Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2013

O vindeiro sábado 5: Xornada Feminista da Marcha Mundial das Mulleres.

A/A. socias/os, amigos/as: A Marcha Mundial das Mulleres Ferrolterra organiza en Narón o vindeiro sábado 5 de outubro unha xornada de traballo - aberto a todas e todos - co título: "FEMINISMO EN OBRAS" . O Programa e a ficha de inscripción está no seguinte enlace: http://www.feminismo.info/webgalego/programa.html Desde a nosa Asociación Cultural Fuco Buxán, integrante da Marcha Mundial das Mulleres , consideramos moi interesante a participación nesta xornada, na situación actual de retroceso e desmantelamento dos dereitos de igualdade que con tanto esforzo víñanse conseguindo. Animamos a socias e socios amigos e amigas a inscribirse e participar activamente neste encontro.

Vindeiro martes 24 de setembro, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM.

Martes, 23 de setembro de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12:00 horas e xoves de 2 a 3 madrugada. “O Recuncho” Nº 15 6 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitado: Lucía Vilariño , (Directiva da A.C. Fuco Buxán, para tratar o tema da Violencia de Xénero. O “Espertar da Razón”  de José Torregrosa : A “Sección Poética” de Lorena Calaza . "Os libros" espazo de Víctor G. Novás. "Novas e comunicados" Con Fernando Ocampo . Música. Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com E-mail: opafuco@gmail.com Teléfono directo: 981371040

NOTA SOS Sanidade pago medicamentos hospitalarios.

A Plataforma SOS Sanidade Pública, da que forma parte Espazo Ecosocialista, rexeita o pago de medicamentos hospitalarios: Ante a resolución do Ministerio de Sanidade que establece o pago farmacéutico para os pacientes non hospitalizados a partir do 1 de outubro e que inclúe medicamentos para atrasar a progresión en cancro de mama avanzado, cancro de rin, tumores cerebrais, leucemia mieloide crónica e outros tumores, a Plataforma SOS Sanidade Pública quere comunicar que a medida, ademais de ferir a sensibilidade da maioría social, resulta: 1.- Inxusta xa que supón un novo imposto que grava a utilización de medicamentos ás persoas con enfermidades crónicas e de extrema gravidade, cuxa saúde pode sufrir un grave quebranto si non as toman. Resulta paradoxal a aplicación desta nova taxas que afectará fundamentalmente aos grupos sociais máis débiles mentres de manteñen as desgravacións fiscais aos sectores economicamente máis poderosos ou se amnistía aos defraudadores. 2.-Cont

Presentación Documento Defensa Sistema Público de Pensiones en Congreso Diputados y 24 expertos firmantes.

Queridos amig@s y compañer@s: Por su interés enviamos el Documento elaborado por 24 economistas y juristas "En defensa del sistema público de pensiones" presentado ayer 20 de septiembre en rueda de prensa en el Congreso de Diputados ante una importante presencia de medios han presentado dicho Documento Alberto Garzón, Hector Illueca y Pedro Montes. El Documento y la relación de los 24 expertos que han participado en su elaboración se encuentran en los archivos adjuntos en formatos PDF y doc. Es la primera réplica seria y razonada al "Informe de los 12 expertos" promovido por el gobierno de Mariano Rajoy para justificar la nueva contrarreforma de las pensiones. Es un documento que contiene sobradas razones y argumentos para organizar el rechazo social y ciudadano, en particular de quienes tienen una pensión de jubilación y de los trabajadores/as a la nueva contrarreforma. Ruego la mayor difusión para que se convierta en un instrumento de sensibili

Nota da Asociación Galega Defensa da Sanidade Pública trala substitucion das consultas sanitarias por chamadas internet.

Diante do anuncio da Conselleira do desenvolvemento dunha Plataforma de Servizos por Internet para conectar por vía telemática aos hospitais e aos facultativos co fogar dos enfermos (co argumento de aforrar custos e facer sostenible o sistema sanitario) a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere comunicar: 1.- Que con esta medida a Conselleria de Sanidade pretende dar un novo impulso ao proceso de privatización da sanidade galega, financiando con diñeiro público unha plataforma de servizos por Internet nos domicilios dos pacientes. Esta Plataforma foi asignada á Empresa R que forma parte da multinacional sanitaria CAPIO (presente nos servizos sanitarios da maioría das comunidades Autónomas, entre eles os Novos Hospitais Privatizados de Madrid). 2.- O segundo obxectivo da mesma é reducir, aínda máis, os recursos e profesionais dos centros sanitarios públicos substituíndo atención hospitalaria por consultas electrónicas (cos riscos que isto pode supoñer para

Prevista a entrada na Ría de Ferrol do gaseiro cargado con GNL, Nº 154.

Prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 154 "LNG River Niger" o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca CONCENTRACIÓN: Sábado 21 de setembro, ás 20 horas en el Muelle de Curuxeiras – Ferrol. Características do buque: Nome.- LNG River Niger, Bandeira.- Bermudas, Eslora.- 288 m, Manga.- 48 m, Puntal.- 62 m, Calado.- 12.3 m, Capacidade.- 141.000 m³ de GNL PLANTA DE GAS: PECHE XA ! Petición de axuda económica Estimados simpatizantes coa causa contra Reganosa: En febreiro de 2007, con motivo do entón inminente pago de tres informes periciais que eran fundamentais para poder continuar con algúns dos procesos xudiciais que tiñamos en marcha, fixemos unha solicitude extraordinaria de apoio económico, que tivo unha resposta extraordinaria. Como sabedes desde hai 12 anos contamos coa inestimable colaboración totalmente gratuíta de varios avogados, en Ferrol, Coruña e sobre todo en Madrid, que nos permitiron poder inici

Saneamento da Ría de Ferrol.

A Ría de Ferrol é un sumidoiro e un vertedoiro onde botamos de todo (residuos urbanos, verquidos incontrolados, refugallos industriais , ...). As organizacións ecoloxistas veñen demandando, dende que existen, unha recuperación integral da Ría e polo tanto un sistema de tratamento integral das augas pluviais e residuais que permita a recuperación das augas pluviais non contaminadas, para usos de utilidade pública ou para a súa chegada natural á Ría. Demandan un sistema de saneamento integral, pois a Ría non permite un verquido máis. A Ría esta declarada como 'zona sensíbel' que require un tratamento especial e o grado máis alto de depuración. Non é de recibo pois, que o Sistema de Saneamento previsto contemple verquidos contaminados de forma sistemática e non só como algo extraordinario, por forza maior. É por iso polo que nos opoñemos a este Modelo de Saneamento e esiximos un Modelo de Saneamento diferente que permita a recuperación integral da Ría. Xa