Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta AGAVIDA

Rafael Pillado modera o debate "Amianto e saúde pública" este xoves 26 de xaneiro, 19:30h, na sede Podemos A Coruña

Este xoves 26 de xaneiro , ás 19:30h , na sede de Podemos Coruña terá lugar o debate "Amianto e saúde pública" , que estará moderado polo noso presidente Rafael Pillado . Un debate que toma como punto de partida o problema que está a ter lugar no colexio Ramón de la Sagra , no que se están a facer obras sobre materias con amianto mentres se imparten clases.

AGAVIDA - Venres 18 de novembro, 9:30 - 19:00 : Xornada "Amianto: efectos, normativa e dereitos"

Compartimos con vos a invitación que nos fai chegar AGAVIDA para participar nas xornadas que organiza este vindeiro venres 18 de novembro : Os membros da Xunta Directiva de AGAVIDA , queremolos invitar a Xornada, sobre o Amianto que se celebrará no restaurante Illas Gabeiras , o vindeiro día 18 de novembro de 2016 , co título: AMIANTO, EFECTOS, NORMATIVAS E DEREITOS Axuntamos p rograma de actos : Por motivo de organización rogamos nos confirmen asistencia a maior brevedade posible. Reciban UN CORDIAL SAÚDO Xunta Directiva

AGAVIDA - Luns 17 de outubro, 11h : Concentración ante a presenza de amianto no estacionamento público da Praza de Armas

O vindeiro luns 17 de Outubro , ás 11 da mañá , en Ferrol na Praza de Armas , diante do Palacio Municipal, a AGAVIDA (Asociación Galega Vítimas do Amianto) chama a concentrar-se para denunciar a presenza de amianto no estacionamento baixo a mesma Praza de Armas. Participa !! En Agosto deste ano denunciaron a situación do Parking (Nova en Ferrol 360): http://www.ferrol360.es/agavida-alerta-de-la-presencia-de-placas-de-amianto-a-la-vista-en-el-parking-de-armas/ Máis información: AGAVIDA Telefono: 981371401 Correo-e: agavida@hotmail.com