A nosa asociación estará presente nos vindeiros actos institucionais de homenaxe ás vítimas do 72 Daniel Niebla e Amador Rey e anima a toda a cidadanía a acudir aos actos convocados. Así mesmo, a nosa asociación estivo a traballar para que se lograse unha moción no concello que concedese unha rúa ao histórico Julio Aneiros, algo que xa é unha realidade, unha realidade necesaria para poñer en valor a figura de Julio Aneiros. Agradecer ao grupo de goberno do concello de Ferrol, todo o seu esforzo para que esta iniciativa saíse adiante. Ofrenda floral será ás 11:00 horas, como sempre no monumento conmemorativo do “10 de Marzo” sito no barrio de Recimil. Inauguración da rúa Julio Aneiros no Polígono do Bertón ás 12:00 horas . =================== A CIG convoca mobilizacións o 10 de marzo baixo o lema “Reformas Laborais e Lei Mordaza, anulación xa!” Seixo cualifica o goberno do PP de “incompetente e considera “insultante” que intente agochar a real...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."