Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Periodismo

Urxente! Suspendida Conferencia "Periodismo, poder mediático e prensa alternativa"

A A. C. Fuco Buxán lamenta ter que suspender o acto previsto para o xoves día 23 ás 19:30 horas no C. C. Torrente Ballester , consistente na conferencia "Periodismo, poder mediático e prensa alternativa"  que ía ser impartida por Cristina Fallarás . Cristina non poderá acudir por motivos personais o citado día polo que a mesma queda Suspendida . Porén, traballaremos para acadar outra data e darlle saída á dita conferencia.  Desculpade as molestias.

“Periodismo, poder mediático e prensa alternativa” con Cristina Fallarás

A A. C. FUCO BUXÁN convídate á próxima presentación Nº40 FUCO BUXÁN a revista que enmárcase dentro da conferencia “Periodismo, poder mediático e prensa alternativa” impartida por Cristina Fallarás que terá lugar o o vindeiro xoves 23 de marzo ás 19.30h no Centro Cultural Torrente Ballester, na Sala de Proxectos. Cristina Fallarás Sánchez (Zaragoza, 1968) é periodista (Universidade Autónoma de Barcelona) e escritora. Na súa traxectoria como periodista destaca a súa faceta como directora de diario16.com así como da edición catalana de El Mundo. Tamén, traballou en Cadena Ser, Radio Nacional de España, El Periódico de Cataluña, Antena 3 TV e Telecinco onde actualmente participa en el programa Las Mañanas de Cuatro e podemos ler os seus artigos nos diarios dixitais publico.es y ctxt.es. Como escritora, cabe destacar  a obra ‘Las niñas perdidas’, pola cal foi galardonada co Premio de Novela Negra L'H Confidencial 2011 e Premio Hammett 2012 (Semana Negra de Xixón), converté...

Presentación do libro de José María Izquierdo: ¿PARA QUÉ SERVIMOS LOS PERIODISTAS? (hoy)

A Asociación Cultural FUCO BUXÁN comprácese en convídalo á presentación do libro que leva por título ¿PARA QUÉ SERVIMOS LOS PERIODISTAS? (hoy), polo seu autor José María Izquierdo, periodista i escritor. Terá lugar o vindeiro venres 31 de maio de 2013 ás 20,00 horas no salón de actos do ATENEO FERROLÁN (na rúa Magdalena 202 - Ferrol). Nun momento de grave crise nos medios de comunicación José María Izquierdo reflexiona neste ensaio sobre a necesidade do oficio de periodista e das razón que xustifican a súa existencia. Ante a nova realidade de internet, das redes sociais, de millóns de páxinas webs, de insidiosas tácticas de desinformación promovidas polos poderosos para enmascarar abusos e inxustizas, este ensaio da respostas –con grandes doses de autocrítica- a cuestións tales como: qué futuro lles espera ós profesionais do periodismo, ou de qué maneira poden ser útiles na sociedade actual. José María Izquierdo foi redactor xefe do Diario 16, subdirector de Informaciones...

Presentación do libro: “Ferroláns de seu”

 Infórmase á cidadanía de que o vindeiro día 2 de xaneiro de 2012 ás 20:00 Horas terá lugar na Galería Sargadelos de Ferrol a presentación do libro Ferroláns de Seu de Xosé Gómez e Nicolás Vidal .    Diario de Ferro l :   http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/-ferrolans-de-seu-recupera-algunhas-das-mellores-entrevistas-de-nordesia/20121229235904026245.html     “Ferroláns de seu” recupera algunhas das mellores entrevistas de Nordesía “O noso traballo foi recompilar unha serie de entrevistas, ao final son 43, das que apareceron no suplemento Nordesía de Diario de Ferrol ao longo dos anos en que os dous coincidimos nel. O xénero da entrevista é idóneo para amosar unha realidade incontestable para nós: a valiosa paisaxe humana desta cidade e da súa comarca”. Así falan os periodistas de Diario de Ferrol Nicolás Vidal e José Gómez Fandiño verbo de “Ferroláns de seu” (Edicións Embora), o...