O "basta xa", insoportable Rafael Pillado | Cando pensaba que agotara a miña capacidade de asombro, chega a noticia de que Navantia nomea a José Antonio Oliva xefe de persoal nos estaleiros da ría de Cádiz. Nada menos. Analizar por que se chegou a esta situación, require percorrer os pasos dados na negociación do último convenio. Incluso analizar o comportamento dos comités, cando a empresa reduciu o incremento salarial dos prexubilados no ano 2008, aínda sen cobrar. Pois ben, despois de moito tempo de prórroga do anterior convenio, e cando só faltaban meses para concluír aquel, a empresa tivo moita présa para que se negociase un novo. No mes de xullo de 2013 asinouse un preacordo por parte da comisión negociadora. Inmediatamente, no que toca a CCOO, a federación decidiu apoiar a firma definitiva dese “convenio”. Pouco importaba se con elo se liquidaban conquistas históricas; importaba saír da situación para logo negociar outro e o plan de empresa. Con ese obxectivo ...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."