Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Coordinadora Galega pola Paz

MANIFESTO UNITARIO DA COORDINADORA GALEGA POLA PAZ

A NOSA ASOCIACIÓN QUERE DIFUNDIR O MANIFESTO UNITARIO DA COORDINADORA GALEGA POLA PAZ, A CAL ESTÁ ADHERIDA A NOSA ASOCIACIÓN, MANIFESTASE EN CONTRA DUNHA INTERVENCIÓN MILITAR NORTEAMERICANA EN SIRIA E CHAMA Á CIDADANÍA A PARTICIPAR NAS ACCIÓNS CONVOCADAS A CONTINUACIÓN. A humanidade atópase, unha vez máis, alarmada pola inminencia dunha nova agresión imperialista, neste caso, contra do pobo sirio, como tantas outras veces no pasado, protagonizada polo exército norteamericano, de forma unilateral, e sen sequera o aval das Nacións Unidas, o que significa unha inequívoca violación do dereito e a legalidade internacional. As consecuencias dunha intervención militar norteamericana en Siria son imprevisibles. As guerras, cando comezan, pretenden ser sempre xustas, rápidas, puntuais e cirúrxicas, co menor custe e as baixas mínimas. Sen embargo, a historia amosa, con claridade, que non sempre acontece así. A escusa pretendida agora para intervir militarmente nun estado sobera...

[sociedade] Mobilizate pola Paz

A A.C. Fuco Buxán apoia a mobilización convoca pola Coordinadora Galega pola Paz, exixindo a non intervención en Siria. En Ferrol: CONCENTRACIÓN diante do Concello, o martes 10 de setembro ás 20,30 horas. 1. Tratase da paz e da xustiza dos pobos e non doutra cousa. Non se trata de vertebrar unha alternativas programaticas nin partidarias. 2. Correspóndelle ás organización sociais, pacifistas e de solidariedade fundamentalmente, convocar e encabezar a iniciativa pacifista. 3. A CGpP é a rede plural e unitaria contra a guerra que leva 10 anos traballando cando xorden intervencións coma foi o caso de Iraq ou Libia. 4. Tratase de defender ao pobo sirio non ao réxime Sirio. O rexeitamento a intervención non pode servir para lexitimar un réxime fascista militar nin ao réxime fascista teocrático que queren instaurar os ‘rebeldes’. 5. Defendemos a cidadanía que iniciou as revoltas árabes en busca dunha democracia laica e xusta. A COORDINADORA GALEGA POLA PAZ MANIFESTASE ...