando ao antigo mercado do gando de Salgueiriños en Compostela, onde a Columna Norte ( 11:00hs ) entrará en manifestación até a praza do Obradoiro ( 12:00hs ), onde terá lugar o acto final da mobilización. A volta de regreso a Ferrolterra será as 14:30 do mediodía. O custo da viaxe será 5 euros por persoa. Para anotarse podedes chamar ao número de telefono 602 587 531 ou mandar un correo a marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com e deixar o voso nome e telf. ou tamén podedes enviar unha mensaxe a través do facebook . O límite para anotarse será o próximo venres ao mediodía. Canto antes vos apuntedes mellor, para facilitarnos saber cantos buses hai que contratar. Ánimo!! fagamos que a ...

Festa de Cultura Popular en solidariedade co Ateneo Ferrolán - O Seixo. Sábado 27 de xuño

Festa de Cultura Popular en solidariedade co Ateneo Ferrolán – O Seixo sábado 27 de xuño de 2015 “Nunca choveu que non escampara” A Sociedade Amigos da Paisaxe Galega do Seixo e o Ateneo Ferrolán organizan unha festa de arte e cultura no Seixo o vindeiro sábado 27 de xuño. A actividade quere ser unha xornada de confraternización do mundo cultural da bisbarra, convocados en solidariedade co Ateneo Ferrolán. Aínda que o problema do patrimonio do Ateneo parece en vías de solución, a entidade padece aínda problemas económicos derivados das débedas contraídas nos últimos tempos por mor das obras de rehabilitación da súa sede e da falta de calquera axuda por parte do Concello de Ferrol nos últimos catro anos. É por iso que o beneficio económico dos actos destinarase ao Ateneo Ferrolán, para o reflotamento económico dunha entidade de vocación cultural aberta e plural que sempre traballou en estreita colaboración co tecido cultural da cidade. É por iso que o fest...