Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Presentación

Presentación do libro Le Temps des Cerises (Ángel Cardín)

  Presentación do libro de Angel Cardín : “ Le Temps des cerises  ( a vida na prisión naval de Ferrol do caudillo  1968- 69-70 ) “ Venres, 15 de setembro de 2017 ás 20 h. Editado por Fundación 10 de marzo . O libro leva Prólogo do historiador José Alvarez Junco  (un dos  máis respectados de España) Ademais do autor, que comentará unha ducia de diapositivas referentes ao tema, contaremos ca presenza de Rafael Pillado, sindicalista fundamental naqueles difíciles momentos ; de Xan María Castro, veterano sindicalista e Presidente da Fundación 10 de marzo, e de Juan Sotres, economista madrileño, que estivo na Prisión de Caranza na dura época que narra o libro . O libro non son unhas memorias nin unha novela senón un relato-testemuño ( baseado en papeis da época) da vida na Prisión Militar de Caranza para mariñeiros do Norte de España, nos finais do franquismo, repasando os diferentes presos, de onde veñen e como os xulgan; a durez...

Presentación en ACAMPA do libro LA REVOLUCIÓN ÁRABE polo seu autor Mohamed Safa

Dentro do marco das actividades a desenrolar en ACAMPA , a A.C. FUCO BUXÁN convídate á presentación do libro que leva por título LA REVOLUCIÓN ÁRABE. Democracia, nacionalismo, religión y Palestina como nudo gordiano (Editorial Hoja de Lata) polo seu autor MOHAMED SAFA , oftalmólogo, activista i escritor palestino afincado en España. Mohamed Safa cursou os seus estudos de medicina en Santiago de Compostela, reside en Corcubión i exerce a sua profesión en Cee, no hospital Virxe da Xunqueira. A obra que ven a presentar analiza os levantamentos que tiveron lugar nas últimas datas en Oriente Medio e a estreita relación entre a inestabilidade nos Países Árabes do Mediterráneo e a ocupación israelí de Palestina, un longo conflito que complica a eleción de Trump nos EEUU. O libro cuestiona mitos e afirma que a Primavera Árabe supuxo un impulso democrático cara ó futuro detido pola resposta violenta e a inxerencia extranxeira. O autor aposta pola causa xusta da loita palestina, o respeto á leg...

Vídeo e audio da presentación do libro IBEX 35 de Rubén Juste

Vídeo da presentación do libro IBEX 35 polo seu autor, Rubén Juste, na nosa canle de YouTube: Audio do evento na nosa canle de Ivoox, para escoitar on-line ou descargalo no teu dispositivo:

Vídeo e audio da conferencia de Cristina Fallarás e a presentación da revista de Fuco Buxán

Vídeo da presentación da revista e a conferencia de Cristina Fallarás na nosa canle de YouTube: Audio da presentación da revista e a conferencia de Cristina Fallarás na nosa canle de Ivoox, para escoitar on-line ou descargalo no teu dispositivo:

Presentación do nº40 da Revista de Fuco Buxán e conferencia de Cristina Fallarás - Xoves 27 de abril, 19:30h, C. Torrente Ballester

A A. C. FUCO BUXÁN convídate á próxima presentación do Nº40 de FUCO BUXÁN - a revista , que enmárcase dentro da conferencia “Xornalismo, poder mediático e prensa alternativa” impartida por Cristina Fallarás que terá lugar o o vindeiro xoves 27 de abril ás 19.30h no Centro Cultural Torrente Ballester , na Sala de Proxectos . Cristina Fallarás Sánchez (Zaragoza, 1968) é periodista (Universidade Autónoma de Barcelona) e escritora. Na súa traxectoria como periodista destaca a súa faceta como directora de diario16.com así como da edición catalana de El Mundo. Tamén, traballou en Cadena Ser, Radio Nacional de España, El Periódico de Cataluña, Antena 3 TV e Telecinco. Actualmente participa no programa Las Mañanas de Cuatro e podemos ler os seus artigos no diario dixital ctxt.es. Como escritora, cabe destacar a obra ‘Las niñas perdidas’, pola cal foi galardonada co Premio de Novela Negra L'H Confidencial 2011 e Premio Hammett 2012 (Semana Negra de Gijón), convertíndose con est...

Presentación da revista Columba Nº 17

O sábado día 8 de abril, ás 19:30 terá lugar na sala de conferencias do faro de cabo Prior a presentación da revista Columba Nº 17, coa presenza da Concelleira de Patrimonio e Medio Rural do Concello de Ferrol. ​Sumario ••••••••••••• Medicina e sabiduría popular tradicional na antiga terra de Serantes • Xabier Monteiro Graña Patria do vento Tourón (os males de amor da serea Margarida) • Henrique Dacosta López Fran Amado. Historias dun capitán de pesca faenando por Prior • Fernando Patricio Cortizo El contrabajo “Voluta de tres cuerdas” • Luis Garrido Labrada Fachos, Vigías, Velas y Atalayas desde el Cabo Ortegal... • José López Hermida Sobre la bandera de España • José Mesejo La actuación de regiones devastadas en Galicia • Mamuela Santalla y Juan Carlos Rico El castro de Lobadiz como patrimonio olvidado • Isabel Perales Pérez • 98 Velas en el horizonte. Divisando armadas desde el Cabo Prior • David Fernández Abella Un inimigo do pobo / 3 loairas 3 • Gerardo de ...

Ritual para unha tribo capital de concello, poemario de Manuel María

Este sábado, día 8, ás 20 hrs, na Casa-Museo Manuel María preséntase a nova edición de Ritual para unha tribo capital de concello, poemario de Manuel María editado por primeira vez en 1986. Un libro, que en palabras de Camilo Gómez Torres, biógrafo e estudoso da obra de Manuel María,  “é  sentido e sufrido polo poeta coa intensidade dun amor que vai máis aló da vida e da morte”.   A profesora de literatura de Educación Secundaria, Eva Teijeiro, o divulgador cultural e investigador da historia de Outeiro de Rei , Orlando Viveiro, o arquéologo e museólogo, Felipe Senén, autor das ilustracións do libro, e o profesor de Historia da Universidade de Deusto, Xosé Estévez, autor do limiar do poemario, serán as persoas encargadas da presentación, na que tamén se intercalará coa lectura, por parte das persoas presentes, dalgúns dos poemas contidos no libro. Ritual para unha tribo capital de concello é un canto lírico-etnográfico da tribo natal de Manuel María, Outeiro d...

Presentación libro "Breve historia da Coluna Sanfins" a cargo de Lorena Cuevas e Eliseo Fernández

Presentación libro "Breve historia da Coluna Sanfins"  a cargo de Lorena Cuevas e Eliseo Fernández Mércores día 22 de marzo ás 19,30 h. no Ateneo Entrada libre O Grupo de Memoria Histórica da CNT Galiza vén de publicar un libro que trata da mobilización obreira en defensa da liberdade tras o golpe fascista de 1936 iniciada polos mineiros de Lousame na chamada Coluna Sanfins. Esta homenaxe a unha historia esquecida foi realizada coa colaboración da Sociedade Histórica e Cultural "Coluna Sanfins" e conta con 120 páxinas sob licenza Creative Commons que narran a historia da Coluna Sanfins, as suas orixes, o contexto histórico e a importancia da minería, a represión e resistencia e os vestixios da memoria obreira. Lorena Cuevas e Eliseo Fernández, autora e autor dos textos e membros do Grupo de Memoria Histórica da CNT, presentan este traballo, o primeiro dunha colección que pretende tirar do esquecemento moitas das historias de combate, morte e ...

Apresentaçom de Bolcheviques-Bolxeviques esta sexta-feira na Fundaçom Artábria

Apresentaçom de Bolcheviques-Bolxeviques esta sexta-feira na Fundaçom Artábria Na sexta-feira 17 de março às 20.30hs decorrerá a apresentaçom do projeto "Bolcheviques: 1917-2017". "Bolxeviques 1917-2017". Coordinado pola escritora Teresa Moure e editado por Xerais e Através editora. Um livro coletivo de dous volumes, no que participam 23 autores e autora, que pretende ser o contributo galego para a necessária revisom da Revoluçom Bolchevique no seu 100º aniversário; umha maneira de participar neste território da Galiza na voragem, se nom daqueles acontecimentos, sim da reflexom sobre o seu impacto histórico e ideológico. No livro entre outras pessoas escrevem Maurício Castro, Francisco Rodríguez ou Marga Corral. Na apresentaçom, além da coordenadora, estarám a sindicalista Marga Corral e o historiador Eliseo Fernández. Travessa de Batalhons nº7 Esteiro 15403 Ferrol - GALIZA Telefone: +34 981 35 29 86 www.artabria.net Segue-nos em twitte...

Nº 30 de FerrolAnalisis

O Club de Prensa Ferrol presenta este mércores 15 de marzo o nº 30 de FerrolAnálisis ás 19:30 horas no Ateneo Ferrolán.  

Presentación en Vigo Juan Carlos I . La biografía sin silencios.

Presentación en Vigo Juan Carlos I . La biografía sin silencios. Venres 17 de marzo en La Casa del Libro ás 19.30   (Velazquez Moreno 27)  Juan Carlos I . La biografía sin silencios http://www.mientrastanto.org/boletin-149/la-biblioteca-de-babel/juan-carlos-i-la-biografia-sin-silencios Rebeca Quintans:  https://es.wikipedia.org/wiki/Rebeca_Quint%C3%A1ns   ORGANIZA  A ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO

Presentación do libro "Actas do Congreso Centenario de Hildegart Rodriguez Carballeira"

Presentación do libro "Actas do Congreso Centenario de Hildegart Rodriguez Carballeira" 8 marzo ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán.   # CongresoHildegart # Ferrol

O monte Campelo e Punta Frouxeira

Presentación libro:  O monte Campelo e Punta Frouxeira.               Xoves 9 ás 19,30 h. O xoves día 9 de marzo ás 19:30 o Club de Prensa presenta o libro de Manuel González Guitiérrez O monte Campelo e Punta Frouxeira-Importancia militar e aproveitamento mineiro. Entrada libre.

Presentación do libro "Amada García Rodríguez e os seus arredores", de Bernardo Maiz - xoves 26 de xaneiro, 19:30h

Compartimos a invitación que nos envía o Ateneo Ferrolán para asistir á presentación do libro "Amada García e os seus arredores" O vindeiro xoves, día 26 , ás 19:30 no Ateneo , terá lugar a presentación deste libro de Bernardo Maiz que sen dúbida supoñerá unha achega máis ao coñecemento da nosa intrahistoria. Será un pracer contar coa túa asistencia. "Amada García e os seus arredores" é o último libro do historiador Bernardo Maiz. Amada é o fío condutor deste estudo, figura simbólica dun pobo que viu coutadas as súas esperanzas cando tomaba ao fin o protagonismo histórico. Preséntanos o autor unha Amada García histórica, fidedigna, contextualizada, lonxe da ficción, extraendo da documentación escrita, “do rastro que deixou”, só o que acredita como verdadeiro, que non é o máis épico nin o máis tenro nin o máis dramático, aspectos estes case sempre esaxerados e inexactos. A historia real supera á ficción. Bernardo Maiz Vázquez (1950) , catedrático xubilado, ...

Presentación de "Tres Balas", de Manuel López - Xoves 15 de decembro, 20h

Convidámosvos a asistir á presentación do libro "Tres Balas" , escrito por Manuel López , un bo amigo e colaborador de Fuco Buxán. A presentación terá lugar o xoves 15 de decembro , ás 20:00h na Galería Sargadelos de Ferrol . O propio autor describe no blog "Da escuma e mais do vento" así a súa obra: "O presente atrevimento narrativo tivo unha xestación pouco menos azarosa que as desventuras das súas personaxes. Iste texto data de hai xa algúns anos, e foi iniciado coa idea de contribuir con un relato aínda menos extenso que o presente nun proxecto editorial compartido que non se chegaría a materializar, de xeito que o texto inacabado ficou esquencido ata que o azar fixo que pasada unha boa tempada aparecese, xusto cando un andaba a procurar outra cousa nun deses minúsculos aparellos onde se gardan arquivos dixitais. Estaba, como dicía, inconcluso e foi cousa de lle engadir o derradeiro capítulo dos tres cos que conta, para lle poñer o debido punto ...

AGAMME - Presentación do libro "A resposta institucional ante o abuso sexual infantil" : mércores 7 de decembro, 19:30h no Ateneo Ferrolán

Compartimos con vos a invitación que nos envían dende AGAMME para participar o vindeiro mércores 7 de decembro , ás 19:30h , no Ateneo Ferrolán o libro "A resposta institucional ante o abuso sexual infantil"   Presentación do libro editado por AGAMME: "A resposta institucional ante o abuso sexual infantil" A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) presenta o mércores 7 de decembro ás 19:30 no Ateneo Ferrolán o libro de edición propia A resposta institucional ante o abuso sexual infantil. No acto intervirán membros de AGAMME para expoñer os contidos e orixe da publicación, así como o proceso de realización da mesma. O texto, cofinanciado polo Parlamento de Galicia, pretende ofrecer unha ferramenta útil para coñecer certos aspectos do abuso sexual infantil que adoitan dificultar a comprensión das vítimas e en consecuencia o tratamento institucional que estas reciben. A resposta institucional ante o abuso sexual infantil consta ...

Campus Esteiro - Xoves 20 outubro, 18h : presentación do libro "La beneficencia, la filantropía y la caridad", de Concepción Arenal

O vindeiro xoves 20 de outubro ás 18:00 h . terá lugar no Salón de Actos do Campus Universitario (Esteiro) a presentación do libro: "La beneficencia, la filantropía y la caridad" ,  de Concepción Arenal 

Vindeira presentación do libro "O PERVERSO GOBERNO DE FEIJÓO. SETE ANOS EN NEGRO."

  Vindeira presentación do libro O PERVERSO GOBERNO DE FEIJÓO. SETE ANOS EN NEGRO escrito por Manuel Monge González, o xoves, 15 de setembro, ás 19:30 horas,  no Centro Cívico de Canido de Ferrol, nun acto organizado pola Asociación Cultural Muíño do Vento .  

Presentación cangas do libro: "O Hospital Álvaro Cunqueiro: A Grande Estafa"

Dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública envíannos esta invitación á presentación do seguinte libro: O HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO: A GRANDE ESTAFA.  A COMERCIALIZACIÓN DA SAÚDE.  Lugar: Salón de actos do Concello de Cangas. Data: o xoves, día 5 de maio de 2016, ás 20.00 horas. Ponentes: Manuel Martín García, presidente da FADSP, coautor do libro.  María Luísa Lores Aguín, coautora do libro.  Carlos Varela García, ex-Fiscal Superior de Galicia.  Pablo Vaamonde García, coordinador do libro.  Modera:  Ana Portela, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas. Agradécese a difusión deste evento

Reportaxe fotográfico e Audio da Presentación do libro e Conferencia de Manuela Carmena

Reportaxe fotográfico e Audio da Presentación do libro e Conferencia de Manuela Carmena que a nosa asociación organizou dentro do Ciclo [Democracia e Compromiso] : Reportaxe Fotográfico [Fotos: A. C. Fuco Buxán]:  https://www.dropbox.com/sh/ezn362cy3ucf6b9/AADPdbHyB47_xay96G3yq58ha?dl=0 A Asociación Cultural Fuco Buxán vén de celebrar varios actos dentro do Ciclo [Democracia e Compromiso] que permitiron achegar diferentes informacións en ámbitos moi diversos e necesarios de poñer en coñecemento da sociedade ferrolá. O ciclo que pretende indagar nas claves e contribuír ao debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidamos e convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas ( dentro da nosa ideoloxía de pensamento progresista de esquerda ). Ata o de hoxe, organizamos os seguintes actos do [Ciclo Democracia e Compromiso] : • Ensino: Conferencia – Coloquio de Vicente Álvarez Areces. ...