A A.C. FUCO BUXÁN convídate á presentación do libro ALEJANDRO VIANA, un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos (Ed. Belagua) polo seu autor Roberto Mera Covas e na que participará tamén Henrique Dacosta. Roberto Mera Covas (1971), sobriño-bisneto de Alejandro Viana, é concelleiro de “Bo Goberno, Transparencia e Participación Cidadá” no Concello de Ponteareas, avogado e politólogo. Licenciouse en Dereito e Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela. Con esta obra achéganos á historia dun “ponteaerán de película”, o Schindler galego, do que quere subliñar a súa faceta humanitaria. Este libro trata da extraordinaria odisea iniciada o 18 de xullo de 1936 por un home íntegro e entregado ós demais. Na Europa ocupada polos nazis miles de exiliados republicanos devecían por chegar a América para salvar as súas vidas, entre eles Alejandro Viana quen, á fronte de varias organizacións humanitarias, organizou a saída de miles de refuxiados
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."