Este sábado, día 8, ás 20 hrs, na Casa-Museo Manuel María preséntase a nova edición de Ritual para unha tribo capital de concello, poemario de Manuel María editado por primeira vez en 1986. Un libro, que en palabras de Camilo Gómez Torres, biógrafo e estudoso da obra de Manuel María, “é sentido e sufrido polo poeta coa intensidade dun amor que vai máis aló da vida e da morte”. A profesora de literatura de Educación Secundaria, Eva Teijeiro, o divulgador cultural e investigador da historia de Outeiro de Rei , Orlando Viveiro, o arquéologo e museólogo, Felipe Senén, autor das ilustracións do libro, e o profesor de Historia da Universidade de Deusto, Xosé Estévez, autor do limiar do poemario, serán as persoas encargadas da presentación, na que tamén se intercalará coa lectura, por parte das persoas presentes, dalgúns dos poemas contidos no libro. Ritual para unha tribo capital de concello é un canto lírico-etnográfico da tribo natal de Manuel María, Outeiro de Rei. A intim