Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Praza do Inferniño

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES "CONSTRUÍNDO FEMINISMO, DESTRUÍNDO CAPITALISMO"

8 DE MARZO DÍA INTERANCIONAL DAS MULLERES CONSTRUÍNDO FEMINISMO, DESTRUÍNDO CAPITALISMO Nós, as mulleres da Marcha Mundial das Mulleres seguimos traballando na construción doutro mundo posible, reafirmándonos na resistencia, o enfrontamento e a construción de alternativas ao actual modelo patriarcal, capitalista, racista, lesbofóbico e colonial, construíndo e  actualizando o feminismo como un proxecto que garante a igualdade entre todas as mulleres, nunha sociedade de homes e mulleres libres e iguais, sen opresións étnicas, relixiosas e con libre exercicio da nosa sexualidade. No momento actual, no que asistimos a unha forte reestruturación do capitalismo para manter a súa máxima de explotación e opresión, reforzado pola privatización dos servizos, espazos e bens públicos, incluíndo na lóxica dos mercados todo o que podería ser comercializado, faise visible, unha vez máis, o sistema hexemónico no que vivimos, baseado nun modelo de crecemento ilimitado impos...