Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Centro Culrural Carvalho Calero

Ciclo "Democracia e Compromiso" - Vídeos da conferencia de José Antonio Martín Pallín do pasado 04/11/2016

Para aquelas persoas que non puideran asistir, compartimos os vídeos coa conferencia íntegra que protagonizaba José Antonio Martín Pallín o pasado 4 de novembro baixo o título "A globalización, causa da corrupción?" e dentro do Ciclo "Democracia e Compromiso" .   Parte I : https://www.youtube.com/watch?v=jOMeWyyr0Vs Parte II : https://www.youtube.com/watch?v=ieiMksU6MnA  Parte III : https://www.youtube.com/watch?v=mUmMiuGJkNM Podedes atopar estes e outros vídeos na nosa canle de Youtube , e concretamente na lista de reproducción do Ciclo "Democracia e Compromiso" .

Ciclo Democracia e Compromiso - Venres 4 de novembro, 20h, Jose Antonio Martín Pallín - A Globalización ¿causa da corrupción?

O vindeiro venres 4 de novembro , ás 20:00h , no Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol reiniciamos o noso Ciclo "Democracia e Compromiso" coa presenza do ex-fiscal de Maxistrado emérito do Tribunal Supremo Jose Antonio Martín Pallín , que protagonizará a conferencia "A Globalización ¿causa da corrupción?" José Antonio Martín Pallín (A Coruña, 1936), destacado xurista coñecido pola súa insubornable independencia, foi fiscal do Tribunal Supremo i é maxistrado emérito do mesmo na actualidade. Foi Presidente da Asociación pro Derechos Humanos de España , Presidente tamén da Unión Progresista de Fiscais e Portavoz de Jueces para la Democracia . Membro de varias organizacións de xuristas, colabora con Amnistía Internacional e coa Comisión Internacional de Juristas en misións de investigación sobre Dereitos Humanos en Latinoamérica e Palestina. Foi galardoado có Premio Jurista 1996 da Universidade Complutense de Madrid e tamén có Premio Nacional de Derei...

Máis reaccións sobre a decisión do goberno en funcións de eximir a Reganosa da obriga de realizar a evaluación de impacto ambiental

O Comité Cidadán de Emerxencia acaba de publicar dous novos artigos referentes a reaccións fronte a decisión do goberno en funcións de liberar a Reganosa da obriga de realizar a evaluación de impacto ambiental: O PSdeG – PSOE de Ferrol pide que se cumpla a Lei respecto a REGANOSA Los Diputados de EnMarea contra el acuerdo de Gobierno sobre REGANOSA Una vez máis, lembramos que o xoves 2 de xuño terá lugar no Centro Cultural Carvalho Calero , ás 19:00h un acto do Comité Cidadán de Emerxencia para analizar e celebrar as sentenzas do Tribunal Supremo contra Reganosa que desencadearon esta reacción do goberno. Precisamos da vosa asistencia para demostrarlles que agora, máis que nunca, temos a razón.  A ría é nosa, e non de Reganosa! Planta de gas, peche XA!

Esta primeira semana de xuño, tres actos tres con Fuco Buxán

Para empezar con forza este primeiro mes de verán, Fuco Buxán organiza tres actos na súa primeira semana: O XOVES 2 de xuño , ás 19:00h , no Centro Cultural Carvalho Calero , o Comité Cidadán de Emerxencia organiza un acto musical, poético e de celebración das sentenzas do Tribunal Supremo contra Reganosa. Contará con intervencións en apoio á loita contra REGANOSA, como a da a abogada do CCE Patricia Gabeiras, e  no que participarán numerosas Asociacións, Entidades e persoas vinculadas de sempre á defensa da legalidade, da Ría e da Vida E o VENRES 3 de xuño , ás 19:30h , no Ateneo Ferrolán , turno para un novo acto dentro do Ciclo Democracia e Compromiso. Baixo o título de TTIP: ataque á Europa Social. A democracia secuestrada , contará coa presenza de Xabier Benito , Eurodiputado de Podemos, que axudará a desentrañar as claves que xiran entorno a este escuro tratado de comercio, que ameaza con trastornar as vidas da cidadanía europea e estadounidense para mal. ...

Presentación do poemario “Atravesar o Fantasma” de Carlos Callón e posterior Mesa – Debate “Vivir en Galego” [Compromiso coa Lingua]

Dende a xunta directiva da A. C. Fuco Buxán informamos do vindeiro acto que a nosa asociación organiza dentro do Ciclo [Democracia e Compromiso]: Presentación do poemario “Atravesar o Fantasma” de Carlos Callón e posterior Mesa – Debate “Vivir en Galego” [Compromiso coa Lingua] coa presenza dos poñentes Carlos Callón , Xurxo Souto e Xosé M. Dobarro e coa participación do músico Roger de Flor , o mércores 18 de maio ás 19:30 horas no Centro Cultural Carvalho Calero na praza do Inferniño (Ferrol) . Carlos Manuel Callón Torres : Escritor e político, licenciado en filoloxías galega e portuguesa pola universidade de Santiago de Compostela. Exerce como profesor de lingua e literatura galega e lingua portuguesa.  Xosé María Dobarro Paz: Catedrático de lingua e literatura galega, investigador da literatura galega. Xurxo Souto: Músico, escritor, licenciado en filoloxía clásica.  Roger de Flor: Músico, cantautor ferrolán. Ciclo [Democracia e Compromiso]: “Chamame...

Conferencia de Xosé Manuel Beiras: “Un Réxime en Crise Terminal”

A A. C. Fuco Buxán convida a toda a cidadanía á vindeira Conferencia de Xosé Manuel Beiras Torrado (Santiago de Compostela) político, escritor, catedrático de estrutura económica na universidade de santiago de compostela . Conferencia “Un Réxime en Crise Terminal” o xoves 28 de abril ás 20:00 horas no centro cultural Carvalho Calero, Ferrol , dentro do Ciclo [Democracia e Compromiso]. Asi mesmo, queremos informar dos vindeiros actos dentro do Ciclo [Democracia e Compromiso] : Antón Losada Trabada , (Xove), xornalista, escritor e político galego, profesor de ciencia política na USC, analista da cadena ser, articulista na prensa escrita e comentarista na tv. Presentación do seu libro “Los ricos vamos ganando” e posterior Conferencia para o xoves 05 de maio ás 19:30 horas no Ateneo Ferrolán . Carlos Manuel Callón Torres (Riveira) escritor e político, licenciado en filoloxías galega e portuguesa pola USC, exerce como profesor de lingua e literatura galega e lingua portu...